Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey)

Noticias de historia familiar
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19105
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey)

Mensaxe por serba » 29 Xuñ 2012, 12:19

'O Ano Ben-Cho-Shey' reflicte a etapa deste histórico galeguista en Lugo

28/06/2012 - Javier Rivera / El Progreso (Lugo)

A área de Cultura da Deputación de Lugo convocou para esta tarde o acto ‘Os anos lugueses de Ben-Cho-Shey’, que servirá de prólogo e presentación ao ano cultural dedicado á figura de Xosé Ramón e Fernández-Oxea. Este persoeiro caracterizouse polo seu galeguismo integral, reflictido tanto na súa militancia no Partido Galeguista, como na súa vocación polo estudio do pasado, a través dos seus restos arqueolóxicos e as súas tradicións populares.

A súa figura «non foi recoñecida aínda en toda a súa dimensión», lembra Xoán Ramiro Cuba, coordinador do ‘O Ano de Ben-Cho-Shey’. Xosé María Álvarez Blázquez definíu como ninguén a poliédrica faciana deste polígrafo ourensá. «Ben-Cho-Shey é o galego máis galego que teño coñecido. Atesoura a xenerosidade dun Otero Pedrayo, o entusiasmo dun Padre Sarmiento, a sabencia folclórica dun Risco, o patriotismo dun Castelao. Se houbese que facer un desfile de galeguismo, Ben-Cho-Shey sería o abandeirado».

A data elexida para esta conmemoración inaugural coincide co 76 aniversario da celebración do pebliscito para aprobar Estatuto de Autonomía de Galicia, o 28 de xuño de 1936. Fernández-Oxea participou activamente nesta campaña como presidente do Partido Galeguista na provincia. Tamén se cumpre o 75 aniversario do seu traslado como inspector a Cáceres polo réxime de Franco, en plena Guerra Civil, tras unha suspensión temporal de emprego e soldo.

Xosé Ramón e Fernández Oxea foi destinado a Lugo como inspector de Primeira Ensinanza en 1935, despois de exercer o maxisterio en Cariño e Santa Marta de Moreiras. En 1936 pasa a encabezar o Partido Galeguista en Lugo e desenvolve unha inxente labor na organización interna desta formación, pola que foi candidato ás Cortes republicanas no 36. A agrupación galeguista luguesa tiña a súa sede na Rúa do Miño. Entre os seus afiliados estaban Anxel Fole, como secretario local, Ramón Piñeiro, Servando de la Vallina, Antón Figueroa, Pepe Pimentel, Teolindo Corredoira ou Álvaro Gil, segundo explica Cuba. Oxea tamén mantivo entón unha estreita relación co viveirés Ramón Vilar Ponte, o farmacéutico ribadense Claudio Pérez Prieto, o escritor mindoniense Álvaro Cunquiero ou os Saco, de Monforte.

Un dos aspectos máis sobresaíntes de Ben-Cho-Shey é o seu papel de fío conductor entre esta xeración de vellos galeguistas e o os nacionalistas máis novos, parte dos cales se reunían nos anos sesenta no Club de Amigos de la Unesco, que tiña a súa sede no primeiro piso da praza de Tirso de Molina, en Madrid. Nesta cidade, onde se instalou na última etapa da súa vida, ata a súa morte en 1988, Fernández-Oxea desenvolveu un importante traballo cultural e ideolóxico. «Promoveu centros de iniciativas, nomeadamente en defensa da lingua galega, a través do Club de Amigos da Unesco, o Centro Galego e en contacto directo con mozos nacionalistas dos Grupos Castelao e Brais Pinto, dos que se pode considerar mentor», asegura Xoán Cuba.

Fernández-Oxea impartía «clases de galego e de algo máis» a lugueses como Lois Diéguez, Lino Ventosinos, Juan Soto, Bernardino Graña ou Vicente Vázquez Diéguez, así como a outros impulsores da ideoloxía nacionalista, como o pintor Raimundo Patiño, Bautista Álvarez ou Méndez Ferrín. Á súa vez mantiña unha estreita amistade co Grupo Castelao, que facía tertulia no ‘Lion D’Or’, a onde acudían os ribadenses Dionisio Gamallo Fierros e Paco Jaureguízar, Xesús Alonso Montero ou Fermín Penzol, entre outros.

