Página 1 de 1

CCG (Consello da Cultura Galega)

Publicado: 02 Jun 2013, 10:42
por serba
Evento: Migracións e memoria histórica
13 e 14 de xuño
Consello da Cultura Galega
O obxectivo xeral do seminario é avaliar as repercusións migratorias, identitarias, xurídicas e políticas da Lei da Memoria Histórica (2009-2011). Para elo será necesario tamén coñecer a magnitude das correntes migratorias desde Galicia cara outros países, especialmente de América, así como os exilios políticos provocados pola derrota republicana na guerra civil.
http://www.consellodacultura.org/evento.php?id=200137

En directo: Seminario 'Migracións e memoria histórica'

Publicado: 13 Jun 2013, 12:08
por serba
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3321

Programa: http://www.consellodacultura.org/evento.php?id=200137

- 13 DE XUÑO -

09:30 h ... Inauguración do Seminario

10:00 h ... As institucións e asociacións dos españois no mundo
Aurelio Miras Portugal. Director Xeral de Migracións

11:00 h ... Recepción e acollida de asilados políticos na España democrática
Carmiña Escrigas Galán. Oficina de Asilo e Refuxio de España, Ministerio do Interior.
12:00 h ... Pausa

12:30 h ... A xestación da Lei da Memoria Histórica en España
Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea da USC e Investigador principal do Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces
Francisco Caamaño. Catedrático de Dereito Constitucional da Universitat de València e Deputado do
Parlamento de Galicia

14:00 h ... Remate da sesión da mañá

16:30 h ... Transnacionalismo e estratexias interxeracionais de mobilidade
Rodolfo García Zamora. Universidad Autónoma de Zacatecas

17:30 h ... Emigrantes, exiliados, emigrantes. Os españois e a Arxentina nunha perspectiva de
longo prazo
Fernando Devoto. Universidad de Buenos Aires
18:30 h ... Pausa

19:00 h ... Os solicitantes de nacionalidade española: memoria e xeración
Montserrat Golías Pérez. Investigadora, Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI),
Universidade da Coruña

En directo: Seminario 'Migracións e memoria histórica'

Publicado: 13 Jun 2013, 14:44
por serba

En directo: Seminario 'Migracións e memoria histórica'

Publicado: 14 Jun 2013, 09:04
por serba
En directo: http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3326

Programa de hoy - http://www.consellodacultura.org/evento.php?id=200137

- 14 DE XUÑO -

09:30 h ... Cidadáns da memoria histórica
Antonio Izquierdo Escribano. Catedrático de Socioloxía, Universidade da Coruña

10:15 h ... Os netos do exilio
Luca Chao. Investigadora de ESOMI. Universidade da Coruña

10:30 h ... Dereito de Nacionalidade e Disposición Adicional 7ª da Lei 52/2007
Aurelia Álvarez. Profesora titular de Dereito, Universidade de León

11:30 h ... Pausa

12:00 h ... As motivacións e oportunidades migratorias dos solicitantes da Disposición Adicional 7ª da Lei da Memoria Histórica
Raquel Martínez. Profesora de Socioloxía, Universidade da Coruña

13:00 h ... Conferencia de clausura:
O exilio español en México e as súas repercusións na cultura hispanoamericana
Javier Garcíadiego. Director do Colegio de México

14:00 h ... Clausura do Seminario

Re: En directo: Seminario 'Migracións e memoria histórica'

Publicado: 14 Jun 2013, 16:28
por Cristina B
Acabo de ver y escuchar la magnífica conferencia de Javier Garcíadiego “O exilio español en México e as súas repercusións na cultura hispanoamericana”.
Muchas gracias Serba por el aporte!

Máis de 500.000 descendentes de emigrantes...

