Página 1 de 1

Freire de Pastoriza (Santa María de Roo-Noia)

Publicado: 19 Oct 2005, 09:37
por Tito11
Estudiando outras persoas e familias, acabei por compoñer a linaxe dos Freire de Pastoriza, asentados entre finais do s. XVI e principios do XVIII no lugar de Pastoriza, na parroquia de Santa María de Roo, no actual concello de Noia.
Alberte Freire de Paradela, casado con María de Paradela, aparece mencionados no tumbo de Toxosoutos, como foreiros de San Xusto de Toxosoutos no ano 1569. Máis adiante dise que posteriormente casa de novo con Mª de Castro. Aqui aclarase que Alberte Freire ten dous fillos un de cada matrimonio, e que os dous chamanse Juan Freire.
No ano 1597, aforaselle a Juan Freire de Pastoriza, "titular do foro en 2ª vida e primeira voz", a el e a sua muller María de Castro. Parece que Juan Freire, fillo de María de Paradela ten a medias o foro con seu irmán Juan Freire, fillo de María de Castro. O máis intrigante é que o nome da muller do primeiro, sexa igual o nome da 2ª muller de seu difunto pai. ¿casou ca viuda de seu pai?
En canto os lugares de Paradela e Pastoriza, o segundo existe e o primeiro non na actualidade. Quizais houbo unha mudanza de nome, ou mellor dito un escurecemento de un topónimo por outro cercano. O certo e que en esta parroquia de Roo, tamen mudaron lugares como Liñaio Vello en Mato.
Sucedeu a Juan Freire de Pastoriza, un fillo del chamado Alberte Freire que debeu morre cara 1675, descoñecendo máis cousas del.
Sucedeuno no foro Andres Freire. Andres tiña dous irmans, Domingo e Juan. De Juan sabese que sirveu como sarxento de infanteria en Flandes, xa que mencionase esto cando os seus dous irmáns lle fan o cabo de ano o 7 de febreiro de 1691. Domingo Freire casou con María Rodriguez da Costa, de San Xoan de Lousame.
Andres Freire tubo varios fillos da sua muller María da Fonte, a tenor do seu testamento dado o dia 3 de xullo de 1707: Rosendo Freire casado con Dominga Vazquez no mesmo lugar de Pastoriza, debendo de ser o primoxenito; Andres Freire estudiante por entón, e presbitero a sua morte o 15 de setembro de 1715; Gabriel Freire casado en Santa María de Viceso con Antonia Vazquez; Maria, Ines, Dominga e Francisca, todas casadas e dotadas en diversos lugares.
Dende o s. XVI ata Andres Freire coñecense os ascendentes por un pleito na Real Audiencia da Coruña, que interpuxo San Xusto en 1716 a morte de Andres, os descendentes del, por non pagar o foro.