Lucas Ferro Caaveiro e a cidade de Lugo

Feitos do noso pasado común
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19086
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Lucas Ferro Caaveiro e a cidade de Lugo

Mensaxe por serba » 09 Dec 2014, 19:07

A Casa do Concello de Lugo é quizais a obra máis rechamante das obras do arquitecto Lucas Antonio Ferro Caaveiro na cidade das Murallas. Trátase dunha das máis fermosas construcións do barroco civil galego para a profesora Dolores Vila Jato. Conxuga o ar de pazo coa "loggia" interior aberta, propia das construcións urbanas italianas. Ferro traballou en Lugo durante once anos, entre 1727 e 1738.
Casa do Concello de Lugohttp://radiofusion.eu/imagenes/noticias/principales/descarga%20%281%29.jpg http://radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=17060
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19086
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Lucas Ferro Caaveiro

Mensaxe por serba » 04 Mai 2017, 16:51

Unha banda deseñada pretende recuperar a figura de Lucas Ferro Caaveiro, nacido na Capela e que rematou a fachada da catedral de Santiago de Compostela na Praza do Obradoiro. Foi un dos grandes arquitectos do século XVIII en Galicia con obras e moita influencia tanto en Lugo como en Compostela.

A iniciativa de “crowfunding” de Son Radiofusión, con debuxos de Carlos Sardiña e textos de Henrique Sanfiz, pretende editar o cómic (en realidade, unha novela gráfica) a comezos de xuño para o que solicitan a colaboración de “mecenas” a través da páxina web de verkami. Presentaráse o proxecto este venres ás sete da tarde no Museo Etnográfico da Capela...

http://radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=20149
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar