Sepulcro de Sancha Rodríguez muller de Fernán Pérez de Andra

Feitos do noso pasado común
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Sepulcro de Sancha Rodríguez muller de Fernán Pérez de Andra

Mensaje por lamigueiro »

Sancha Rodriguez era filla de Aras Pardo ( enterrado en Monfero no 1362) e de Tereyga Affonso e media irmá do Aras Pardo enterrado en s. Franciso de Betanzos.

Casou con Fernán Pérez de Andrade cando este non era máis que un fillo segundón de incerto futuro. Con el tivo dúas fillas. María e Ynés Fernández, e un fillo herdeiro. As fillas enviaronnas ó mosteiro de Santa Clara de Santiago e alí as atopamos nos documentos da primeira metade so s. XIV. Do "fillo herdeiro", que se documenta no 1368, só se pode dicir qeu debeu morrer pronto, posto que o herdeiro de Fernán Pérez será o seu sobriño (fillo do seu irmán Johan), Pedro Fernández de Andrade. Sancha vivía ainda no 1373 e debeu morrer nesa mesma década ou na seguinte.

Nos documentos aparece ó lado do seu home en pé de igualdade. As vestimentas do seu probable sepulcro son semellantes ás das raiñas de Castela e, en Galicia, sen dúbida foi un modelo a seguir para as mulleres poderosas da época, tanto na vida como na morte. O escudo, que se repite no seu sepulcro de xeito semellante ó de seu pai en Monfero, corresponde ós Alonso (por súa nai), Un león sentado apoiado as costas de outro león de menor tamaño na mesma posición.

Os leóns soporte (da sepultura) presentan unha momumentalidade indicativa da importancia social da finada. Será isto unha das cousas que sigua e supere Fernán Pérez no seu propio sepulcro, trocando leóns, defensores ancestrais dun espacio sagrado, polo oso e xabarín, animais totémicos dos Andrade.



Alfredo Arias, notas do Museo Das Mariñas de Betanzos. transcripzón Lamigueiro



<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lamigueiro _FIL 2002-01-13 18:02 ]

<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lamigueiro _FIL 2002-01-14 10:33 ]
Lamigueiro ©
Responder