Por se podedes axudarme...
...veño de estudar en detalle no Arquivo do Reino de Galicia, un documento de 1657: “NICOLÁS DE ANDRADE CON ANDRÉS CALVO Y OTROS, SOBRE REIVINDICACIÓN POR EL LUGAR DE FIGUEROA Y OTROS BIENES EN SAN LORENZO DE AGUALADA”. Nese documento, xa ao final, indícase que o lugar de Figueroa chegou por troco a mans de un Francisco Damarelle ou De Amarelle, casado con María Suárez. Logo, engade que a devandita María Suárez, xa viuva de Francisco de Amarelle, casou con Domingo Belo. E, literalmente:
"el cual estando casado con María Suárez hubo por su hijo legítimo a Nicolás de Andrade".
¿Alguén sabedes de dónde pode sair ese Nicolás de Andrade, fillo dun Domingo Belo e unha María Suárez? Ben sei que os apelidos, daquela, eran unha feira...pero ten que escoller o "de Andrade" por alguén e por algo (herencias, supoño).
Nicolás, veciño de Santa María de Ferreira, casou con Catalina de Amarelle (outra vez o apelido Amarelle...), filla de Alberto de Amarelle e de Alberta do Busto. Catalina era viuva de Alberto do Anido, de quen tivera, como pouco, tres fillos: Sebastián de Amarelle, Francisco de Amarelle e Lorenzo do Anido. Entre os moitos irmáns de Catalina de Amarelle estaba Pedro do Busto, xuíz ordinario do couto de Agualada.
Calquera axuda será moi prezada.