Liñaxes galegas da Idade Media-2

Feitos do noso pasado común
Respostar
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 241
Rexistrado: 23 Out 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Liñaxes galegas da Idade Media-2

Mensaxe por veremudus » 24 Xan 2003, 11:41

- Fragmento do documento nº. 212 da edición de Pilar Loscertales: Los Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes (Madrid, A.H.N, 1976).



* (Sin fecha)

- De hereditates quas querere debemus si nos inquietauerit vox Froyle Roderici.

- (...) De Ueremudo Manidi natus est Froyla Ueremudi. De Froyla Ueremudi natus est Petrus Froyle et Rodericus Froyle et Munia Froyle et domna Hermesenda. De domno Petro Froyle natus est comes domnus Fernandus et domnus Ueremudus et domnus Garssia et domnus Uelascus et comes domnus Rodericus dictus Uelusu et domna Luba. De Roderico Froyle natus est Menendus Roderici pater de Suario Zapata, et Gundisaluus Roderici pater de Fernando Gundisalui et de Gundisaluo Gundisalui et de Eluira Gundisalui, et Froila Roderici pater de Ueremudus Nariz et de Maria Froyle et de Roderico Froyle et de Fernando Froyle (...).



- TRADUZÓN Ó GALEGO.

* (sen data, probablemente das primeiras décadas do s. XIII).

- Das herdades que debemos reclamar si nos molestase a voz de Froila Rodríguez.

- (...) De Vermudo Manido (por outros documentos sabemos que Manido é un "dictus" ou alcume herdado do seu pai e non o apelido, que semella ser Froilaz) naceu Froila Vermúdez. De Froila Vermúdez naceron Pedro Froilaz e Rodrigo Froilaz e Munia Froilaz e dona Ermesenda. De don Pedro Froilaz naceron o conde don Fernando e don Vermudo e don García e don Velasco e o conde don Rodrigo chamado Veloso ("dictus" ou alcume) e dona Loba (ou Lupa). De Rodrigo Froilaz naceron Menendo Rodriguez pai de Suero Zapata (este é o seu "dictus" ou alcume, o apelido co que aparece ususalmente nos documentos é Menéndez), e Gonzalo Rodríguez pai de Fernando González e de Gonzalo González e de Elvira González, e Froila Rodríguez pai de Vermudo Nariz (este é o seu "dictus" ou alcume, usualmente na documentación aparece co apelido Froilaz) e de María Froilaz e de Rodrigo Froilaz e de Fernando Froilaz (...).



- SECUENCIACIÓN XENEALÓXICA:



(1) VERMUDO (FROILAZ) "MANIDO" (s. XI), quen ten por fillo a:

(2) FROILA VERMÚDEZ (s. XI), quen ten por fillos a:

(3a) Pedro Froilaz, que sigue abaixo. (3b) Rodrigo Froilaz, que sigue abaixo. (3c) Munia Froilaz. (3d) Ermesenda Froilaz.

(3a) PEDRO FROILAZ (ss. XI-XII), quen ten por fillos a: (4a) Conde Fernando Pérez. (4b) Vermudo Pérez. (4c) García Pérez. (4d) Velasco Pérez. (4e) Conde Rodrigo Pérez "Veloso". (4f) Loba Pérez (* Todos eles persoeiros que viviron no século XII).

(3b) RODRIGO FROILAZ (ss. XI-XII), quen ten por fillos a: (5a) Menendo Rodríguez, pai á súa vez de Suero Menéndez "Zapata". (5b) Gonzalo Rodríguez, pai á súa vez de Fernando, Gonzalo e Elvira González. (5c) Froila Rodríguez, pai á súa vez de Vermudo "Nariz", de María, de Rodrigo e de Fernando Froilaz (* Todos eles persoeiros que viviron no século XII).

[ Esta mensaxe foi editado por: veremudus on 24-01-2003 11:44 ]

Respostar