Fernandez de Deza

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
STRATEGIMAN
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 23 Nov 2005, 09:00
Contactar:

Fernandez de Deza

Mensaje por STRATEGIMAN »

QUERIA SABER SI ALGUIEN ME PODIA DAR INFORMACION SOBRE ESTE LINAJE DE LA COMARCA DEL DEZA EN PONTEVEDRA Y A SER POSIBLE SOBRE LOS DENOMINADOS PATRONES DE CERVAÑA TITULO VINCULADO A ESTE LINAJE.
TENIAN CASA GRANDE EN CERVAÑA EN LA CASA DA TORRE.
ACTUALMENTE SU DESCENDIENTE ES EL MARQUES DE SANTACRUZ DE RIVADULLA.
GRACIAS
Avatar de Usuario
Buxan
Mozo
Mozo
Mensajes: 44
Registrado: 26 Jul 2004, 09:00
Ubicación: Lalín

Notas sobre os Fernández de Deza da Cerbaña

Mensaje por Buxan »

Proceden de San Salvador da Cerbaña, concello de Silleda, onde xa figuran no século XVI. Un deles, quizais o máis relevante nese século é:

PEDRO FERNÁNDEZ DE DEZA. Vicario de Deza. Volveu a fundar a capela que aínda se conserva anexa á igrexa parroquial de Cerbaña a finais do século XVI. Tivo varios fillos sendo neto del outro

PEDRO FERNÁNDEZ DE DEZA, nado sobre o 1578. Patrón da Capela da Nosa Señora da Cerbaña. Casou coa súa curmá Isabel López Taboada (filla de Gonzalo Taboada e Ulloa, dono do pazo de Golmar, en Santa María de Noceda, e da súa dona Dominga Fernández de Deza, filla do vicario anteriormente citado). Deles descendeu (fillo ou neto, non estou certo neste intre)

DON ANDRÉS FERNÁNDEZ DE DEZA, patrono da citada capela, casado con don Juana de Mondragón (filla de don Juan de Mondragón Abraldes e de dona Isabel de Castro), dos que foi filla a citada

DONA ROSALÍA FERNÁNDEZ DE DEZA, que casou con don José Antonio Caamaño.

Da mesma familia, descendentes dos señores da Cerbaña, pertenecen varios títulos nobiliarios, entre eles os marqueses de Santa Cruz de Rivadulla, Condes de Barrantes, Condes de Canalejas e outros moitos.
José Manuel Bértolo
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 61
Registrado: 21 Oct 2012, 20:43

Re: Fernandez de Deza

Mensaje por José Manuel Bértolo »

O padroado da capela de Nosa Señora da Piedade na igrexa parroquial de Cervaña fundouna sobre 1570 o vicario Pedro Fernández de Deza, finado a finais de século. O vicario posuía terras que mercou sobre 1563 na parroquia de San Martín de Negreiros (en Gudiz, Gudife, Mantergal, Areado, Rioboo e San Lourenzo) e noutros lugares como Olives, Ponteulla, etc., así como censos, xuros,… que logo sinalou no padroado.
O vicario foi pai de Antón Fernández, que foi cura de Santa María de Abades e de San Cristovo de Martixe (preto de Bandeira), e de María Fernández. Esta casou co escribán Pedro das Seixas e tiveron por fillo a Pedro Fernández de Deza que en 1601 era menor, polo que primeiro tivo como titor a seu tío Antón e logo a seu sogro Francisco Martínez Cervela, secretario do Santo Oficio (R.A. 14972/11, 5610/67). Tras varios preitos pola herdanza do vicario entre o cura Antón Fernández, testamentario do vicario, e o seu sobriño Pedro, subscribiron unha concordia o 8 de abril de 1600 pola que Antonio lle entregou 800 ducados en metálico co compromiso de darlle deseguida as escrituras do vínculo, diversas pezas de prata, e 1.100 ducados antes do 1 de xaneiro de 1601. E así o 14 de abril fíxose a carta de pago das diversas pezas de prata labrada, que se describen con detalle, e diversas escrituras, entregando o resto o 21 de xaneiro de 1601. É de subliñar un libro onde o vicario tiña anotado máis de 50 vacas vinculadas á capela de Cervaña. Pero como moi pouco despois morreu dito Antonio Fernández, Pedro púxolle preito aos seus sucesores pedindo facer reconto de bens dicindo que lle quedara a deber moitos cartos e que ademais tiña dereito á herdanza. O cura nomeara herdeiro universal ao seu parente (¿fillo?) Gregorio Fernández de Deza.
Pedro casou con María das Seixas e foron pais de:
Andrés Fernández de Deza, nacido en Cervaña, quen casou con Xoana de Mondragón e Castro, nacida en Santiago, filla de Xoán Mondragón Abraldes e Eremuzqueta e de Sabela de Castro e Soutomaior. Xoana era, pois, irmá de Andrés de Mondragón, o I marqués de Santa Cruz de Ribadulla (8-3-1683) e parente do cóengo de Santiago don Xoán de Mondragón, que en 1541 era o patrón da capela da Piedade na catedral de Santiago. Andrés fixo testamento o 2 de setembro de 1699 ante o escribán de Ponteulla don Andrés López Peralta e morreu sobre 1705.
Andrés e Xoana foron pais de:
1.- Alexandre Andrés Fernández de Deza Mondragón, o primoxénito, pero declarado incapaz por estar tolo.
2.- Pedro Francisco Andrés Fernández de Deza, que foi patrón da capela de Nosa Señora da Piedade en Cervaña ata a súa morte o 26 de decembro de 1719. Tiña unha casa con pórtico e o seu capelán chamábase Mauro Mendoza (R.A.16761/44).
3.-Bernardo Andrés Fernández de Deza, que era cura de Xestoso e a partir de 1719 cura de Cervaña, onde morreu en 1722.
4.- Xoán Francisco,cura de San Vicente de Oubiña, que trala morte de Bernardo foi nomeado patrón da capela da Piedade o 3 de setembro de 1722 xunto co seu cuñado Xoán Antón Caamaño e o fillo primoxénito deste.
5.-María Rosalía, nacida en Cervaña o 28 de febreiro de 1673, casou en Santiago o 24 de maio de 1692 co capitán Xoán Antón Caamaño Bermúdez, veciño de Treos (Vimianzo). Foron pais de:
a) Bernardo Ignacio Caamaño Taboada Sotomaior, veciño de Cervaña, administrador da casa e torre de Sande e do padroado da capela de Cervaña a partir de 1722.
b) Rosalía Taboada Camaño, que casou con Xosé Antón Aguiar, veciño de Laxe. Este pediulle a seus sogros un dote de 6.000 ducados pois dicía que eran ricos e que el non tiña suficiente para alimentos.
c) Xosé Antón, que casou con Antía Díaz de Aza Díaz Gallego, natural de Benavente, sendo pais de María Ana, que casou o 22 de febreiro de 1755 con Xosé Antón de Armada e Mondragón, IV marqués de Ribadulla.
d) Outros fillos foron Ignacio e Xoán Francisco.
6.- Sabela Tareixa que casou en Preguecido e fundou a casa de Valiñas ( concello de A Estrada)
Responder