Premios de Artesanía

Noticias de historia familiar
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18911
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Premios de Artesanía

Mensaxe por serba » 21 Dec 2012, 08:15

Santiago, 20 de decembro de 2012.- A Xunta de Galicia, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño da Consellería de Economía e Industria, ven de resultar finalista da sétima edición dos Premios Nacionais de Artesanía na categoría Promociona para Entidades Públicas. O comité de avaliación recoñece, deste xeito, o importante labor de fomento e promoción do sector artesán galego impulsado polo Executivo autonómico en materia de artesanía.

Por outra banda, cómpre salientar, tamén, que Asteleiros Triñanes Domínguez S.L. resultou finalista na categoría Premio Nacional de Artesanía. Este obradoiro de carpintería de ribeira, a cargo do artesán Xerardo Triñanes, ten sede en Boiro (A Coruña) e a súa traxectoria caracterízase por unha combinación de tradición e innovación, xuntando as técnicas máis tradicionais de fabricación coa incorporación das últimas innovacións aparecidas no mercado.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... -artesania
- O obradoiro artesán Asteleiros Triñanes Domínguez, adicado á carpintería de ribeira, finalista na categoría de “Premio Nacional” de Artesanía
http://certo.es/index.php?page=asteleiros_trinanes

http://www.asteleirostrinanes.com
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18911
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Domingo Ayaso, Premio Traxectoria nos Premios de Artesanía de Galicia

Mensaxe por serba » 21 Dec 2015, 16:12

O mestre | 19/12/2015

Onte entregouse en Compostela o Premio Traxectoria a Domingo Ayaso, o último mestre construtor de dornas cuxo taller está en Aguiño. Este premio dentro dos Premios de Artesanía de Galicia recoñece unha traxectoria de 50 anos construíndo dornas, 50 anos de traballo como carpinteiro de ribeira. Ayaso é a cuarta xeración de carpinteiros de ribeira construtores de dornas. O seu bisavó iniciou unha saga que remata con Domingo porque non hai ninguén na familia que continue co seu taller.

http://www.culturamaritima.org/node/19968
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18911
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Domingo Ayaso, Premio Traxectoria nos Premios de Artesanía de Galicia

Mensaxe por serba » 11 Set 2019, 15:07

Representa a la cuarta y última generación de una familia de constructores de embarcaciones de Aguiño, un complejo arte que corre riesgo de desaparecer

Antón Parada | Ribeira
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/s ... P52993.htm
serba escribió:
21 Dec 2015, 16:12