Creación e investigación

Ben-Cho-Shey foi autor dunha inxente obra literaria e investigadora. Xa antes de chegar a Lugo desenvolveu un amplo labor cultural, reflictido na súa participación nas Irmandades da Fala e no Seminario de Estudos Galegos, e tiña xa acadado un solido prestixio pola publicación de numerosos estudios e artigos sobre creación literaria, arqueoloxía, etnografía, arte, lingüística e política en distintos xornais e revistas.

«Tamén na súa estancia en Lugo afondou no estudio da arte, historia e etnografía da provincia», precisa o coordinador do Ano de Ben-Cho-Shey e da exposición que se inaugurará en Lugo e que tamén divulgará a figura deste galeguista por distintos lugares da provincia. ‘Cuchillo de sílex no Saviñao’, ‘Jornadas románicas en tierras de Lugo’ ou ‘O crismón de Quiroga’ son algúns dos traballos publicados en revistas especializadas por este gran coñecedor da arte sacra luguesa e ourensá.

No plano profesional tivo un contacto directo co tamén inspector Soto Menor, candidato a Cortés polo Partido Republicano Radical Socialista, e con Luis Bello, autor do libro ‘Viaje por las escuelas de Galicia’.

‘O Ano de Ben-Cho-Shey’ servirá para facer un percorrido pola actividade política e cultural do homenaxeado desde o ano 1918 ata a súa morte. Entre os seus libros de temática galega destacan ‘O baldaquino en Galicia denantes do barroco’, en colaboración con Filgueira Valverde; ‘Toponimías agrícolas gallegas’, ‘Un grupo de iglesias románticas’, ‘O Barallete’ (primer traballo importante sobre a fala gremial dos afiadores e doutros oficios caneantes), ‘O catón galego’ (libro de lectura para nenos). Este integrante das academias galegas da lingua e da historia, que foi medalla Castelao en 1986, escribíu tamén libros de contos e poemas, así como obras de temática extragalega, doutros lugares nos que vivíu, como ‘Costumbres cacereñas’, ‘Carnavales en Extremadura’ e ‘Geografía popular toledana’, este último con prólogo de Camilio José Cela.

Outro aspecto destacable do Ano de Ben-Cho-Shey está relacionado coa recuperación da memoria histórica. O alzamento militar de 1936 colleu en Lugo a este político e erudito. Aquí escribíu nun diario as súas vivencias daqueles momentos tráxicos nos que a súa vida corre un serio perigro. Narra os sucesos acontecidos na cidade e novas que lle chegan doutros lugares de Galicia, como as mortes de Bóveda e Camilo Díaz Valiño.

Para hoxe

Música, lectura dramatizada e fotos históricas

Música, fotografías, literatura e intervencións sobre a obra de Xosé Ramón e Fernández-Oxea integrarán o acto ‘Os Anos Lugueses de Ben-Cho-Shey’, que se celebra hoxe no Museo Provincial de Lugo, a partir das oito da tarde. Despois dunha introducción de Antón Castro intervirán o deputado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro Iglesias, e Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, que se encarga da coordinación do Ano Ben-Cho-Shey.

Fotografías

Durante o acto tamén se presentará a colección de fotografías ‘Lugo na cámara de Ben-Cho-Shey’, que inclúe imaxes da época que Fernández-Oxea conservaba no seu arquivo particular, a partir do cal se fai a exposición do ano dedicada á súa memoria.

Lectura dramatizada

As actrices Tereixa Campo e Paloma Lugilde serán as encargadas de facer a lectura dramatizada dunha escolma de textos do ‘Diario de Lugo’ de Ben-Cho-Shey antes do peche musical da velada por parte de Antón Castro. Este diario inédito será publicado pola Deputación.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/180644.html

PD: Sin olvidar sus estudios y publicaciones de heráldica...
Última edición por 1 o serba, editado 10 veces en total
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19105
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

La infamia del 36, según Ben-Cho-Shey

Mensaxe por serba » 23 Xul 2012, 09:45

Hallado un diario del polígrafo ourensano sobre el golpe fascista en Lugo

Es 2 de agosto de 1936. El golpista comandante Manso es enterrado en Lugo. Entre la multitud presente, un obrero levanta el puño y entona la consigna UHP (“Uníos, hermanos proletarios”). En el acto recibe dos tiros de pistola que acaban con su vida.

El relato, de crudeza telegráfica, figura en un diario personal hasta ahora desconocido: el que el polígrafo ourensano Xosé Ramón e Fernández-Oxea, alias Ben-Cho-Shey, escribió en la ciudad amurallada entre el 19 de julio de 1936 —día siguiente al alzamiento— y el 21 de agosto del mismo año. Ben-Cho-Shey está en Lugo como inspector de educación, pero además es presidente provincial del Partido Galeguista, cargo que en el nuevo contexto resulta letal en potencia. El diario en el que durante cinco semanas consigna las infamias de los sublevados, sin escatimar críticas, podría haberle costado caro.

Xoán Ramiro Cuba
, investigador de la Diputación de Lugo, ignora cómo preservó Fernández-Oxea esa y otra documentación comprometedora. Lleva un par de meses buceando en el archivo personal de Ben-Cho-Shey, albergado en la biblioteca de la Diputación de Ourense, para preparar una exposición sobre sus años lucenses. Dentro de una caja de diarios, “en un cuaderno perteneciente a un diario de 1918”, encontró las páginas datadas en el verano del 36. “Totalmente inédito”, recalca.

El diario pasó así a un primer plano dentro del Año Ben-Cho-Shey diseñado por el Área de Cultura de la Diputación de Lugo. Cuba trabaja ahora en la transcripción y notas al texto para preparar “cuanto antes” una edición comentada, “contextualizando los muchos nombres que aparecen”. En letra pulcra y legible, Fernández-Oxea da fe de los sucesos políticos de esos días de plomo: el asalto a la Casa del Pueblo de la calle Quiroga Ballesteros; la llegada como prisioneros de los carabineros de Ribadeo, leales a la República. Las anotaciones no tienen desperdicio. 5 de agosto: “Llegan mis padres y Teresa, que vienen asustados de las bestialidades que cometen los fascistas en Ourense”. En otro momento: “Hoy he sabido que hay orden de detención contra mí, Fole y Piñeiro”.

A su llegada a Lugo, en 1935, Ben-Cho-Shey había sucedido al fallecido Reinaldo Gómez al frente del Partido Galeguista en la provincia, con Ánxel Fole como secretario. Esta adscripción le cuesta en 1937 una suspensión de empleo y sueldo de tres meses. Le siguen el destierro a Cáceres y más tarde a Toledo. El contenido de su domicilio de Lugo —libros, documentos, incluso muebles— encontró un alojamiento provisional en casa de su amigo Uxío Campo, padre de la escritora Marica Campo, en Val do Mao (O Incio). En años posteriores, Ben-Cho-Shey visitaría varias veces esa casa —“al menos tres”, apunta Cuba— y otros lugares de Galicia, donde no se priva de contactar con miembros del partido. Pero no volvería a residir en Galicia. Después de la guerra se instala en Madrid, la ciudad donde estudió Magisterio e hizo parte del servicio militar, hasta su fallecimiento en 1988.

El archivo personal del polígrafo que atesora la Diputación de Ourense incluye gran cantidad de documentos políticos, otros diarios —volvió a escribirlos entre 1939 y 1943—, recortes de sus artículos, cuadernos de notas, fotografías y unas 5.000 cartas de todas las épocas de su vida. Un patrimonio que el propio intelectual comenzó a depositar en la institución provincial en los setenta y cuyo traslado se completaría tras su muerte.

