Páxina 1 de 1

O catálogo da xente (patrimoniogalego.net)

Publicada: 02 Out 2012, 15:11
por serba
A web de participación social patrimoniogalego.net acadou xa máis de 2.000 rexistros tras un ano de vida

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/10/2012

Os participantes no proxecto patrimoniogalego.net xa catalogaron dous milleiros de bens culturais ubicados en Galicia. Todo un récord, tendo en conta que nin a dirección Xeral de Patrimonio da Xunta ten visibles tantos datos sobre os bens culturais galegos.

Un gran traballo desta web galega que xurdiu froito da participación social e cidadá e sen subvencións ou axudas de ningún tipo. "A nova marca bateuse en menos tempo do previsto, unha vez máis grazas ao esforzo desinteresado dun cada vez máis nutrido corpo de colaboradores, dispostos a contribuír coa súa dedicación desinteresada a preservar o rico patrimonio cultural aínda existente en todo o noso territorio", sinalan os seus impulsores.

A fórmula escollida para construír este inventario, o catálogo social, está detrás do éxito acadado. Os catálogos sociais permítenlle á cidadanía poder involucrarse de xeito activo a través dunha participación directa no proxecto, ao contrario do que ocorre cos catálogos oficiais. Isto permite acelerar o proceso e despregar unha extensa rede de voluntarios que poida abranguir o conxunto da xeografía galega, dada a inxente cantidade de bens culturais existentes en Galicia e pendentes aínda da súa catalogación.

Os participantes teñen a posibilidade de rexistrar un ben patrimonial a través da creación dunha ficha virtual. Nela figurarán fotografías e datos identificativos do ben en cuestión, así como o seu estado de conservación ou como chegar onda el. A tal efecto, os usuarios dispoñen de material facilitado polos editores de patrimoniogalego.net. Teñen á súa disposición impresos, que poderán utilizar cando realicen algún traballo de campo, nos que figuran aspectos de interese dos bens, como a súa datación, a súa propiedade ou a súa descrición. Neste senso, a tipoloxía que figura nas fichas vai dende os castros, os dolmens ou os petróglifos ata os pazos ou os castelos, pasando, como non, por bens inmobles coma os hórreos, as pallozas e outros, aínda que os máis comúns son as igrexas e os cruceiros.

Unha vez recollida a información precisa, os catalogadores poden daquela subir a ficha ao inventario en liña, quedando deste xeito constancia na web da existencia dun monumento ou dun ben cultural determinado, con todos os datos referentes a el. É máis, de non figurar toda a información necesaria, os propios editores do catálogo encárganse de contrastala e de completala, sempre na medida do posible. De non ser así, a ficha queda en suspenso ata que se dispoña de datos suficientes relativos a ese ben en concreto. E, en todo caso, unha vez publicada, calquera outro usuario que dispoña de nova información ao respecto poderá contribuír no futuro a completar ou mellorar esa ficha.

A ficha número 2000

Curiosamente, a ficha número 2000 correspondeu a un edificio civil urbano de carácter senlleiro: o que alberga o instituto de Santa Irene, ubicado na parroquia viguesa de Coia. Foi subida por Óscar Franco, un dos colaboradores máis activos neste catálogo social. Xunto con el, outros catalogadores que superaron a centena de bens inventariados son Elixio Vieites, Xosé Troiano, Gavilanes67, Xandinathry, Xocas e Manuel Rial.

En canto ao lugares da nosa xeografía nos que se rexistra un maior número de bens culturais inventariados, repártense entre a franxa atlántica e determinadas áreas do interior dos que dan conta catalogadores especialmente activos. É o caso do concello de Aranga ou de Baños de Molgas, posto que ambos os dous contan en patrimoniogalego.net con máis dun cento de bens catalogados.

Un proxecto aberto

Creado co soporte técnico de WordPress, patrimoniogalego.net é un sistema de información xeográfica (SIX) aberto á cidadanía, independente e sen ánimo de lucro, dado que ten como fin a preservación do patrimonio cultural galego, polo de agora limitándose aos bens de carácter inmoble. Do seu mantemento e do seu correcto funcionamento ocúpanse un grupo de voluntarios, profesionais en distintas disciplinas, que decidiron sacar adiante este proxecto de xeito altruísta e desinteresado a partir da creación da plataforma cidadá “Eu participaría dunha Mesa polo Patrimonio de Galicia”, xurdida o ano pasado na rede social Facebook a iniciativa do divulgador e profesor da USC Manuel Gago.

Milagros Bará, Álex Bragaña e Soledad Felloza integran o corpo de Produción do catálogo, mentres que o propio Gago e Eladio Rial se encargan do deseño e do desenvolvemento da web. Pola súa parte, Adela Oyonarte, Franjo Padín, Carmela Sánchez Arines, Elixio Vieites e Xosé Gago conforman o corpo de editores. O avogado Bernardo Dios ocúpase das cuestións xurídicas, mentres que o gabinete de comunicación está integrado polos xornalistas Xurxo Salgado e Félix Aragunde.

O maior catálogo en liña do patrimonio cultural galego

Cos dous mil bens acadados, os promotores de patrimoniogalego.net destacan a consolidación deste proxecto. O recoñecido como o maior catálogo en liña dos bens culturais de Galicia con información é tamén un dos máis amplos do Estado e xa se converteu nun referente mesmo a nivel europeo.

http://galiciaconfidencial.com/nova/11706.html



- Enhorabuena a quienes han hecho posible el inmenso trabajo y a cada persona que colabora. ¡Excelente página!

Vídeo en V Televisión: PatrimonioGalego.net

Publicada: 08 Out 2012, 15:50
por serba
Vídeo en el canal V Televisión:
"La Wikipedia del patrimonio gallego"

Al igual que Wikipedia... es también una enciclopedia gratuita y accesible para todos. Pero PatrimonioGalego.net tiene una característica muy especial. Su objetivo es el de crear una gran base de datos sobre bienes y yacimientos de Galicia. Nació hace poco más de un año y ya supera los 2.000 patrimonios catalogados. La iniciativa es pionera en Europa.
http://www.vtelevision.es/informativosv ... 154733.htm

O catálogo da xente (patrimoniogalego.net)

Publicada: 10 Feb 2014, 17:55
por serba
Redacción Ferrol
"El portal patrimoniogalego.net incluye en su lista roja de peligro inminente bienes de la comarca"
Uno de los bienes en peligro, los molinos de Bares http://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/images/2014/02/09/2014020922533435197.jpg http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 74609.html

Patrimoniogalego.net está xa presente en 300 concellos

Publicada: 24 Set 2014, 12:45
por serba
Patrimoniogalego.net está xa presente en 300 concellos
O maior rexistro público en liña dos monumentos galegos xa dá información detallada sobre máis de seis mil bens patrimoniais distribuídos por todo o país, e abranguendo xa información de trescentos concellos. Pontevedra e de Vigo, con máis de duascentas fichas localizadas en cada unha das cidades, son os termos municipais con maior representación no catálogo. A ficha número 6.000 corresponde aos bucranios romanos de Tomonte, presentes nunha fonte no concello de Vilardevós, cuxo autor foi o catalogador Xabier Moure. Entre os xa máis de seis mil monumentos inventariados en patrimoniogalego.net, ocupan un lugar preferente os cruceiros e mais as igrexas, con máis dun milleiro de fichas por cada un destes tipos de bens. Séguenlles, de lonxe, os castros, os petróglifos, os muíños, os dolmens, os pazos, as fontes, as pontes, os petos de ánimas ou os hórreos. Logo de ser creado en 2011, o portal foi sumando usuarios e visitantes, superando só no que vai deste ano a cifra récord de 160 mil visitas.
http://culturagalega.org/noticia.php?id=24636
http://patrimoniogalego.net

Imaxinas todo patrimoniogalego.net dunha ollada?

Publicada: 04 Abr 2015, 20:08
por serba
por MAGAGO o Mar 31, 2015

Pois xa é posible. Presentamos patrimoniogalego.net para Google Earth! Trátase dunha ferramenta engadida e complementaria para seguir patrimoniogalego.net e empregalo en combinación dun dos programas SIG (sistemas de información xeográfica) máis potentes e populares de Internet.

Só tes que baixar este ficheiro KMZ, abrilo desde Google Earth e disfrutar!

http://patrimoniogalego.net/index.php/7 ... nha-ollada

O catálogo da xente (patrimoniogalego.net)

Publicada: 13 Abr 2015, 08:25
por serba
Xan Salgueiro | Lalín

Lalín presume de patrimonio cultural

Un total de 68 bens culturais foron xa catalogados en Lalín a través da web patrimoniogalego.net, unha ferramenta creada por unha organización de ámbito galego para a defensa do patrimonio cultural facendo uso das posibilidades que achegan as novas tecnoloxías. É un proxecto no que calquera persoa pode colaborar achegando a información de que dispón e incorporando novos elementos. A páxina web está dirixida polo profesor e xornalista Manuel Gago e nela teñen participado, ata o momento, unos 350 usuarios que fan este traballo de xeito totalmente altruista.

http://www.farodevigo.es/portada-deza-t ... 18841.html