Página 1 de 1

Galipedia

Publicado: 08 Mar 2013, 12:34
por serba
A USC colabora este sábado 9 na celebración do décimo aniversario da Galipedia que terá lugar no Colexio Maior Fonseca (Campus Vida), unha iniciativa posta en marcha por Wikimedia España, organización sen ánimo de lucro que tenta fomentar os contidos educativos libres.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/20 ... _0043.html

Chega o primeiro 'editatón' da Galipedia

Publicado: 03 Nov 2014, 22:07
por serba
Marcos Pérez Pena
A Galipedia necesítate! Este sábado 8 de novembro a comunidade galega da enciclopedia en liña Wikipedia celebra o seu primeiro editatón, un evento que procura, sobre todo, dous obxectivos: por unha banda incorporar á enciclopedia entradas que até agora non contan coa súa correspondente información en lingua galega ou mellorar esta información, no caso de que estea incompleta. Por outro lado, búscase visibilizar a comunidade da Wikipedia galega, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación de novas persoas.
A actividade terá como temática central o Día da Ciencia en Galego, que se celebra este martes 4 de novembro. É por iso que os termos que se insta a incluír ou a actualizar teñen que ver en boa medida coa ciencia e con científicos e científicas galegas. Ademais, o evento está organizado pola Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo (que acolle as sesións, a partir das 10.30 horas), Proxéctate en galego, ademais de pola comunidade xestora da Galipedia. Colaboran, así mesmo, Wikimedia España e a Nerd Nite Compostela.
http://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/8 ... -galipedia

Galipedia

Publicado: 31 Mar 2015, 17:43
por serba
Os vindeiros 16 e 17 de abril celebraranse na Facultade de Informática da Universidade da Coruña as primeiras xornadas Coñece a Galipedia na UDC, unha mestura entre unha xornada de portas abertas e unha wikimaratón da Galipedia. Estas xornadas, promovidas pola Facultade de Informática da UDC, GPUL e a Galipedia, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da UDC, pretenden achegar a enciclopedia libre en galego a todas as persoas interesadas.

Cartaz da wikimaratónhttp://praza.gal/xornal/uploads/fotos/foto/551a48eedb606-wikimaraton_da_galipedia_na_udc.png Páxina do evento - https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia ... dia_na_UDC

http://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/9 ... ada-na-udc

UDC: Wikimaratón da Galipedia na Facultade de Informática

Publicado: 15 Abr 2015, 08:29
por serba
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acolle os vindeiros 16 e 17 de abril as primeiras xornadas “Coñece a Galipedia na UDC”.

http://www.udc.gal/comunicacion/novas/2 ... 0414a.html

Os galipedistas convocan un novo wikimaratón en Lugo

Publicado: 05 Nov 2015, 18:54
por serba
Máis de 125.000 artigos para facer país. A Galipedia, a versión en lingua galega da máis popular das enciclopedias en liña, un dos proxectos máis importantes da breve mais intensa historia de internet, segue a medrar devagariño. Mais de cando en vez, o proxecto galego recibe un pulo excepcional para que aumente o número de artigos e, sobre todo, de colaboradores dispostos a editar os seus contidos. Unha desas ocasións producirase este vindeiro sábado, 7 de novembro, na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, onde se vai desenvolver o Segundo Wikimaratón no marco das actividades arredor do Día da Ciencia en Galego.

http://radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=18116
O galipedista Elisardo Juncal explica o Segundo Wikimaratón
http://173.255.131.18/audio/041115JUNCAL.mp3

- Día da Ciencia en Galego. http://www.foros.xenealoxia.org/viewtop ... =6&t=11823

Queres mellorar a Galipedia? Pontevedra acolle o primeiro Wikimaratón do Audiovisual

Publicado: 25 Nov 2015, 15:13
por serba
Os cibernautas interesados en mellorar os contidos da Wikipedia sobre un determinado tema contan cunha cita no primeiro Wikimaratón do Audiovisual que se vai a desenvolver na Facultade de Ciencias Sociais do campus pontevedrés o vindeiro sábado 28 de novembro. O evento, que se iniciará ás 10.00 horas, está promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Galipedia.

http://pontevedraviva.com/xeral/24200/m ... udiovisual

A Galipedia busca nutrirse de coñecemento universitario

Publicado: 13 Abr 2016, 15:35
por serba
M. Del Río | Vigo

Filoloxía e Tradución acolleu un Wikimaratón organizado pola comisión de Normalización Lingüística

A Galipedia busca nutrirse de coñecemento universitario

A Wikipedia do galego conta con 129.500 entradas e edítanse arredor de 1000 artigos ao día

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=c ... &Itemid=47

Galipedia

Publicado: 19 Jun 2019, 15:51
por serba
A Galipedia busca fotos de case 300 parroquias da provincia de Lugo

https://www.elprogreso.es/articulo/coma ... 82857.html