Es el legado de un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectología, heráldica, arqueología, etnografía, historia del arte e incluso creación literaria. De todo ello dejó constancia en Lugo, con investigaciones sobre escudos nobiliarios, patrimonio prerromano o iglesias románicas de la Ribeira Sacra. Pero Cuba, en particular, se está quemando las pestañas con el material inédito. Atrapado por la correspondencia —casi toda cartas recibidas; apenas hacía copias de las enviadas— que Ben-Cho-Shey mantuvo con correligionarios políticos, científicos, familiares y amigos o centros gallegos de América. Cartas que permiten reconstruir no solo una biografía personal, sino contextos como el del Partido Galeguista en Lugo durante el prólogo e inicio de la guerra. Correspondencia que tampoco ha sido editada.

Y los diarios, por supuesto: los de la inmediata posguerra son otra mina. En abril de 1940, Ben-Cho-Shey reseña que “ayer hubo en Valencia una concentración de 200.000 camisas, entre nuevas, viejas y remendadas”. Siempre “muchísimo humor y retranca, incluso en las cosas dramáticas”, subraya Ramiro Cuba. Aunque “hay días que me invade la desesperación”, anota el polígrafo aquel mismo abril. Por esa época, Ramón Piñeiro cumple condena en Madrid y la esposa de Fernández-Oxea, la andaluza Isabel Algarra, lo visita haciéndose pasar por su prima. Cuba caracteriza al ourensano como un hombre bueno machadiano, “que le hacía favores a todos, se relacionaba con todos, se carteaba con gente de todas las ideologías”. “Fole decía que era el mejor hombre que había conocido en su vida”, añade.

El equipo del Año Ben-Cho-Shey de Lugo pretende honrar su memoria al máximo. Está prevista una exposición biográfica, mesas redondas y una ruta guiada por sus pasajes lucenses. Se ha perdido la pista, en cambio, de su familia madrileña. “Tuvo una hija que, según las noticias que tengo, ha muerto”, explica Cuba. “Y esta tuvo un hijo al que no conseguimos localizar”. El tema no es baladí, porque está pendiente de aclarar si la edición del diario hay que negociarla con sus descendientes o con la Diputación de Ourense.

El coordinador del Año Ben-Cho-Shey lamenta el cierto olvido, “incluso con dificultades económicas”, que vivió el homenajeado en sus últimos años en Madrid. Probablemente ese olvido inspira su último sarcasmo, el epitafio grabado en su lápida del cementerio ourensano de San Francisco, donde pide que se omitan las honras post-mortem, porque las cosas “o se hacen a su tiempo, o no se hacen”.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/07/20/ ... 12103.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19105
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Ben-Cho-Shey -Exposición en el MPLugo-

Mensaxe por serba » 11 Feb 2013, 08:58

EXPOSICIÓN: BEN-CHO-SHEY. 50 anos de maxisterio cultural (1918-1968)"
Esta mostra, que se vai inaugurar o xoves, 14 de febreiro de 2013, ás 20:00 horas, vai permanecer aberta ao público ata o 20 de maio de 2013 na Sala de Exposicións do MPLugo.
ACTO DE INAUGURACIÓN
Xoves, 14 de febreiro de 2013, ás 20:00 horas
Interveñen:
Antonio Veiga, vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo.
Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
Xoán R. Cuba, comisario da exposición.
- Lectura dramatizada do DIARIO DE LUGO de BEN-CHO-SHEY, a cargo de Paloma Lugilde e Tareixa Campo
-Actuación musical de Mini e Mero

Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo
(Do 14 de febreiro ao 20 de maio de 2013)

Entrada gratuíta
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=27&id=1876
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19105
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Lugo lembra os 50 anos de maxisterio de Ben-Cho-Shey

Mensaxe por serba » 12 Feb 2013, 08:23

O ourensán Ben-Cho-Shey. (Foto: ARCHIVO) http://www.laregion.es/resize.php?pic=imagenes/elementos/583_43940.jpg&tipo=350
O Museo Provincial de Lugo inaugura o vindeiro xoves a exposición 'Ben-Cho-Shey. 50 anos de maxisterio cultural (1918-1968), unha mostra que recupera a figura do mestre ourensán, así como a época na que exerceu. Esta iniciativa enmárcase nas actividades celebradas co gallo do ano dedicado ó docente, efeméride instaurada pola Deputación luguesa para lembrar a Xosé Ramón Fernández Oxea, nado en Ourense en 1896 e que adoptou o seudónimo co que pasaría á historia na guerra de Marrocos.
http://www.laregion.es/noticia/242539/l ... -cho-shey/
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19105
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey)

Mensaxe por serba » 10 Xul 2013, 09:10

"A vida de Ben-Cho-Shey en máis dun cento de fotografías e ilustracións"

Actividade: Presentación da exposición: Ben-Cho-Shey.

