Camiño de Santiago: I Itinerario Cultural Europeo
Publicado: 17 Sep 2012, 14:47
"O xerente do Xacobeo reuniuse hoxe co alcalde de Santiago para coordinar os actos de celebración do 25 aniversario da declaración do Camiño como Itinerario Cultural Europeo"
Santiago, 17 de setembro de 2012.- O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, José Paz Gestoso, e mais o alcalde do Concello de Santiago, Ángel Curras, reuníronse esta mañá na sede do Concello compostelán para abordar asuntos relacionados cos actos de celebración do 25 aniversario da Declaración polo Consello de Europa do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.
No encontro, Paz Gestoso trasladou ao alcalde de Santiago a dispoñibilidade do Xacobeo de apoiar os actos de conmemoración da devandita declaración coa organización dun seminario de expertos na Ruta Xacobea no que se abordará a evolución do Camiño de Santiago nos últimos 25 anos e que contará coa colaboración do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, a través da coordinación do mesmo por parte do presidente do comité, Paolo Caucci von Saucken.
Doutra parte, o xerente do Xacobeo manifestou o apoio institucional do ente que xestiona nos actos de celebración das vodas de prata do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo e precisou que, a través da Federación Europea dos Camiños de Santiago, recentemente constituída e da que forma parte a Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, xa se están a manter contactos e colaboracións co Instituto Europeo de Itinerarios Culturais de Luxemburgo e mais co Consello de Europa para contar coa presenza de representantes no mesmo nesta efeméride.
No encontro, o responsable da Administración Local e mais o representante da Administración autonómica galega falaron sobre o fenómeno de internacionalización da Ruta Xacobea e o potencial de crecemento da mesma nos mercados internacionais. Destacaron sobre todo o incremento dos peregrinos estranxeiros que recolleron no que vai de ano a súa compostela na Oficina do Peregrino da Rúa do Vilar. Entre xaneiro e xullo percorreron a Ruta Xacobea un total de 154.751 peregrinos, o que supón un aumento total do 3,4%, respecto do mesmo período do 2011 (datos da Oficina do Peregrino). O incremento dos peregrinos estranxeiros nos sete primeiros meses do ano foi dun 14,5%, que representan o 52% do total.
Exposicións promovidas polo Xacobeo
Segundo informou o xerente do Xacobeo, José Paz Gestoso, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, da Secretaría Xeral para o Turismo será a encargada de promover e comisariar a exposición Memoria de Peregrinación, unha mostra audiovisual que se instalará a partir do día 23 de outubro –data oficial da conmemoración da declaración- nas dependencias do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Esta mostra pode verse polo momento en Parthenay, onde se inaugurou esta mesma fin de semana. Esta vila francesa, que figura citada no Códice Calixtino como lugar de orixe de Aymerid Picaud, o presunto autor do libro V ou guía do peregrino, cumple mil anos de historia e celébrao lembrando a súa conexión co Camiño de Santiago con esta mostra de calado europeo e mais coa celebración da reunión anual das asociacións francesas de Amigos do Camiño de Santiago. Francia, con preto de 50 asociacións e con España o país con maior desenvolvemento de estruturas e organizacións xacobeas.
O Xacobeo en Italia
Ademais da mostra en territorio francés, a cidade italiana de Fidenza conta dende esta fin de semana cunha mostra que se pode visitar na igrexa de San Giorgio Martire baixo o título Roma-Santiago, Santiago-Roma. Itinerarios, signos e memoria da Europa das peregrinacións. A cidade de Fidenza é unha das máis importantes da vía Francigena e das vías de peregrinación italianas e acolle esta exposición comisariada por Paolo Caucci von Saucken, o director do Centro Italiano di Studi Compostellani e rector da asociación xacobea italiana.
A mostra conta con máis de cen paneis con imaxes dos principais fitos, paisaxes e monumentos da vía de peregrinación que une Santiago e Roma, atravesando o Camiño Francés en España, a vía Tolosana en Francia e a vía Francigena en Italia. Hai unos meses o Centro Italiano di Studi Compostellani conseguiu expoñer a mostra no Monte Sant Angelo, centro de peregrinación moi frecuentado en Italia e onde foi visitada por preto dun millón de persoas.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... elebracion