Publicado: 15 Jun 2013, 08:19
por serba
Buenos días :D

Tenemos la oportunidad de ver el contenido íntegro en Youtube, Cristina.
Es un gran acierto que lo hagan público, así toda la gente interesada tiene la oportunidad de no perderse ninguna de las charlas. https://www.youtube.com/results?search_ ... -DGXM4AXbA

- "Máis de 500.000 descendentes de emigrantes e exiliados españois en Iberoamérica solicitaron a nacionalidade española da man da Lei da Memoria Histórica"

http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3327

- O exministro de Xustiza, Francisco Caamaño, lamentou “a caída no olvido das políticas públicas impulsadas pola Lei da Memoria Histórica”

http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3319

- "Miras demanda una ley de nacionalidad que sirva para cubrir las lagunas de la normativa actual"

http://www.cronicasdelaemigracion.com/a ... 51257.html

CCG (Consello da Cultura Galega)

Publicado: 11 Nov 2013, 10:14
por serba
Publicado el 08/11/2013
Trailer do documental do CCG "30 anos imaxinando país. Consello da Cultura Galega", dirixido por Toño Chouza.
- Enlace: http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3457

30 anos imaxinando pais

Publicado: 11 Nov 2013, 21:17
por kruzul

En directo: Xornada "A música tradicional hoxe" (CCG)

Publicado: 21 Nov 2013, 15:44
por serba
Siga en directo a xornada "A música tradicional hoxe"

A partir das 16.45 h. - http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3478

CCG: 'O século de Xelmírez' -en pdf-

Publicado: 21 Ene 2014, 18:31
por serba
"O CCG reivindica a figura e o papel histórico de Xelmírez coa súa nova publicación"
Esta mañá o Consello da Cultura Galega presentou a ampla obra O século de Xelmírez. Trátase dun amplo estudo que analiza o século XII, definido por Ramón Villares como "fundamental para a Historia de Galicia", a través dos tres eixos nos que o arcebispo Xelmírez deixou unha notable influencia: a historia, a arte e a cultura, e no que colaboran os principais especialistas galegos e destacados expertos internacionais.
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3529
- Pazo de Xelmírez: viewtopic.php?f=6&t=10058

CCG (Consello da Cultura Galega)

Publicado: 27 Ene 2014, 15:19
por serba
"Un documental do CCG recolle a experiencia das mulleres que traballaron nas actividades da minaría na posguerra"
http://culturagalega.org/noticia.php?id=23779

CCG (Consello da Cultura Galega)

Publicado: 17 Mar 2014, 21:01
por serba
O Consello da Cultura Galega (CCG) presenta o martes 18 en rolda de prensa (12:30 horas) o volume “Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas”, que compila tres obras de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928). O acto contará coa presenza do presidente do CCG, Ramón Villares, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o cónsul xeral da República de Cuba, Xosé Antonio Solana, e o autor, Xosé Neira Vilas. http://www.consellodacultura.org/phpThumb/phpThumb.php?src=../mediateca/extras/not_3612.jpg&w=484 http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3612

Seminario Conxuntos históricos no borde marítimo galego

Publicado: 17 Jun 2014, 11:21
por serba
Un seminario analizará os conxuntos históricos do borde marítimohttp://culturagalega.org/phpThumb/phpThumb.php?src=../imaxes/edicion/conxuntos_historicos_maritimos_ccg2014.jpg&w=550
A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acollerá os vindeiros 1 e 2 de xullo o seminario Conxuntos históricos no borde marítimo galego. Con este encontro Coordinado por Iago Seara Morales e Rafael Vallejo e organizado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello, quérese abordar "a problemática destes conxuntos históricos, a súa protección e conservación patrimonial, con especial atención ás vilas de Cambados, Rinlo, Muros e Combarro".
http://culturagalega.org/noticia.php?id=24376
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3751

Seminario Conxuntos históricos no borde marítimo galego

Publicado: 01 Jul 2014, 08:51
por serba
Seminario Conxuntos históricos no borde marítimo galego
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3769

En directo: Os conxuntos históricos no borde marítimo galego

Publicado: 01 Jul 2014, 10:24
por serba
En directo: Os conxuntos históricos no borde marítimo galego
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3770

CCG (Consello da Cultura Galega)

