El palacio que pasó de los Cornide a los Franco

Feitos do noso pasado común
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

El palacio que pasó de los Cornide a los Franco

Mensaje por serba »

José M. Fernández Caamaño

El palacio de Cornide, situado en la calle de las Damas, con frente a la Real Colegiata de Santa María del Campo, fue diseñado por el ingeniero militar Francisco Llobet, durante su corta estancia en La Coruña, con motivo de la revisión de las defensas de la ciudad y la construcción y planos de la Real Audiencia y su cárcel.
Levantado entre los años de 1750 y 1760, este elegante edificio es de forma irregular y tiene tres plantas, su estilo pertenece al barroco y su fachada es de sillería en granito rosa. Se trata de un palacio característico de su época, cuya propiedad era de don Diego Cornide. Allí vivió don José Cornide Saavedra y Folgueira, afamado naturalista, político e historiador [...]
http://www.elidealgallego.com/media/idealgallego/images/2015/04/04/2015040423112357720.jpg http://www.elidealgallego.com/articulo/ ... 35991.html
- Enlace, publicado por Pousada:
José Andrés de Cornide y Saavedra
http://www.foros.xenealoxia.org/viewtop ... 16&p=11889

- Fotos: https://www.flickr.com/photos/iago-/4367705282
Poblada soledad es hoy el mundo.
José Manuel Bértolo
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 61
Registrado: 21 Oct 2012, 20:43

Re: El palacio que pasó de los Cornide a los Franco

Mensaje por José Manuel Bértolo »

Como curiosidade, só engadir algunha cousa. Os irmáns Folgueira Santiso eran seis: Mariana, Manuel José, Diego abogado e cura en Oimbra (OU), Francisca -a nai de José Andrés Cornide-, Josefa e Andrea. Todos eles ante o escribán Gregorio Carrillo o 4 de abril de 1748 fixeron vínculo dos seus bens raíces que pertencería aos irmáns que vivisen, e logo a José Andrés Cornide, o único descendente. Pero logo o 1 de marzo de 1755 Manuel José, avogado e cóengo da Colexiata, cedeulle a seu sobriño José Andrés a parte que tiña na parte da casa inmediata ao adro da Colexiata coruñesa, fronte á que vivía, e que se estaba a construír a cimentis, apartándose tamén do usufruto da casa, para que José Andrés e seu pai remataran a casa á súa conta, pois resultaba moi costosa.
E o 17 de xaneiro de 1765 cando José Andrés estaba para casar con María de Lago, filla do rexedor compostelán Alonso de Lago, a súa tía Andrea, que estaba solteira, tamén lle cedeu a súa parte que tiña nos vínculos fundados por Pedro Folgueira Cornide, en Folgueira (Bexán. Lugo) e por Juan Sánchez Bermúdez, en Mondego.
De toda a ascendencia desta familia así como da ascendencia e descendencia de Antonio García Salgado Villardefrancos e da súa muller Mª Bermudez de Castro de Santiso e Lobera, con quen casou en 1636, darei conta polo miúdo no próximo número de NALGURES. Son 32 páxinas, polo que non procede poñelas aquí.
Responder