As xeneracións da nobreza Galega

Feitos do noso pasado común
Respostar
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 344
Rexistrado: 30 Out 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

As xeneracións da nobreza Galega

Mensaxe por lamigueiro » 19 Xan 2002, 08:02

Dentro da nobreza galega, podemos atopar catro estadios diferenciados. O primeiro poderíamo-lo enmarcas nas orixes: Os tempos do Reino Suevo da Galaecia e a súa absorción no mundo visigodo. Ë a primeira xeneración. As familias máis antigas farían enlazar as súas xenealoxías, mediante fábulas e lendas, a beira mesmo do que poderíamos chamar historia.



A segunda xeneración, que vivíu na alta idade media; se diferencia do resto, pola presenza de personaxes reais; parentes dos diferentes reises, que administran o poder real no condado de Galiza. Son os tempos dos condes de Presáras, Traba, Montenegro etc. Moitos dos seus vástagos, chegarían incluso a ser canonizados: San Froilan e San Rosendo.



A terceira xeneración, está marcada pola caida das anteriores e polo comenzo da perda de influencia das nosas élites, dentro das cortes de Castela e León. Son tempos revoltos, onde pequenos cabaleiros aproveitaránse das guerras internas, para acadar soa e fortuna. Foron chamados polos nosos primeiros historiadores "golfines", pois en tempos de relativa paz, aproveitabanse das encomendas; especie de mafias que ofertaban protección a vilas cidades e monasterios, en troques de diñeiro, terras e poder. Creceron dentro diste marco os Andrade, Pardo de Cela, Moscoso, Ulloa, Soutomaior e Fonseca como casas destacadas. Todas elas alcanzarán a meta de toda casa nobre: A Casa e o Estado.



A cuarta e derradeira, sería a da absorción das nosas élites polo novo imperio que estaba a agromar. A corte de Castela e todolos descendentes dos reises Católicos, artellaron o que se chamou "a castra e doma", dunha nobreza que ata fai ben pouco, foi quen de decidir quen iba a portar a coroa en terras alleas. Seus descendentes nunca máis volveran a acadar istes grados de autonomía e poder. Despois deixarán paso a pequenas fidalguias como comendeiros das súas propiedades, xentes que o cabo do tempo desmocharán torres e alzarán pazos, ata que moitos deles co paso do tempo chegarán incluso a convertirse en labregos e esquecer os seus nobres orixes.



Xose Lois Lamigueiro
Lamigueiro ©

Respostar