Publicado: 18 Jul 2014, 12:16
por serba
O Consello da Cultura Galega (CCG) aprobou o calendario de actividades para o segundo semestre do ano no marco dunha sesión plenaria ordinaria que tivo lugar no serán deste xoves 17. Entre os asuntos que acometeu o máximo órgano de goberno da institución, destaca a realización dun simposio que abordará os exilios ibéricos en clave comparada e que servirá para homenaxear o 70 aniversario da creación do Consello de Galiza. Ademais, avanzóuselles aos membros do Plenario o proxecto Gallaecia Monumenta Historica, que supón a dixitalización da documentación sobre a Idade Media en Galicia e que será presentado en setembro. Por último, aprobouse a incorporación do director e pianista Maximino Zumalave á Comisión Executiva da entidade.
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3798

CCG: Plan Director do Patrimonio Documental no exterior

Publicado: 31 Jul 2014, 14:33
por serba
30/07/2014
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), e Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a realización de actividades encamiñadas á promoción, conservación e recuperación do patrimonio cultural da emigración galega. Entre elas, destaca a elaboración do Plan Director para a conservación do patrimonio documental das sociedades de emigrantes. [...]
http://consellodacultura.gal/noticia.php?id=3806

CCG: Arquivo da Emigración Galega

Publicado: 03 Nov 2014, 16:37
por serba
Mar Mato | Vigo
El Arquivo da Emigración del Consello da Cultura Galega llega a las 10.000 fotos, impulsado por una campaña de recogida de documentos de colecciones particulares
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultu ... 24467.html

Re: Arquivo da Emigración Galega

Publicado: 07 Nov 2014, 09:46
por serba
PROXECTO DE RECUPERACIÓN DOCUMENTAL E FOTOGRÁFICA DA EMIGRACIÓN GALEGA.
http://consellodacultura.org/aeg/paxinaarq.php?id=3528
Campaña de recollida das coleccións particulares dos nosos emigrantes.
O Arquivo da Emigración Galega pretende ser un espazo de relación permanente, que axude a reconstruír e conservar a memoria colectiva da identidade galega espallada máis alá das nosas fronteiras. http://consellodacultura.org/phpThumb/phpThumb.php?src=../mediateca/extras/avoa_carolina.jpg&w=484Instrucións para colaborar http://consellodacultura.gal/mediateca/ ... _fotos.pdf

Conferencia: O valor do patrimonio oral galego-portugués

Publicado: 12 Nov 2014, 07:41
por serba
A profesora da Universidade de Poitiers, Ria Lemaire, impartirá a conferencia O valor do patrimonio oral galego-portugués. Especialista en Literatura medieval, Literatura Galego-Portuguesa e Brasileira, Ria Lemaire é responsable do Centro Raymond Cantel de literatura de cordel en Poitiers e especialista en estudos comparados das tradicións orais en relación coa cultura escrita.

Organiza: Ponte... nas ondas!

Martes, 19 de novembro ás 19:00 horas
Lugar de celebración - Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro s/n
15705 Santiago de Compostela

http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200247

O CCG pon na rede a Hemeroteca Feminista Galega A Saia

Publicado: 03 Dic 2014, 07:45
por serba
A Saia, Andaina e Festa da Palabra Silenciada son algunhas das revistas publicadas nos oitenta que permiten coñecer a traxectoria dos feminismos e das feministas en Galicia. Estas tres publicacións son as que inauguran o proxecto “Hemeroteca Feminista Galega A Saia”. Unha iniciativa que xorde da colaboración do Consello da Cultura Galega, a través da Comisión de Igualdade, e o Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona. Arredor desta presentación terá lugar a xornada “Xénero e Documentación III”, que se desenvolve nese mesmo serán no Consello da Cultura Galega. Ademais, unha pequena exposición na sede da institución permitirá ver os exemplares destas publicacións.
http://consellodacultura.gal/noticia.php?id=3947
- http://consellodacultura.gal/fondos_doc ... sta_galega

CCG

Publicado: 04 Feb 2015, 19:19
por serba
O Consello da Cultura Galega asina un acordo coa Fundación Filgueira Valverde para dixitalizar documentación do polígrafo pontevedrés
http://consellodacultura.gal/noticia.php?id=4009

Por que deberían os historiadores molestarse en ler novelas?

