Unha Casa Museo para Manuel María

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Unha Casa Museo para Manuel María

Mensaje por serba »

A Casa Museo constitúe o obxectivo central da Fundación. Esta concibida como un espazo físico onde se dea acollida á biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado con Manuel María e que sirva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego, e en especial entre as novas xeracións.

1.- Suporá a restauración dunha vivenda que é prototipo da casa chairega. Para iso o proxecto contempla o derrube dun engadido que presenta a actual edificación co fin de que os visitantes poidan achegarse non só a unha das figuras máis importantes da literatura galega, senón tamén a unha interesante mostra do rico patrimonio artístico-cultural da Chaira luguesa.

2.- Os fondos que vai acoller a Casa Museo son de tal significación e singularidade que lle confiren unha relevancia incuestionable que servirá de atractivo para a visita de numerosas persoas. A título indicativo enumeramos os seguintes:

a) Un fondo artístico moi importante, que inclúe obras de Castelao, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Laxeiro, Luís Seoane, Sucasas, Alfonso Abelenda, Manuel Torres, Blas Lourés, Felipe-Senén, Raimundo Patiño, Xavier Pousa, Argüelles, Balboa, Díaz Pardo, Castro Gil...

b) Unha BIBLIOTECA que contén quizais a mellor colección particular do libro galego ou sobre Galicia desde a postguerra até a actualidade.

c) Numerosos documentos manuscritos de persoas relevantes da cultura galega coas que Manuel María mantivo estreita relación: Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego...

d) Diferentes coleccións de obxectos particulares de Manuel María que servirán para ambientar a propia casa.

e) Os elementos convencionais das Casas Museo que achegan á obra e á figura que se referencia.

3.- O servizo que debe supor para os veciños e veciñas de Outeiro de Rei o dispor dunhas instalacións e uns servizos no mesmo centro da vila. Neste sentido destacan as seguintes cuestións:

a) A intención de poñer a disposición do público os servizos da biblioteca xeneralista que se aloxará no edificio.

b) O desfrute da finca que actualmente é propiedade da Casa de Hortas e que é desexo da Fundación que pase a ser de acceso público durante o día. Para iso o proxecto contempla o seu acondicionamento e axardinamento.

c) A disposición dun salón de actos cunha capacidade aproximada de 100 persoas onde se poidan celebrar non só as actividades da Fundación senón tamén as que programen outras entidades públicas e privadas.

http://www.manuelmaria.com/estaticas/ve ... 72E9?id=14



PD: Espléndida conmemoración a D. Manuel María Fernández Teixeiro.
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Unha Casa Museo para Manuel María

Mensaje por serba »

"Manuel María retoma actualidade cun libro, un disco de Uxía e un filme"

17/10/2012 - Jaureguizar / El Progreso (Lugo)

Manuel María volve estar de actualidade pasados dez anos do seu pasamento coa publicación do libro inédito ‘Os lonxes do solpor’. A obra irá acompañada polo disco ‘Andando a terra’, na que Uxía interpreta trece cancións construídas a partir de poemas do escritor e máis polo documental ‘De amor e cantería’, de Píxel, que gañou o ano pasado un premio Mestre Mateo.

A fundación que leva o nome do autor chairego reuniu os tres materiais nun produto multiformato que presentou onte en Santiago nun acto que contou coa presenza da viúva do protagonista, Saleta Goy.

O secretario da entidade, Alberte Ansede, explicou onte que os 33 poemas de ‘Os lonxes do solpor’ estaban preparados por Manuel María para a súa edición, pero non chegou a realizarse. Os textos, escritos contra a fin dos 80, son fillos do seu tempo.

Ansede diferenza «tres partes no poemario: a palabra, a terra e o tempo». Sobre a primeira, remarca que o poeta poñía «especial énfase no tema da comunicación como elemento vivido do ser humano». A respecto das outras dúas, resume o seu espírito afirmando que «non están vinculadas a coxunturas concretas; non é tanta unha poesía de compromiso, do directo, senón que se centra máis no permanente do pobo galego».

http://elprogreso.galiciae.com/nova/203771.html


- Más información: http://www.manuelmaria.com/novidades/ver.htm?id=32
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Unha Casa Museo para Manuel María

Mensaje por serba »

Artículo de Felipe Senen.

"A casa do poeta Manuel María en Outeiro de Rei"
http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2 ... 55032.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Presentación de "Os lonxes do solpor", de Manuel María

Mensaje por serba »

http://axendaaelg.blogaliza.org/files/2012/11/Manuel-Mar%C3%ADa-145x150.jpg
O xoves 29 de novembro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela, preséntase o libro+CD+DVD
Os lonxes do solpor
,de Manuel María, publicado pola Fundación do autor chairego.
http://axendaaelg.blogaliza.org/2012/11 ... uel-maria/


- Vídeo:

Publicado el 18/09/2012 por ManuelMariaFundacion:
Video promocional de ANDANDO A TERRA. UXÍA CANTA A MANUEL MARÍA. Publicación conxunta co libro OS LONXES DO SOLPOR obra inédita de Manuel María e o dvd DE AMOR E CANTERÍA, premio Mellor obra experimental Mestre Mateo 2011 sobre poemas de Sonetos á casa de Hortas.
- Vídeo:
Publicado el 07/09/2012 por Juan Fernán Bello

Homenaxe a Manuel Maria 2012, no VIII Aniversario do seu pasamento.
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

A Casa Museo Manuel María inaugurarase o día 7 de setembro

Mensaje por serba »

Despois de levar a cabo as obras de remodelación da casa natal do escritor para convertela en Casa Museo, está prevista a súa inauguración para o sábado 7 de setembro.
http://www.manuelmaria.com/portada.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
Cristina B
Administrador
Administrador
Mensajes: 1082
Registrado: 10 Ago 2005, 09:00

A Casa Museo Manuel María inaugurouse hoxe

Mensaje por Cristina B »

A memoria de Manuel María xa recibe visitas en Outeiro de Rei
A Casa de Hortas xa é tamén Casa Museo Manuel María. A vivenda que pertenceu á familia do poeta e na que naceu o autor de «Elexías á miña vida pequeniña» xa é un lugar onde se garda a memoria do escritor e se amosan obxectos vencellados coa súa vida e coa súa obra.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lu ... 658486.htm
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Unha Casa Museo para Manuel María

Mensaje por serba »

Amigos dos Museos de Galicia realizará el domingo 24 de noviembre un viaje cultural a Terra Cha en homenaje al poeta Manuel María. La inscripción está abierta y quienes deseen apuntarse a la excursión deben informarse llamando al teléfono 981 210 101.
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/20 ... 81271.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Manuel María

Mensaje por serba »

"Aparece un poema descoñecido de Manuel María publicado por Camilo José Cela"
O profesor de Ribadeo, Xesús Fernández Acevedo vén de publicar no seu blog un poema de Manuel María que non está recollido na súa Obra poética completa. Trátase dunha composición publicada en 1957 na revista Papeles de Son Armandáns, dirixida por Camilo José Cela.
http://www.sermosgaliza.com/articulo/cu ... 23340.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Casa Museo de Manuel María (Outeiro de Rei)

Mensaje por serba »

A Casa Museo de Manuel María acollerá o Convivio da Cultura Galega o 12 de xullo
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela, coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, organiza o Convivio da Cultura Galega que terá lugar o sábado 12 de xullo na Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei. A Mesa pola Normalización Lingüística participará cun posto de información e venda de material.
http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/659
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Unha Casa Museo para Manuel María

Mensaje por serba »

A Irmandade Manuel María conmemora o décimo cabodano do poeta da Terra Chá o 8 de setembro
Felipe Senén recibirá a "Navalla do Manuel" que tamén se entregará a Suso Vaamonde "In Memoriam" durante o acto que se celebrará o vindeiro luns 8 de setembro en Outeiro de Rei.
http://www.terrachaxa.com/novas/irmanda ... e-setembro
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Unha Casa Museo para Manuel María

Mensaje por serba »

A Coruña: presentación da Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974)
O martes 21 de outubro, no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase a Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974), publicada pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos. No acto participan os responsábeis da edición, Xosé Manuel Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro, acompañados por Xosé Ramón Freixeiro Mato. Posteriormente abrirase un coloquio co público presente. http://axendaaelg.blogaliza.org/files/2014/10/1546425_547247265408771_3128800503444807537_n.jpg http://axendaaelg.blogaliza.org/2014/10 ... -1951-1974
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Fundación Manuel María de Estudos Galegos

Mensaje por serba »