Datas: Do 9 de xullo ao 18 de agosto de 2013.
Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación (Ourense).
Entrada: Gratuíta.
http://www.tempodelecerourense.com/nova ... ustracions
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19105
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Lembranza a Ben Cho Shey

Mensaxe por serba » 30 Xul 2013, 08:41

Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19105
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey)

Mensaxe por serba » 01 Xul 2014, 08:37

Isaac ALONSO ESTRAVIZ:
José Ramon Fernández-Ogea: vida e obra (Ourense, 5-04-1896; Madrid, 23-04-1988).
Agália: Publicaçom internacional da Associaçom Galega da Lingua, ISSN 1130-3557, Nº 91-92, 2º semestre 2007, pp. 171-184.
http://www.agalia.net/images/recursos/91-92.pdf
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19105
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

De Ben-Cho-Shey a Ken Keirades (e viceversa)

Mensaxe por serba » 12 Dec 2014, 09:57

Eran dous sabios que resistiron no interior a presión do franquismo, e que durante trece anos escribíronse sen coñecerse fisicamente, nunhas cartas cheas de agarimo, humor, ilusión e coñecemento da realidade da cultura e da lingua en pleno franquismo. A correspondencia entre Manuel García Barros (Kenkeirades) e Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben Cho Shey). Dúas asociacións da Terra de Montes, os ecoloxistas da Terra de Montes, Verbo Xido e Vagalumes, recuperaron e dixitalizaron este legado.
http://culturagalega.org/noticia.php?id=24901
- http://www.foros.xenealoxia.org/viewtop ... 715#p29179

- Consulta a correspondencia e máis información no web de Tabeirós/Montes
http://www.tabeirosmontes.com/correspondencia.html

- Sepultura de Ben Cho Shey en el cementerio de San Francisco. // Jesús Regalhttp://fotos02.farodevigo.es/2015/06/11/318x200/concello-realza.jpg Publicada el 12-6-2015, en la noticia de X. M. Del Caño
El Concello realza la riqueza histórica y cultural del cementerio de San Francisco
http://www.farodevigo.es/portada-ourens ... 57960.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19105
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

El diario de Ben-Cho-Shey, manuscrito e inédito...

Mensaxe por serba » 18 Xul 2016, 15:18

Juan Soto - El garabato del torreón

Lugo, verano de 1936

El diario de Ben-Cho-Shey, manuscrito e inédito, merece otra suerte distinta a la que parece condenado

«O Goberno Civil está cheo de xente que co pretexto de ofrecerse van espiar e cheirar o que ocurre. Os alí reunidos están preocupados pero non resolven ren». Son palabras del diario que Ben-Cho-Shey escribió en los primeros días que siguieron al golpe militar de 1936, cuyo octogésimo aniversario se cumple precisamente hoy, 18 de julio. Xosé Ramón y Fernández-Oxea (el pseudónimo Ben-Cho-Shey nació como firma de las crónicas sobre la guerra de Marruecos que enviaba a «La Zarpa», el periódico orensano que dirigía el atrabiliario clérigo Basilio Álvarez) era entonces inspector de Primera Enseñanza y presidente del Partido Galleguista en Lugo, organización que contaba por aquellos meses con un secretario tan escasamente dotado de habilidades burocráticas como Ánxel Fole.

http://www.abc.es/espana/galicia/abci-l ... ticia.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19105
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey)

Mensaxe por serba » 29 Out 2019, 17:55

Ben-Cho-Shey inédito, presentación del libro
https://www.elcorreogallego.es/tendenci ... ia-1210499

https://axendacultural.aelg.gal/wp-content/uploads/2019/10/73322862_2411832455800458_7741387536940924928_n-768x432.png
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar