Cuestion de método

Feitos do noso pasado común
Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 128
Registrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

Cuestion de método

Mensaje por lumebóo »

Ola a todos en xeral:



Isto vai dirixido a todos os que participades neste foro; mais tamén se podería aplicar, nalgunha medida, aos que escriben a Liñaxes.



Estou ben pendente e moi interesado nas comunicaciós que facedes. Paréce-me que teñen un alto nivel e que suscitan un debate vivo e arrequecedor. E valoro moito o documentados que están estes comentarios, que demostran un traballo previo de grande envergadura. Isto vale para Per, para Veremudus, para o outsider e cuasi-membro de facto Breo, etc., etc.



Pero, por favor, procurade mellorar algús aspectos que faciliten o interese da xente e, cecais, unha maior participación.



Por exemplo, coidade máis a sintaxe (tanto seña en galego coma en castelán). Non pido lingua normativizada, máis penso que se pode mirar máis o emprego das tildes, a mestura galego/castelán...



Outro aspecto que había agradecer é o da presentación. Xa son bastante complexas en por si as series familiares que un texto todo en contínuo as poden facer inintelixibles. Deixade espacios entre xeraciós, formateade os parágrafos de xeito que se poida distinguir entre unhas cousas e outras, etc.



Saúdos. Lumebóo
Responder