Página 1 de 1
ILG: Instituto da Lingua Galega
Publicado: 11 Dic 2012, 10:17
por serba
Simposio ILG 2012 - Un galego común, fiel a si mesmo. Trinta anos de estandarización: 1982-2012
No ano en curso de 2012 cúmprense trinta anos da publicación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG) elaboradas por unha comisión mixta do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (daquela, a única universidade galega) e a Real Academia Galega, e aprobadas en sesión conxunta de ambas as dúas institucións. A aprobación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego de 1982 foi un fito na historia do idioma, por representaren a primeira proposta ampla, sistemática e cientificamente xustificada de codificación ortográfica e morfolóxica do galego común. As NOMIG serían oficializadas pouco despois mediante decreto da Xunta de Galicia, tornándose así no primeiro código normativo con carácter oficial do idioma galego, que pola súa vez fora tamén recoñecido como lingua oficial no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. [...]
Inscrición /
Programa / etc.
http://ilg.usc.es/ilgas/simposio_2012/
Organiza
Instituto da Lingua Galega (USC) / Consello da Cultura Galega
Comité organizador
Henrique Monteagudo (coordinador), Francisco Dubert, Elisa Fernández Rei, María Álvarez de la Granja, Raquel Vila Amado
Comité científico
Rosario Álvarez Blanco (USC), Xulio Sousa (USC), Marcos Bagno (Universidade de Brasília), Valéria Gil Condé (Universidade de S. Paulo), Antónia Mota (Universidade de Lisboa), Graciana Vázquez Villanueva (Universidad de Buenos Aires).
Máis información
Raquel Vila Amado Teléfono: 881812816, email:
ilg.simposio2012@gmail.com
Re: ILG: Instituto da Lingua Galega
Publicado: 12 Mar 2013, 07:50
por serba
Investigadores do Instituto da Lingua Galega da USC publican no último número especial da
revista Dialectología http://www.publicacions.ub.edu/revistes ... giaSP2012/ catro achegas respecto do tema central deste volume monográfico correspondente ao ano 2012 que se dedica ao Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (
ALPI). O ALPI é un proxecto de
investigación lingüística sobre as variedades románicas peninsulares dirixido durante a primeira metade do século XX por
Tomás Navarro e no que participaron investigadores das diferentes áreas lingüística peninsulares.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/20 ... _0049.html
ILG: Instituto da Lingua Galega
Publicado: 13 Nov 2013, 10:11
por serba
"Simposio ILG 2013: Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa"
Data inicio: xoves, novembro 28, 2013 - 16:00
http://ilg.usc.es/gl/actividades/simposio-ilg-2013
"Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués"
Publicado: 18 Feb 2014, 14:43
por serba
O próximo xoves, día
20 de febreiro, terá lugar a presentación do proxecto
Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués ás 11:00 h na Sala de prensa do Colexio de San Xerome.
Trátase dun proxecto internacional que pretende rexistrar e integrar nun único banco de datos un amplo número de repertorios léxicos galegos, portugueses e brasileiros con referenciación xeográfica concreta das voces contidas neles.
Grazas a este proxecto, de consulta libre a través de internet, os usuarios poderán dispoñer dun gran volume de material lexicográfico procedente de fontes heteroxéneas ata o de agora inéditas ou de moi difícil acceso para a comunidade científica, o cal resulta moi enriquecedor en canto á preservación do patrimonio léxico.
Este corpus dixital está coordinado desde o
ILG pola profesora
Rosario Álvarez Blanco, e conta coa participación de equipos de investigación de varias universidades de Portugal e Brasil.
http://ilg.usc.es/gl/novidades/presenta ... -portugues
Páxina do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués:
http://ilg.usc.es/gl/proxectos/tesouro- ... -portugues
"Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués"
Publicado: 21 Feb 2014, 08:32
por serba
Presentado o novo corpus dixital aberto do proxecto internacional ‘Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués’
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/20 ... _0104.html
-
http://ilg.usc.es/Tesouro
Simposio ILG 2014
Publicado: 19 Oct 2014, 19:15
por serba
Simposio ILG 2014: A lingua galega no solpor da Idade Media
Publicado: 07 Nov 2014, 09:35
por serba
Reflexionar sobre o ocaso do cultivo escrito do galego ao final do Medievo. Con este propósito o Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza este mes o simposio que dende 2001 desenvolve cada ano ininterrompidamente sobre cuestións de interese non só para a comunidade investigadora senón tamén para a comunidade educativa e, mesmo, para a sociedade galega en xeral.
O encontro
A lingua galega no solpor da Idade Media, organizado en colaboración co Consello da Cultura Galega,
dará comezo o día 13 e continuará nas xornadas 14, 20, 21 e 22 de novembro. Nas dúas primeiras sesións trazaranse os perfís do contexto histórico e sociolingüístico en que ese ocaso da lingua se produciu, prestando atención ás dinámicas sociais e políticas da Galicia da época e tamén ás diversas situacións en que daquela se encontraban o castelán, o portugués, o asturiano e o catalán. As outras tres dedicaranse especificamente á lingua galega tardomedieval, ben para analizar os seus declinantes usos escritos, ben para presentar algúns dos cambios internos en que estaba inmersa.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/20 ... _0032.html
Simposio ILG 2014: A lingua galega no solpor da Idade Media
Publicado: 13 Nov 2014, 08:55
por serba
Inauguración do Simposio ILG 2014
Hoxe, xoves 13, ás 17:30 h no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía terá lugar a inauguración do Simposio ILG 2014:
A lingua galega no solpor da Idade Media. Logo da sesión inaugural haberá tres conferencias sobre a fin da Idade Media, que estarán seguidas por un coloquio. Na seguinte sesión, venres 14 de novembro, analizarase a situación do asturiano e do catalán no medievo. O simposio terá continuidade o xoves 20, o venres 21 e o sábado 22 de novembro.
http://ilg.usc.es/gl/novidades/inaugura ... o-ilg-2014
ILG: Instituto da Lingua Galega
Publicado: 18 Dic 2014, 12:25
por serba
ILG: "Memoria de actividades 2013"
Publicado: 23 Dic 2014, 11:44
por serba
Memoria de actividades 2013
Edita Instituto da Lingua Galega. Universidade de Santiago de Compostela.
http://ilg.usc.es/sites/default/files/d ... c_2013.pdf
"Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa"
Publicado: 28 Ene 2015, 17:08
por serba
Este xoves 29 será presentado en rolda de prensa o volume
Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa, do que son editores
Xulio Sousa,
Marta Negro Romero e
Rosario Álvarez.
O acto terá lugar no Consello da Cultura Galega ás 12:00 h e nel intervirán Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Ernesto González Seoane, director do ILG, e Xulio Sousa, un dos editores do volume.
http://ilg.usc.es/gl/novidades/presenta ... portuguesa
I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos
Publicado: 13 Abr 2015, 10:34
por serba
O Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas da Universidade Federal da Bahia celebrará entre os días 13 e 15 de abril de 2015 o
I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos, en homenaxe á profesora
Rosario Suárez Albán.
Os investigadores do ILG
Xulio Sousa e
David Rodríguez Lorenzo forman parte da Comisión científica do encontro. David Rodríguez Lorenzo forma parte tamén da Comisión organizadora. Ademais deles, tamén participarán neste congreso os seguintes investigadores do ILG:
● Rosario Álvarez:
"Do Atlas Prévio dos Falares Baianos ao Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués" e
"Galicia doutro lado do Atlántico" [conferencia de clausura]
● Ana Isabel Boullón Agrelo:
"Descrición do sistema antroponímico galego"
● Henrique Monteagudo:
"Do galego ao portugués brasileiro: sistema e comunidade lingüística"
● Gonzalo Navaza:
"Toponimia galega"
http://ilg.usc.es/gl/novidades/i-encont ... os-galegos
I EBEG -
http://www.ebegsalvador-gal.com
A homenaxeada /
Rosario Suárez Albán
http://www.ebegsalvador-gal.com/homenageada
Re: I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos
Publicado: 17 Abr 2015, 10:10
por serba
Telexornal Serán
Primeiro encontro brasileiro de estudos galegos
O Primeiro encontro Brasileiro de Estudos Galegos rendeulle homenaxe a Rosario Suárez, a filla de emigrantes que hai corenta anos fundou na Universidade de Salvador da Baía o primeiro centro dedicado á cultura dos seus ancestros. A Consellería de Cultura promove o congreso. E é que o galego é unha arma para a internacionalización, unha arma que favorece a comunicación con douscentos millóns de persoas.
http://www.crtvg.es/informativos/primei ... os-1089219
(
Rosario Suárez Albán)
Permanencia de léxico antigo no galego actual...