Publicado: 18 Feb 2015, 20:28
por serba
“Por que deberían os historiadores molestarse en ler novelas?”. Este é un dos puntos de partida da conferencia que Isabel Burdiel, especialista en historia política e cultural, ofrecerá o vindeiro mércores no Consello da Cultura Galega (CCG). Burdiel, que gañou o Premio Nacional de Historia en 2011 cunha biografía sobre Isabel II, é a encargada de abrir a temporada do ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s). A súa conferencia, titulada “Historia, Literatura, Biografía”, xa está dispoñible para consulta no web da institución. A cita terá lugar na biblioteca do CCG o mércores 25 de febreiro ás 17:00 horas.
http://consellodacultura.gal/noticia.php?id=4025

Campaña de recogida de fotos y documentos sobre la diáspora

Publicado: 28 Feb 2015, 17:41
por serba
El Arquivo da Emigración Galega inicia una campaña de recogida de fotos y documentos sobre la diáspora

El material que se recoja servirá para la investigación y difusión no comercial, por lo que no se verán inflingidos ni los derechos del autor, ni los del propietario de las imágenes.

El Arquivo se encargará de digitalizar dichas fotografías o documentos personales, de devolver los originales y de entregar una copia en CD en señal de agradecimiento.

Dicha aportación se puede enviar a través de la dirección electrónica del Arquivo aemigracion@consellodacultura.gal. Los responsables del Arquivo explican que en el caso de que el donante no cuente con medios para hacerles llegar la documentación con la que desea contribuir, puede contactar con ellos a través del correo electrónico, o llamando a las personas de contacto (Carolina García Borrazás y Mª Teresa García Domínguez) a los teléfonos: 881-995143 y 881-995148.

http://www.cronicasdelaemigracion.com/a ... 64606.html

CCG: Publicacións dixitais. Novidades

Publicado: 04 Mar 2015, 12:36
por serba

Centenario das Irmandades da Fala

Publicado: 30 Mar 2015, 11:50
por serba
O Consello da Cultura celebrará cun amplo programa de actividades o centenario das Irmandades da Fala

http://consellodacultura.gal/noticia/4085

CCG: "Converxencia dixital das institucións da memoria"

Publicado: 18 Abr 2015, 16:44
por serba
Arquivos, bibliotecas e museos son as “institucións da memoria” dun país. As súas diferenzas estiveron sempre claras ata a chegada do contexto dixital, que fixo que se esvaecesen os límites e se abrisen novos retos para os usuarios pero tamén para os profesionais. Sobre eles falarán especialistas e responsables da súa xestión nas xornadas “Converxencia dixital das institucións da memoria”, que o Consello da Cultura Galega organiza os días 6 e 7 de maio. Está aberto o prazo de inscrición e hai cen prazas.

http://consellodacultura.gal/noticia/4115

Presentación da publicación Invisible Inmigrants

Publicado: 19 Abr 2015, 17:55
por serba
http://consellodacultura.gal/phpThumb/phpThumb.php?src=../mediateca/extras/20150417_InvisibleImmigrants_COVER.jpg&w=303 O Consello da Cultura Galega acolle o vindeiro mércores 22 a presentación de Invisible Inmigrants, publicación que rememora o periplo dos españois, boa parte deles galegos, que viaxaron durante a vaga de emigración europea aos Estados Unidos de América. A presentación contará coa asistencia dos autores da publicación, Luis Argeo e James D. Fernández; xunto con Anthony Carreño, representante do Centro Español de Tampa (Florida); Laura Goyanes, descendente de galegos, e Pilar Cagiao, membro do Arquivo da Emigración Galega.

http://consellodacultura.gal/evento/200298
http://www.elcorreogallego.es/santiago/ ... cia-927074
http://www.foros.xenealoxia.org/viewtop ... 459#p35853

O Consello da Cultura Galega recibe a doazón de documentación de Ramón Iglesia Parga

