Páxina 1 de 1

Orden de la monedas antigüas

Publicada: 01 Xul 2005, 03:23
por mamiblue
:oops:
Cual seria el orden de estas monedas antiguas de mayor a menor
1 vellon
1 real de vellon
1 ducado
1 real
Si las comparamos a la moneda de hoy en dia a que valor equivaldria
Un saludo teresa prada

Re: Orden de la monedas antigí¼as

Publicada: 01 Xul 2005, 09:43
por capoj
Los valores de las monedas son los siguientes:

Maravedi: moneda de cobre muy pequeña, de uso muy común solo en España. Pequeña moneda de vellón.
1 ducado = 375 maravedies
1 ducado de plata = 11 reales y 1 maravedí­
1 ducado = 11 reales; 37,76 grs. de plata
Real de plata: equivale a 34 maravedies. 3,43 grs. de plata.

34 maravedies = 1 real de vellón = 25 céntimos
1 peseta = 4 reales
1 real de plata = 2 reales = real de a dos = 68 maravedies

Vellón=cobre

vellón

Publicada: 27 Xul 2005, 18:35
por gordito
No sentido estricto da palabra, vellón significaría aleación de prata e cobre moi utilizada na Idade Media e Moderna como material para a fabricación de moedas fraccionarias na Península Ibérica.
Como indica capoj, nalgúns momentos (particularmente durante o reinado dalgúns dos Austrias en España), iste material chegou a ser practicamente cobre, debido a rebaixa progresiva de proporción de prata (práctica a que se acudía para dispor de suficiente "efectivo" co que asumir os gastos da Coroa e que por outra parte tivo tamén nefastas consecuencias na economía ibérica).

maravedí

Publicada: 27 Xul 2005, 18:42
por gordito
Como curiosidade é interesante destacar que o marevedí usouse como unidade de conta moito despois de desaparecer como unidade acuñada (algo moi similar o que ocorría ata fai moi pouco tempo co "peso" en Galicia, ou incluso hoxe cando seguimos a falar do valor das cousas en pesetas). Éste é probablemente un dos factores que converteu esta unidade na moeda dos contos.

Valor da moeda antiga

Publicada: 28 Xul 2005, 16:41
por Buxan
Un ducado, como moeda imaxinaria e de conta, equivalía a once reais de vellón, e cada un destes a trinta e catro marabedís, co que trescentos setenta e catro marabedís formaban un ducado.
A equivalencia 4 reais = 1 peseta é posterior á implantación desta última como moeda en España. Aínda os maiores se lembran de que un real equivalía a 25 céntimos de peseta, pero non ten nada que ver este real co existente en séculos anteriores.
No tocante ó seu valor en comparación coa moeda actual habería que facer unha comparación do que se podería mercar con unha ou outra, non dar un valor estilo 1 euro = x reais. Por exemplo, no 1808, para dar alguns prezos acadados por determinados artigos nunha subasta de bens:
Sete ferrados e medio de fabas = 96 reais.
Seis taburetes = 45 reais.
Unha sotana de crego = 40 reais.
Un armario roupeiro = 140 reais.
Un reloxio = 280 reais.
Unha culler de ferro = 2 reais.
Dous leitóns de cebar = 300 reais.
Unha cabalgadura cos arreos = 440 reais.
Seis vacas = 1937 reais.
Etc.

Só queda comparar cos prezos que poden acadar aproximadamente na actualidade para ter unha orientación do valor das moedas antigas.

Re: Valor da moeda antiga

Publicada: 22 Ago 2005, 00:12
por mamiblue
:D gracias a todos, y perdonar que tardase tanto en darlas no pude mirar el foro hasta hoy, gracias otra vez
mamiblue