Página 1 de 1

A lepra en Galicia

Publicado: 31 Jul 2018, 18:42
por serba
Pouco se sabe da historia da lepra na Galicia medieval. A doutora Olalla López Costas, antropóloga da Universidade de Santiago de Compostela, aclara que “ata o século XX confundíanse lepra e sífilis debido á semellanza dos síntomas morfolóxicos...
...a importante presenza desta doenza ao longo da historia galega vese reflectida no noso vocabulario e toponimia. Por unha banda, os termos gafo e malato son sinónimos de leproso. Por outra banda, ademais dos topónimos derivados destes, coma o Río dos Gafos en Pontevedra ou o barrio da Malata no Ferrol, están a trintena de lugares que levan o nome de San Lázaro, patrón dos leprosos.

Juan Picos, Manuel Vicente e Marta Vila
Un estudo atopa gran diversidade xenética na lepra que asolou a Europa medieval
https://www.gciencia.com/historias-gc/e ... tica-lepra