Publicado: 15 Jun 2015, 19:49
por serba
O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, recibiu esta mañá documentación de Ramón Iglesia Parga (Santiago de Compostela, 1905- Madison, Wisconsin, 1948), unha das figura destacadas da historiografía colonial americana da xeración do 27, entregado polo seu neto, Pablo San Juan Iglesia. O material está composto principalmente fichas bibliográficas deste descoñecido pero interesante historiador e bibliotecario antes do seu exilio americano en 1938.

http://consellodacultura.gal/noticia.php?id=4203

CCG (Consello da Cultura Galega)

Publicado: 19 Jun 2015, 07:54
por serba
O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, é investido Doutor Honoris Causa pola Universidade do Minho

http://consellodacultura.gal/noticia/4205

O Consello da Cultura presenta Setestrelo, a súa canle de divulgación científica en Internet

Publicado: 07 Jul 2015, 11:28
por serba

O Consello da Cultura Galega homenaxeará as Irmandades da Fala e a Manuel María en 2016

Publicado: 10 Nov 2015, 15:25
por serba

CCG: avance da programación de 2016

Publicado: 16 Ene 2016, 15:58
por serba
O Consello da Cultura Galega realizou no serán deste xoves unha sesión plenaria extraordinaria na que deu conta do balance de actividades de 2015 e fixo un avance da programación de 2016.

http://consellodacultura.gal/noticia/4405

O Consello da Cultura recupera o legado da emigración na construción da identidade galega cunha exposición e cun libro

Publicado: 23 Feb 2016, 15:21
por serba
O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentaron esta mañá dúas accións encamiñadas a recuperar o legado da emigración. Dunha banda, deron a coñecer un libro que revisa a figura de Eliseo Pulpeiro fundador de Céltiga, cabeceira que xogou un papel crucial no proceso de afirmación e desenvolvemento do galeguismo entre as comunidades galegas de América. Da outra, ofreceron unha visita por Galicia Imaxinada, a exposición que visualiza de xeito gráfico a influencia da emigración na creación dos símbolos de Galicia e que se inaugura pola tarde (20:00 horas). A presentación contou coa presenza da filla de Eliseo Pulpeiro, Sylvia Pulpeiro e o investigador Pablo Rodríguez.

http://consellodacultura.gal/noticia/4450
- Enlace: http://elprogreso.galiciae.com/noticia/ ... n-mi-padre

“Encontros monográficos co Patrimonio Cultural”

Publicado: 01 Abr 2016, 17:50
por serba
O Museo das Peregrinacións acaba de ampliar a súa sede e crear unha sala de exposición permanente na praza das Praterías. O proceso técnico deste cambio acapara a cuarta das xornadas dos “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural” que organiza o Consello da Cultura Galega (CCG). A cita terá lugar o vindeiro 8 de abril e acaba de abrir a inscrición a través do web da institución.

http://consellodacultura.gal/noticia/4491

CCG: "Patrimonio e Comunicación. Novos paradigmas"

Publicado: 18 Abr 2016, 16:12
por serba
http://consellodacultura.gal/phpThumb/phpThumb.php?src=../mediateca/extras/patrimonio_comunicacion.JPG&w=303Xornadas Patrimonio e Comunicación. Novos paradigmas

Consello da Cultura Galega
Santiago de Compostela
28 e 29 de abril de 2016


http://consellodacultura.gal/mediateca/ ... on-DEF.pdf

O Consello da Cultura Galega presenta a exposición Galicia 100

Publicado: 30 Abr 2016, 16:06
por serba
O Consello da Cultura Galega presentou a exposición Galicia 100, un proxecto expositivo que pretende contar a cultura galega a través de cen obxectos desde o Paleolítico ata os anos 90 do século XX. A exposición, realizada en colaboración con Afundación e comisariada por Manuel Gago, comezará en Santiago de Compostela o 10 de maio, na sede desta entidade na rúa do Vilar, para posteriormente itinerar a á Coruña e Vigo. Pero Galicia 100 é moito máis: unha publicación, unha app, vídeos emitidos en Internet e no programa Zigzag da Televisión de Galicia, recreacións de modelos 3D, animacións de pezas e moito máis que se irá desvelando nas vindeiras semanas. Podes seguir os contidos que se están a publicar nas redes sociais e no web do Consello da Cultura Galega.

