Pazo do Rosal (San Martiño-Moaña)

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Pazo do Rosal (San Martiño-Moaña)

Mensaje por Milleiro »

PAZO DO ROSAL
Situado na freguesia de San Martiño de Moaña. Da sua existencia, xa hai datos en 1525. Entre as pedras armeiras que podemos atopar aparecen os dos Rey, Saavedra, Falcon e Romay, xunto con outros. Existe unha inscripción que di: Don Manuel Saavedra Bermúdez, de Yerba, Suarez de Deza, Romay, Boan, Valcarcel, Sotomayor, Ulloa, Castro, Silva, Varela, Ribadeneira, Abraldes, Portocarrro, Miranda, Oca, Pimentel Osorio e Azevedo, Señor Xurisdiccional dos Cotos de Villalpape, Marzán, Toiriz e Cedrón. Casou con Dona Mª Concepción Costas Arce Montes Castro Araujo Troncoso de Lira. Séc. XIX.
En 1618 era inquilino do Pazo Don Carlos Valcarcel Sotomayor. Foran outros residentes: Alvaro Suárez de Deza e Catalina López de Romai. No 1703 o era Nicolás Saavedra.

NOTA:
1. Xoán Miguel González Fernández:
http://moana.patentes.com/gl/historia/pazos.htm
2. Inventario Pazos y Torres de la Provincia de Pontevedra. Autores: Juan M. López-Chaves Meléndez e Grato E. Amor Moreno.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Pazo do Rosal (San Martiño-Moaña)

Mensaje por serba »

Manuel Uxío García. Investigador de Moaña
Cinco dos muiños que na actualidade está restaurando o Concello de Moaña a través dun obradoiro de emprego do Patronato Beiramar, foron do párroco de Moaña, dende 1706 ata 1762, Francisco Antonio Tavares. Familiar dos propietarios do Pazo do Rosal, compatibilizaba súas labores eclesiásticas coas de administrador dos abondosos bens do Sr. do Rosal. Coa recadación, adquiriu casas, leiras, devesas e os cinco muiños. Converteuse na persoa máis podente de Moaña, despois do seu primo do Rosal. O investigador local Manuel Uxío García indaga na súa historia.
http://www.farodevigo.es/portada-o-morr ... 04667.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

Re: Pazo do Rosal (San Martiño-Moaña)

Mensaje por Per »

A Xenealoxia do Pazo do Rosal, po-lo que atinxe a linaxe Saavedra, remontase a-os abades de Armenteira homónimos Tió e mais Sobriño, que interveñen activamente na construccion do novo templo de San Xinés na vila homónima capital da xusirdiccion da Lanzada, no seu arquivo parroquial atopei material muy interesante sobor desta xente. pois D. Gonzalo de Saavedra (1600) fixo fundación da capela de Nª Señora do Rosario en Sanxenxo. É moi interesante o vencellamento desta familia cos donos da Casa grande de Padriñán (non confundir co pazo do gobernador Prego de Montaos) que foi do escriban Pérez Branco, tamén coñecido como Pérez de Bravos, Pérez de Caldas etc. Tamén emparentados con Saavedra que fincaran no morgado do Revel é da Casa da Viña da Fonte da Laxe (actual Pazo de Patiño) motivo po-lo cal os desta casa soterrabanse "en la capilla mayor en sepulturas de la casa de Saavedra",....
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

Re: Pazo do Rosal (San Martiño-Moaña)

Mensaje por Per »

Por certo, que fan algunhas mandas de fundacións na igrexa de Sanxenxo. Na capela de Nsa Srª do Rosario. Tamén atopei datos na sua xenealoxia que fixen a partires dos libros parroquiais de Sanxenxo, hoxe en proceso de restauración. Mui interesantes que vencellan como queda dito na fundación do pazo dos "Arcos" de Sanxenxo, como tamén se coñecia a Casa dos Patiño ou da Fonte da Laxe. No que atinxe a os fillos do capitán Simón Pereira de Castro, posuidor por un tempo desta casa antes de pasar a os seus curmans os Saavedra Patiño. Tamén é interesante os seus vencellos cos Dominguez do Grove, fundadores da capela de Nosa Señora en Portonovo e de outras mandas das que foron seguidores a estirpe de escribans de apelido Carballa. Pero isto é outra historia que daremos a coñecer no seu momento.
Responder