Página 1 de 1

Oito apelidos galegos

Publicado: 16 Dic 2015, 21:26
por kruzul
“Gabilondo, Urdangarin, Zubizarreta, Arguiñano, y por parte de ama, Igartiguru, Erentxu, Otegui… y Clemente”. Este é o recital de apelidos co que Antxon (Dani Rovira) quixo convencer o seu futuro sogro (Karra Elejalde) de que era un abertzale de pura cepa en “Oito apelidos vascos”, aínda que en realidade Clemente non fora vasco “ni pa Dios”, como lle fixo saber Elejalde.

Máis nunha futura e improbable “Oito apelidos galegos”, Dani Rovira tería un amplo abano de apelidos para elixir sen necesidade de ter que recorrer a ningún que non fose galego “ni pa Dios”. E seguro que estaría máis familiarizado coa maioría, pois hoxe son centos os apelidos galegos que están ciscallados por España e polo mundo.


A cartografía dos apelidos galegos axuda a que coñezamos máis de nós
A profesora Ana Boullón, titular do departamento de Filoloxía Galego-Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, explica no vídeo da TVG que o nivel de espallamento dos apelidos galegos polo mundo non é outra que a emigración masiva durante décadas, e especialmente o interior e cara a América.

Yo tengo «ocho apellidos gallegos»

Publicado: 16 Dic 2015, 21:35
por kruzul
ANDREA ROIBÁS LOUREIRO Lleva en su ADN ocho apellidos de la Galicia auténtica. Sus dos apellidos y los de sus antepasados, remontándose hasta tres generaciones por parte de madre, hacen que esta joven de Arzúa, de 26 años, reúna en su familia una máxima tan de moda ahora gracias al éxito en taquilla. http://www.lavozdegalicia.es/sc/x/default/2015/11/27/00121448618162078948963/Foto/.jpg http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ye ... 270744.htm

Re: Oito apelidos galegos

Publicado: 17 Dic 2015, 08:54
por sferma
Interesante artículo. Aunque con muchas erratas, ¿no?. Las armas de los ULLOA, la antigüedad de "Blasones y Linajes", etc...

Re: Oito apelidos galegos

Publicado: 17 Dic 2015, 11:34
por kruzul
Buf! E máis :) penso debeu ser alguén profano na materia googleando e con pouco tempo. O meu interés é polo que se está a publicar coa estrea do segundo film, que está facendo que se interesen por nós. Do de máis enriba ten interese o vídeo de Isabel Boullón.
Saúdos :)