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=26349
- Colar da Chousa Nova (Silleda). (25 abril)
A arqueóloga María José Bóveda explícanos un dos grandes achados da prehistoria de Galicia. Unha produción da exposición Galicia 100 do Consello da Cultura Galega.
https://www.youtube.com/watch?v=7qHQi4KL8GA

- Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade. (25 abril) https://www.youtube.com/watch?v=nCPm10RWFCM

- A Tabula Hospitalis de Castromao. (26 abril) https://www.youtube.com/watch?v=K2UEyq0259I

- Lápida de San Pedro de Rocas. (28 abril)
O historiador José Miguel Andrade explícanos, a través desta lápida, as orixes dos mosteiros galegos.
https://www.youtube.com/watch?v=DZ3x0M5WpUw

- Foro do Burgo de Caldelas. (29 abril)
O filólogo Henrique Monteagudo explícanos este documento, un dos primeiros textos escritos en galego que conservamos.
https://www.youtube.com/watch?v=NT7cC8WhQTw

CCG: exposición Galicia Cen

Publicado: 21 May 2016, 17:08
por serba
"Un dos obxectos máis fotografados da mostra é a famosa bata de Goa"

Manuel Gago, comisario de 'Galicia Cen', falou en Radio Obradoiro da exposición que promove o Consello da Cultura Galega // Máis de 1.000 persoas pasaron a vela na sede de Afundación en Santiago

http://www.elcorreogallego.es/portada/e ... cia-998267

"Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras (Ribadeo e o Río da Prata)"

Publicado: 30 Jun 2016, 14:38
por serba
http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2016_Eliseo-Pulpeiro-As-letras-galegas-entre-duas-ribeiras-Ribadeo-e-Rio-da-Prata.jpgO presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o investigador Pablo Rodríguez presentan mañá venres en Ribadeo (20:30 horas) o libro Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras (Ribadeo e o Río da Prata). A obra revisa a figura de quen foi fundador de Céltiga, unha cabeceira crucial no proceso de afirmación e desenvolvemento do galeguismo entre as comunidades galegas de América. Non é a única actividade da institución nesta localidade lucense, xa que pola mañá (12:30 horas) inaugura Galicia Imaxinada, a exposición que visualiza de xeito gráfico a influencia da emigración na creación dos símbolos de Galicia.

http://consellodacultura.gal/noticia/4644
[Presentación da dixitalización da revista Céltiga
http://www.foros.xenealoxia.org/viewtop ... =6&t=10963]

Exposición Galicia 100

Publicado: 25 Ene 2017, 12:02
por serba
Galicia 100
Afundación. Vigo. 24 de xaneiro ao 25 de marzo

http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200528

“Anna Turbau. Galicia, 1975-1979”

Publicado: 18 Dic 2017, 12:06
por serba
O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, e a editora da obra, Natalia Poncela, presentaron esta mañá “Anna Turbau. Galicia, 1975-1979”, a publicación que recolle unha parte significativa do legado que a fotógrafa Anna Turbau (Barcelona, 1949) cedeu ao CCG. A publicación, xunto coa exposición, comisariada por Margarita Ledo (Pazo de Fonseca, ata o 16 de xaneiro), permiten ver os conflitos sociais, políticos e humanos cos que a fotógrafa se atopou a finais dos anos setenta...


15/12/2017 - http://consellodacultura.gal/noticia.ph ... po=noticia

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 16

Publicado: 21 Ene 2018, 11:06
por serba
Castro de San Lourenzo
San Pedro de Cereixa (A Pobra do Brollón)
Martes, 30 de xaneiro de 2018

http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200634

Exposición: "Juan Cancelo, Illa rota, da II República ao franquismo"

Publicado: 30 Ene 2018, 11:49
por serba
Juan Cancelo formou parte dese reducido grupo de fotógrafos que combinou o seu traballo profesional no xornal coruñés El Ideal Gallego, no que traballou más de medio século...

