Nión

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Nión

Mensaje por Sic-ario »

NIÓN

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica do lugar de NIÓN, na parroquia de San Martiño de Razo, no concello de Carballo (A Coruña)..

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 184 persoas, nos concellos de Carballo, Laracha, Arteixo e A Coruña.
Soamente atopamos 1 persoa na provincia de Pontevedra.
Non se atoparon persoas co apelido NIÓN nas provincias de Ourense e Lugo.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Asturias, Murcia, Baleares, Barcelona, Biscaia, etc. Un total de 207 persoas atopamos co apelido NIÓN.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 102 aboados. Un total de 112 aboados atopamos con NIÓN de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Soamente atopamos o lugar de NIÓN, na parroquia de San Martiño de Razo, no concello de Carballo (A Coruña).

DOCUMENTOS do A.R.G.:
EL CABILDO DE LA COLEGIATA DEL SAR Y D. FRANCISCO DEL VALLE, SU PRIOR, SOBRE REIVINDICACION DEL LUGAR DE NION EN RAZO. AÑO DE 1549 A 1833.

EL CONDE DE MACEDA Y TABOADA CON ANTONIO NUÑEZ DE NION Y CONSORTES: AUTO ORDINARIO POR UN SOTO DE CASTAÑOS EN LA FELIGRESIA DE PADERNE. AÑO DE 1551 A 1833.

EL MARQUES DE ALCAÑICES CON JOSE CASAS, SOBRE PAGO DE PENSIONES ATRASADAS A QUE SALIERON COMO TERCERAS DOMINGO NION , ANTONIO PULLEIRO Y JOSE MARIA OREYRA ROMERO. AÑO DE 1551 A 1833.

Hai mais documentos.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Responder