San Andrés de Teixido, vai de morto quen non foi de vivo

Feitos do noso pasado común
Responder
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

San Andrés de Teixido, vai de morto quen non foi de vivo

Mensaje por kruzul »

http://4.bp.blogspot.com/-GUpjIHeWhQQ/ULXa3i6TKbI/AAAAAAAAApA/fSe_kM6rlTQ/s320/aad+san+andres+de+teixido+aad+%5B800x600%5D.JPGBlog: A Nosa Historia
Sabemos que estas rutas eran protexidas pola Orde católica-militar de San Xoán de Xerusalén, a coñecida Orde de Malta ou dos Hospitalarios. En 1182 son doadas en testamento á Orde de Malta por Urraca González, filla do Conde Gonzalo Fernández, Conde de Traba, as igrexas de Regula (Sta. Mª de Régoa, Cedeira) e Teixidu (Teixido, Cedeira). As pegadas da orde militar atopámolas na Cruz de Malta que aínda se pode ver nas pedras da Ermida de Liñeiro, na Capela de San Pedro de Enchosas e no interior do Santuario de Teixido enriba do escudo dos Andrade ( Condes de Vilalba, no s. XIV, que abarcaban as terras de Pontedeume, Ferrol e Vilalba).
< http://anosahistoria.blogspot.com.es/20 ... mundo.html >
Fernando Dopico B.
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 308
Registrado: 16 Dic 2007, 20:33

Re: San Andrés de Teixido, vai de morto quen non foi de vivo

Mensaje por Fernando Dopico B. »

* En todo o anterior hai dúas inexactitudes, por non tildalas de tremendos erros ou mitos, que cómpre clarexar por hixiene histórica.
1.- Non houbo nin existiu o título de Condes de Vilalba no século XIV.
2.- A capela de Liñeiro, coñecida popularmente como capela da Fame, se edificou nas derradeiras décadas do s. XVI ou comezos do XVII, segundo consta polos testamentos dos seus fundadores. E era de propiedade e padroado leigo ... O que pasa é que neste país, calquera que ve unha cruz patada -moi común en toda Galicia- xa está a soñar con templarios e sanxoanistas sin antes buscar ou basearse en probas documentais. Si é certa a relación da igrexa de Teixido coa Orde de San Xoán, así como a de Régoa (Cedeira). Non o é a da capela de Liñeiro ...
* Unha cuestión máis a perfilar. As armas dos Andrade en Teixido teñen que ver coa liña dos Señores de San Sadurniño, non cos de Pontedeume ... Dito queda.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

A Deputación da Coruña promove a publicación dun libro até agora inédito de Xohana Torres sobre San Andrés de Teixido

Mensaje por serba »

En 1972 a escritora Xohana Torres gañou o Premio de Etnografía Federico Maciñeira da Deputación da Coruña coa obra "Teixido. San Andrés de Lonxe. Mitos e ritos". Inexplicablemente, nunca chegou a se converter en libro até que, case cincuenta anos despois, a área de Cultura da Deputación da Coruña e a editorial Engaiolarte fan realidade un dos soños da escritora que revisou a edición até o último momento.

https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=2678
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

El Club Montaña Ferrol alerta del estado de la ruta a San Andrés

Mensaje por serba »

...ruta-denuncia a San Andrés de Teixido desde el monasterio de O Couto para confirmar lo que ya intuían: el sendero creado, impulsado y divulgado desde hace más de dos décadas por la entidad con sede en Canido se encuentra en un estado de absoluto abandono...

https://www.diariodeferrol.com/articulo ... 73528.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder