Unha Casa Museo para Manuel María
Publicado: 28 Sep 2012, 08:12
A Casa Museo constitúe o obxectivo central da Fundación. Esta concibida como un espazo físico onde se dea acollida á biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado con Manuel María e que sirva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego, e en especial entre as novas xeracións.
1.- Suporá a restauración dunha vivenda que é prototipo da casa chairega. Para iso o proxecto contempla o derrube dun engadido que presenta a actual edificación co fin de que os visitantes poidan achegarse non só a unha das figuras máis importantes da literatura galega, senón tamén a unha interesante mostra do rico patrimonio artístico-cultural da Chaira luguesa.
2.- Os fondos que vai acoller a Casa Museo son de tal significación e singularidade que lle confiren unha relevancia incuestionable que servirá de atractivo para a visita de numerosas persoas. A título indicativo enumeramos os seguintes:
a) Un fondo artístico moi importante, que inclúe obras de Castelao, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Laxeiro, Luís Seoane, Sucasas, Alfonso Abelenda, Manuel Torres, Blas Lourés, Felipe-Senén, Raimundo Patiño, Xavier Pousa, Argüelles, Balboa, Díaz Pardo, Castro Gil...
b) Unha BIBLIOTECA que contén quizais a mellor colección particular do libro galego ou sobre Galicia desde a postguerra até a actualidade.
c) Numerosos documentos manuscritos de persoas relevantes da cultura galega coas que Manuel María mantivo estreita relación: Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego...
d) Diferentes coleccións de obxectos particulares de Manuel María que servirán para ambientar a propia casa.
e) Os elementos convencionais das Casas Museo que achegan á obra e á figura que se referencia.
3.- O servizo que debe supor para os veciños e veciñas de Outeiro de Rei o dispor dunhas instalacións e uns servizos no mesmo centro da vila. Neste sentido destacan as seguintes cuestións:
a) A intención de poñer a disposición do público os servizos da biblioteca xeneralista que se aloxará no edificio.
b) O desfrute da finca que actualmente é propiedade da Casa de Hortas e que é desexo da Fundación que pase a ser de acceso público durante o día. Para iso o proxecto contempla o seu acondicionamento e axardinamento.
c) A disposición dun salón de actos cunha capacidade aproximada de 100 persoas onde se poidan celebrar non só as actividades da Fundación senón tamén as que programen outras entidades públicas e privadas.
http://www.manuelmaria.com/estaticas/ve ... 72E9?id=14
PD: Espléndida conmemoración a D. Manuel María Fernández Teixeiro.