Juan Cancelo, Illa rota, da II República ao franquismo
Sala de Exposicións do Pazo Municipal da Coruña
30 de xaneiro - 22 de marzo
Organiza: Consello da Cultura Galega


http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200636

- http://www.laopinioncoruna.es/contrapor ... 58436.html

As primeiras Medallas de Honra do CCG celebran o traballo da diáspora e a acción cultural galega no exterior

Publicado: 28 May 2018, 15:50
por serba
Nun emotivo acto celebrado no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, entregáronse hoxe pola mañá as primeiras Medallas de Honra do Consello da Cultura Galega. Os galardoados foron Pablo Figueroa Dorrego, Ana Paula Leborinho e, a título póstumo, Francisco Lores Mascato...

http://consellodacultura.gal/noticia.ph ... po=noticia

O Consello da Cultura Galega sube á rede nova documentación das publicacións feministas

Publicado: 11 Mar 2019, 17:31
por serba
“Lúa Nova”, “Alborada” e “Abrente” son as tres cabeceiras que saen nesta nova actualización do proxecto “A Saia”, espazo de documentación en rede que pretende condensar todas as publicacións relacionadas co feminismo en Galicia.

http://consellodacultura.gal/noticia.ph ... po=noticia

Re: CCG (Consello da Cultura Galega)

Publicado: 18 Abr 2019, 17:03
por serba
Seíam'eu... en San Simón
A CULTURA MEDIEVAL Á LUZ DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Illa de San Simón - Venres, 26 de abril de 2019

http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200800

O Consello da Cultura pon na rede os seus materiais sobre Antonio Fraguas

Publicado: 03 May 2019, 18:53
por serba
Pódense consultar unha escolma das fotografías e dos arquivos sonoros

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=29862

- viewtopic.php?f=6&t=2776#p45900

O CCG reedita os primeiros traballos etnográficos de Antonio Fraguas

Publicado: 13 May 2019, 17:05
por serba

O Consello da Cultura Galega asina un convenio coa familia de José Arriola para a cesión de fondos

Publicado: 03 Jul 2019, 16:24
por serba
A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, e o representante da familia de José Arriola, Fernando López Martínez, asinaron esta mañá un convenio polo que se cede ao CCG unha colección de partituras e documentación familiar relativa ao compositor.

Fotografías, documentos persoais, recortes de prensa e a colección completa de partituras entre as que figuran 5 inéditos, este é o material que, desde hoxe, se depositará no Arquivo Sonoro de Galicia, unidade dependente do Consello da Cultura Galega. A cesión implica o soporte material pero non os dereitos dos mesmos.

http://consellodacultura.gal/noticia.ph ... po=noticia
- viewtopic.php?f=6&t=7016

O CCG sube á rede tres documentos de Martín Sarmiento

Publicado: 13 Mar 2020, 18:46
por serba
Para celebrar os 325 anos do nacemento de Martín Sarmiento, o 9 de marzo de 1695, o Consello da Cultura Galega subiu á rede unha escolma de tres documentos do numeroso fondo do intelectual pontevedrés que o Consello da Cultura Galega ten dixitalizado...

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=30864

CCG: Exposicions

Publicado: 16 Mar 2020, 16:00
por serba
Explora en liña as nosas mostras

http://consellodacultura.gal/exposicions

O Consello da Cultura Galega pon en liña o filme estreado en 1989

Publicado: 10 Abr 2020, 18:10
por serba
Urxa, o máis descoñecido dos primeiros filmes en galego

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=30940

CCG (Consello da Cultura Galega)

Publicado: 28 Abr 2020, 19:07
por serba
O CCG reúne nun especial as novidades en intervencións sobre patrimonio cultural nos últimos anos

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=31037

- http://consellodacultura.gal/especiais/ ... /index.php

CCG

Publicado: 03 May 2020, 19:48
por serba
O día 1 de maio do ano 1800 nacía a primeira cabeceira galega, El Catón Compostelano...

http://consellodacultura.gal/noticia.ph ... po=noticia