Nemesio Barxa

O passado dia 9 constituia-se em Outeiro de Rei, na Casa Museo Manuel Maria, o Padroado da FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS que ficou integrado polos representantes das instituções ás que Manuel Maria distinguiu com legados, nomeadamente a Academia Galega, a Universidade de Santiago de Compostela e a Deputação de Lugo (repesentadas por Margarita Ledo, Manuel Ferreiro e Mario Outeiro, respectivamente), grupo de pessoas mais próximas á obra e relacionadas com Manuel (entre elas Xosé Freixedo Mato, Xosé Estévez, Felipe Senen, Nemésio Barxa, Francisco Rodríguez, Camilo Gómez Torres, López Foxo) outro grupo de voluntarios que forom colaboradores nas labouras de selecção, traslado e colocação dos fondos, múltimple documentação e papeis e os mais de 12.000 volumes que constituia a biblioteca de Manuel, Maria, Xosé Manuel Perez, director do inventario de documentos e publicações do poeta e os imprescindiveies Saleta Goy, sua viuva, e Alberte Ansede (presidenta e segredario), verdadeiros artífices da estupenta realidade que é hoje a Casa Museo em Outeiro de Rei.

http://www.sermosgaliza.gal/opinion/nem ... 37514.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Outeiro de Rei: 2º Convívio da Cultura Galega

Mensaje por serba »

Durante toda a tarde, as persoas que o desexaren poderán visitar a Casa-Museo Manuel María (con visita guiada).
http://axendaaelg.blogaliza.org/files/2015/06/10995389_669615503171946_2441754798931090968_n.jpg http://axendaaelg.blogaliza.org/2015/06 ... 1-de-xullo
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María

Mensaje por serba »

Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María

http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-co ... nuel-maria
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Libro de Mercedes Queixas Zas: Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María

Mensaje por serba »

http://www.editorialgalaxia.es/imxd/noticias/imx/1459407851Labrego.jpg
As librarías Contos e Ramón Cabanillas de Cambados, e a Editorial Galaxia organizan a presentación do libro de Mercedes Queixas Zas, Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, que se celebrará o vindeiro venres 1 de abril ás 20 horas no Auditorio municipal (Rúa San Francisco s/n). A autora estará acompañada pola representante da Editorial Galaxia, Pichi Suarez Vicente. Durante o acto actuarán os cantautores Xoán Silva e Blas.

http://www.editorialgalaxia.es/actualid ... ticia=3187
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Convivio da Cultura Galega

Mensaje por serba »

O 9 de xullo celebraremos un novo CONVIVIO DA CULTURA GALEGA na Carballeira de Santa Isabel de Outeiro de Rei

Impulsado por terceiro ano consecutivo desde a Casa-Museo Manuel María, a Federación Galiza Cultura de asociacións culturais galegas e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/not ... ACTIVIDADE
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Simposio Manuel María analizará a vida e obra do autor da man de máis de vinte expertos

Mensaje por serba »

A Real Academia Galega celebrará os vindeiros días 22, 23 e 24 un encontro que xuntará ao longo de tres tardes máis dunha vintena de persoas expertas en distintos aspectos da obra do protagonista do Día das Letras Galegas de 2016. O Simposio Manuel María continúa a celebración do ano dedicado ao poeta chairego cun programa, aberto a todo o público, no que os relatorios e mesas de debate comparten cartel co recitado dos seus versos, e que concluirá coa proxección do documental sobre o homenaxeado Eu son fala e terra desta miña terra, da académica Margarita Ledo Andión. Todas as actividades se desenvolverán na sede da RAG, na rúa Tabernas, 11 da Coruña.

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Simposio Manuel María

Mensaje por serba »

A Coruña: Simposio Manuel María, do 22 ao 24 de novembro

http://axendaaelg.blogaliza.org/2016/11 ... e-novembro
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O 'Boletín' dedicado a Manuel María recolle vinte contribucións sobre a súa vida e obra

Mensaje por serba »

O número 377 do Boletín da Real Academia Galega xa pode consultarse en versión dixital na sección Publicacións de academia.gal. O volume recolle vinte colaboracións arredor da figura e a obra do poeta chairego presentados nos distintos actos organizados pola institución co gallo do Día das Letras Galegas 2016, do que foi protagonista.

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4

- http://academia.gal/documents/10157/30509/BRAG_377.pdf
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

VI Convivio da Cultura Galega

Mensaje por serba »

A Casa-Museo Manuel María vén de presentar a VI edición do Convivio da Cultura Galega que se celebrará no Campo de Santa Isabel de Outeiro de Rei o 13 de xullo, sábado.

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/act ... ACTIVIDADE
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder