Noticias e bandeira de un rexemento militar en Santiago

Todo sobor das armas dos persoeiros e as súas liñaxes
Responder
Avatar de Usuario
transduriano
Novo
Novo
Mensajes: 4
Registrado: 13 May 2003, 09:00
Ubicación: Comarca de Santiago
Contactar:

Noticias e bandeira de un rexemento militar en Santiago

Mensaje por transduriano »

Na procura da miña xenealoxia, descubrin un ascendete meu que foi sarxento no ´regimiento de Santiago de Compostela´ en 1816 Jose Alvarez.

Se alguen coñece este rexemento gustariame que se puxera en contacto conmigo, para obter información sobre el. Gustariame sobretodo coñecer o seu emblema ou bandeira e se podese ser cando se fundou e as suas circunstancias, a sua historia, e tamen cando desapareceu, xa que agora non existe.

Se alguen o coñece pode poñerse en contacto conmigo na seguinte direción: <a href="mailto:transduriano@hotmail.com" target="_new">transduriano@hotmail.com</a>
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

noticias e bandeira de un rexemento militar en Santiago en 1

Mensaje por Per »

Sin dubida tratase do Rexemento Provincial de Santiago de Compostela. a mais da sua bandeira Coronela, que era identica a de todos os rexementos do reino, adoitaba levar a que usa na actualidade a cidade de Compostela (de coor vermello envellecido o que a fai representar as veces como Purpura) figurando as armas da cidade con cruz de Santiago acolada o escudo que se timbra con coroa real (en troques das armas da cidade na que a coroa representa o señorio do arcebispo) é orlandose con coroa de Loureiro.
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

noticias e bandeira de un rexemento militar en Santiago en 1

Mensaje por Per »

Uniforme do rexemento provincial de Santiago De compostela:

Axustase a o Estado Militar de 1815.

Guerrera de cor azul mariño, con voltas vermellas en cuello, puños é faldons do Fraque, vivo de cor blanco é botonaduras plateadas xuntamente con as hombreiras de (cepillo).pantalons azul mariño é zapatos nas clases de tropa, pantalon branco de montar é botas altas nos oficiais.
Responder