Galegos en América e americanos en Galicia Pilar Cagiao Vila
A pretensión das páxinas desta obra é a de seguir botando luz sobre o fenómeno migratorio galego desde a dobre perspectiva de proceso que contribuíu tanto á transformación da historia de Galicia, como á formación dalgunhas sociedades americanas. E isto faise ademais desde ópticas diversas, sobre distintos períodos cronolóxicos e partindo de variados tipos de fontes. Todas e cada unha das contribucións -baixo a exclusiva responsabilidade de cada autor ou autora dos distintos traballos aquí compilados- abordan o tema central da emigración/inmigración, que é o fío conductor das mesmas, a través de diversos aspectos monográficos.
O primeiro bloque temático, "Sobre a emigración galega", aínda que desde diferentes enfoques, toma América en xeral como destino, mentres que no segundo bloque abórdanse distintos aspectos dalgunhas das principais sociedades americanas receptoras da inmigración galega. Descargar PDF https://emigracion.xunta.es/galegos-am% ... os-galicia