Publicado: 22 Abr 2015, 12:44
por serba
Álvarez Pérez, X. A. /
Varela Martínez, X. /
Santamarina, A. (2006).
Permanencia de léxico antigo no galego actual: o caso de Quiroga. En:
"Lingua e territorio" (pp. 257-308). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega: Instituto da Lingua Galega
http://hdl.handle.net/10347/9949
[4. PRIMEIRAS DOCUMENTACIÓNS ESCRITAS (REFERIDAS Á ONOMÁSTICA) -p. 272 y ss.-
6. A PRESENZA NA TOPONIMIA -p. 285 y ss.-
7. APELIDOS -p. 289 y ss.- ]
Nace Limiar, unha nova colección dixital en acceso aberto do Instituto da Lingua Galega
Publicado: 15 Jun 2015, 19:47
por serba
Gallæcia – III Congresso Internacional de Linguística Histórica
Publicado: 09 Jul 2015, 08:04
por serba
O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela anuncia a celebración de
Gallæcia – III Congresso Internacional de Linguística Histórica, que terá lugar
entre os días 27 e 30 de xullo de 2015 en Santiago de Compostela e que estará dedicado a honrar os profesores
Ramón Lorenzo e
Antón Santamarina.
http://ilg.usc.es/gl/actividades/gallae ... -historica
A imaxe lingüística dos galegos fóra de Galicia. Textos hispánicos do século XVII
Publicado: 13 Jul 2015, 08:44
por serba
Rosario Álvarez Blanco
A imaxe lingüística dos galegos fóra de Galicia. Textos hispánicos do século XVII
Relatorio presentado no
XI Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Bos Aires (Arxentina), 6-8 abril 2015
http://hdl.handle.net/10347/13198
Presentación do volume en homenaxe a David Mackenzie
Publicado: 19 Jul 2015, 19:53
por serba
O próximo
21 de xullo ás 13 h terá lugar a presentación do volume
En memoria de tanto miragre: estudos dedicados ó profesor David Mackenzie, editado por
Francisco Dubert,
Gabriel Rei-Doval e
Xulio Sousa.
No acto, que se celebrará na Biblioteca do Instituto da Lingua Galega, participarán os editores, o director do ILG e o homenaxeado.
http://ilg.usc.es/gl/novidades/presenta ... -mackenzie
III Congreso Internacional de Lingüística Histórica, en Santiago
Publicado: 27 Jul 2015, 08:34
por serba
O III Congreso Internacional de Lingüística Histórica reúne na USC máis de 400 investigadores de Galicia, Portugal e Brasil
O reitor Juan Viaño abre o luns 27 na Facultade de Filoloxía o foro, que homenaxea aos fundadores do ILGA e catedráticos da USC
Ramón Lorenzo e
Antón Santamarina
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/20 ... _0096.html
O III Congreso Internacional de Lingüística Histórica sitúa a USC “no liderado académico no ámbito da lusofonía”, di Viaño
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/20 ... _0101.html
Premio á calidade lingüística a Sandra Belvis Silva (ILG)
Publicado: 01 Dic 2015, 22:27
por serba
A investigadora do ILG
Sandra Beis Silva recibiu o Premio á calidade lingüística na modalidade de traballos de fin de mestrado (TFM), área de Arte e Humanidades, polo seu traballo
Os dicionarios toponímicos: caracterización, análise crítica e proposta, dirixido polo profesor e investigador do ILG
Ernesto Xosé González Seoane.
http://ilg.usc.es/gl/novidades/xi-premi ... inguistica
Estudos de Lingüística Galega, revista excelente
Publicado: 21 Jul 2016, 08:19
por serba
Simposio ILG 2016: Antroponimia e lexicografía
Publicado: 07 Oct 2016, 11:58
por serba
O simposio durará tres días (24-26 de outubro) e terá lugar na Facultade de Filoloxía. O seu obxectivo é o estudo da antroponimia, principalmente en relación coa lexicografía. Articúlase arredor de dous eixes principais. En primeiro lugar, presentaránselles a diversos autores de dicionarios europeos de nomes ou apelidos cuestións comúns do tratamento lexicográfico da antroponimia. No segundo dos eixes, trataranse temas específicos sobre os nomes e os apelidos galegos.
http://ilg.usc.es/gl/actividades/simposio-ilg-2016
"A lingua galega no solpor medieval"
Publicado: 27 Feb 2017, 17:13
por serba
O próximo xoves 2 de marzo ás 12.00 h na Biblioteca do Consello da Cultura Galega presentarase o libro
A lingua galega no solpor medieval, editado polos investigadores do ILG
Ramón Mariño Paz e
Xavier Varela Barreiro.
