XA ABONDA!CACHONDEOS NON POR FAVOR!

Noticias de historia familiar
Responder
Anonymous

XA ABONDA!CACHONDEOS NON POR FAVOR!

Mensaje por Anonymous »

Isto din que é unha páxina de xenealoxía,non a consulta de Aramis Fuster nin a de Rappel...Así que ´´Buscando povo para apelido Fernández na provincia da Coruña´´?A ti paréceche serio eso?E como dicir ´´Buscando persoa para nome Pepe en España´´...2º A os organizadores ou quenqueira que leve a páxina..As buscas dos apelidos ou liñaxes e a súa orixe ou as axudas ás persoas que chaman preguntando non se fan así...Non é mirar no listín telefónico ou dicir ´´A..por como soa pode ser...Iso non vale..Pra nada...Hay libros preciosos,hemerotecas,arquivos,etc..que deberíamos todos de nos preocupar en conservalos e consultalos,que pra iso están ou pra iso deberían estar...E non malgasta-la páxina con calquera tipo de comentario inútil ou ghindando hipóteses así sen xeito nin dreito...Mirade libros e coleccións como a de Crespo del Pozo,de Brasós e Liñaxes da Galiza,A identidade de Cristóbal Colón,de Philippot Abeledo,o de sobre os Pazos da Provincia da Coruña,de Martínez Barbeito..Armas y Triunfos de los hijos de Galicia,do P.Gándara , a obra de Salazar y Castro e Perez Constanti..a obra de Felgueiras Gaio..e outros,os cales aínda que as veces con algún ca outro erro teñen información importantísima...Preguntade nas vosas familias,nos vosos povos e á xente vella(os que teñades oportunidade)Consultade os arquivos.Tratemos de conservar os pazos,as casas torre e solareiras,os escudos,os seus arquivos,e documentacións(@s que nos quedan,polo menos)etc.....en bon estado ....Fomentemo-la cultura e o estudo da nossa historia... <IMG SRC="images/forum/icons/icon_mad.gif">
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

XA ABONDA!CACHONDEOS NON POR FAVOR!

Mensaje por Milleiro »

Ola Anónimo,
Ben, se reduces todo aos Pazos, aos brasóns, ás Casas Solarengas...mal te vexo.
A xenealoxia é moito máis que iso. Para a tua información, che comento que os libros sobre liñaxes, fidalgos, etc hai que lé-lo con moito coidado.
Moitos destes autores non se basaban en feitos científicos...e xa que citas o Padre Crespo, emparentado coa miña família como él mesmo lembra no seu libro "Blasones y Linajes de Galicia", che direi a fama que tiña pola sua pouca rigurosidade.

En relación ao pedido que fan sobre o apelido Fernández, direi-che que sí que razón no che falta, é como buscar unha agulla nunha palleira, mas cando se está deseperado nunha pesquisa se pode chegar a estas mensaxe; e que mellor que facé-lo no Site da Xenealoxia galega: Xenealoxia.org

Unha aperta

Xavier
Responder