Apelido SEQUEIRO

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Alex203
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 28 Jun 2024, 14:04

Apelido SEQUEIRO

Mensaje por Alex203 »

Ola, non sei se alguén poderá axudarme. Meu pai apelidábase Sequeiro. Era de Doniños, parroquia de Ferrol ónde este apelido é moi común. A miña avoa tamén era Sequeiro, e oeu bisavó.
O caso é que en Galicia só hai este apelido nun concello lucense e logo en Ferrol (onde é maioritario) e tamén en Narón e algún concello próximo.
En Valdoviño hai unha parroquia chamada Sequeiro, onde se atopa a igrexa de Santa María de Sequeiro. Pero curiosamente non hai alí ningún veciño, nin en todo Valdoviño có apelido Sequeiro, o que me resulta moi raro, xa que por outras parroquias cercanas sí que moita xente leva o nome da parroquia como apelido.
Por outra banda, lín en Internet que hai SEQUEIROS, aínda que este apelido atópase polo sur de Galicia porque parece ser que veu de Portugal na persoa de João de Sequeiros que emparentou cunha filla de Pedro Madruga.
Tamén lín que os "sequeiros" son lugares onde se pón o gran ou castañas, por exemplo, pra secar. Pero é raro que, sendo estos lugares, supoño que algo común, non dera lugar a máis apelidos Sequeiro ou Sequeiros noutras partes de Galicia, xa que en toda a comunidade só levan Sequeiro menos de 300 persoas.
Neste foro lín que unha persoa facía unhas distinción entre Sequeiro e Sequeiros, comentando que o primeiro pode deberse á toponimia, pola parroquia valdoviñesa ou outras que hai cerca e Sequeiros sería o portugués.
O caso é que eu vivo moi preto de Sequeiro de Valdoviño e non atopo nada que me leve a que houbese estes lugares para a seca do gran, os sequeiros, nin tampouco é unha zona de moito cultivo, máis ben é de pequenos bosques e algo de gando, con moitas familias adicadas á pesca pola proximidade có mar (uns poucos quilómetros). Tampouco é unha zona de castaños.
Non sei, paréceme raro que a parroquia leve o Nome de Sequeiro porque houbese algúnha zona pra secar o gran, e tamén que alí ninguén se apelide así, como sí que ocorre en Narón ou Doniños.
Podería ser que algún Sequeiros vise pra o norte e se establecese na zona de Ferrol, Doniños? e co tempo pérdese o ese final do apelido?. Sí é certo que o meu bisavó tiña moitas terras por Doniños e que se adicaban á agricultura, incluso a miña avoa, pero non lembro que houbese ningún sequeiro na casa, nin tampouco pola zona.
Un saúdo
acarboira
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 61
Registrado: 06 Ago 2017, 12:50

Re: Apelido SEQUEIRO

Mensaje por acarboira »

hola
mi bisabuelo, se caso en 1912 en 2ª nupcias con una Sequeiro de Taramundi , el abuelo Sequeiro de ella, era de una aldea de Santa María de Conforto, en el concello de a Pontenova (por entonces Villamea)
un salulo
Responder