No acto intervirán Francisco Dubert García, secretario do ILG, Rosario Álvarez, vicepresidenta do CCG, e Xavier Varela, editor do libro.
O volume publícase dentro da colección Ensaio&Investigación do Consello da Cultura Galega.
http://ilg.usc.es/gl/novidades/presenta ... r-medieval
Defensa da tese de doutoramento de Gonzalo Hermo
Publicado: 26 Abr 2017, 15:28
por serba
O martes 2 de maio ás 17 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía terá lugar o acto de defensa da tese de doutoramento de
Gonzalo Hermo González, investigador do Instituto da Lingua Galega.
A tese leva por título
O Tombo de tenzas primeiro (ACS CF 17) (1352-1412): estudo completo e edición das vinte e cinco primeiras tenzas, con especial atención ao elemento onomástico, e realizouse baixo a dirección da profesora Ana Isabel Boullón Agrelo.
http://ilg.usc.es/gl/novidades/defensa- ... zalo-hermo
Estudos de Lingüística Galega Vol. 9 (2017)
Publicado: 03 Ago 2017, 20:42
por serba
ILG: Lingüística Histórica e Toponimia Galego-Portuguesa
Publicado: 19 Ene 2018, 19:29
por serba
Re: ILG: Instituto da Lingua Galega
Publicado: 10 Abr 2018, 19:55
por serba
Revista LaborHistórico
Publicado: 03 May 2018, 18:06
por serba
A
revista LaborHistórico (publicación semestral da Universidade Federal do Rio de Janeiro, especializada na área de Lingüística Histórica Románica e áreas afins), acaba de publicar o seu Volume 3(1), 2017, titulado
Lingüística Galega. A contribución do Instituto da Lingua Galega. O volume está coordinado por Rosario Álvarez e por Henrique Monteagudo, membros do Consello Científico do ILG...
http://ilg.usc.gal/gl/novidades/revista-laborhistorico
-
https://revistas.ufrj.br/index.php/lh/i ... 86/showToc
Nova versión do TILG
Publicado: 20 Jul 2018, 10:42
por serba
O ILG pon á disposición do público unha nova edición do
Tesouro Informatizado da Lingua Galega http://ilg.usc.gal/TILG (TILG). Trátase da versión 4.0
http://ilg.usc.es/gl/novidades/nova-version-do-tilg
A linguaxe no Ribeiro centra a tese doutoral de Eduardo Louredo
Publicado: 12 Jun 2019, 17:24
por serba
O profesor ourensán
Eduardo Louredo presentou na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela a tese de doutoramento titulada
"Variación e cambio lingüístico en tempo aparente: o galego do Ribeiro"...
https://www.laregion.es/articulo/o-ribe ... 76382.html
-
https://usc-es.academia.edu/ELouredo
Re: A linguaxe no Ribeiro centra a tese doutoral de Eduardo Louredo
Publicado: 31 Jul 2019, 15:59
por serba
Simposio ILG 2019. Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional
Publicado: 11 Oct 2019, 11:41
por serba
Defensa da tese de doutoramento de Guillermo Vidal Fonseca
Publicado: 14 Feb 2020, 18:28
por serba
O vindeiro martes 18 de febreiro ás 11.00 horas, Guillermo Vidal Fonseca defenderá na Sala de videoconferencias B03 da Facultade de Filoloxía a súa tese de doutoramento
O Val de Barcala e as súas bases lingüísticas galegas no catastro de Ensenada (século XVIII),..
http://ilg.usc.es/gl/novidades/defensa- ... al-fonseca
Novo recurso dixital: Patrimonio léxico da Gallaecia
Publicado: 24 Feb 2020, 16:42
por serba
En
http://ilg.usc.gal/plg/ tendes á vosa disposición unha nova ferramenta elaborada no Instituto da Lingua Galega e que permite consultar as denominacións correspondentes a unha serie de conceptos na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como a distribución cartográfica de tales denominacións.
http://ilg.usc.es/gl/novidades/novo-rec ... -gallaecia