Morado

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Avatar de Usuario
PABLOMORADO
Novo
Novo
Mensajes: 5
Registrado: 09 Ago 2007, 09:00
Contactar:

Morado

Mensaje por PABLOMORADO »

Hola a todos!!
O meu apelido é Morado, e son orixinario de Ferrol, aínda que xa non vivo alí. Nunca tiven clara a orixe do apelido, de feito pensaba que non era galego. Non sei nada da miña familia paterna mais atrás do meu abó, que era de Ferrol e se apelidaba Morado Monteagudo. Sin embargo, lendo unha información sobre a familia Pita da Veiga, aparece un Pedro de Morado no s. XVI que polo visto foi Rexidor de Ferrol.
Agradecería calquera información que me poidan dar sobre o meu apelido, xa que non sei prácticamente nada. Son novo en esto e non teño moita idea de donde se pode buscar.

Gracias
Avatar de Usuario
PABLOMORADO
Novo
Novo
Mensajes: 5
Registrado: 09 Ago 2007, 09:00
Contactar:

Mensaje por PABLOMORADO »

Son eu outra vez. Levo un par de días buscando información en internet porque me gustaría saber todo o posible sobre a orixe da miña familia e do meu apelido. Pero como decía, son novo en esto, e doume conta de que non teño nin idea de por donde se debe empezar. Estou cheo de dúbidas. Cando leo as mensaxes que hai no foro de algúns que saben tanto das súas familias, me pregunto como chegaron a ese punto.
Polo que levo lido de momento, parece que os apelidos da miña familia paterna levan centos de anos unidos a Galicia, pero non sei si en realidade son orixinariamente galegos. Me gustaría poder investigar, e agradecería enormemente que alguén dos que levades tempo en esto me dese algunhas pautas para empezar. Eu supoño que se trata de ir conseguindo información de partidas de nacemento ou de bautismo dos familiares que se van localizando, e ir avanzando hacia atrás no tempo, pero nin siquiera sei como empezar a facer eso. Eu vivo en Canarias, resúltame físicamente imposible presentarme nun rexistro de calquera punto de Galicia a pedir información. A primeira dúbida que posiblemente algún de vos me poida resolver é: ¿Pode pedirse esa clase de información por correo electrónico? Hoxe falei con meu pai de este asunto e recordou que ten gardadas as partidas de defunción dos seus 4 abós (aínda que non sabe ónde). ¿Podería ser este un bon punto de partida? ¿Cál debería ser o meu seguinte paso?

Bueno, como vedes pregunto cousas que non pregunta ninguén mais, así que xa vos podedes dar conta todos do perdido que ando. Por eso repito que agradecería moitísimo calquera información que me axude a empezar o camiño.

Disculpade tamén o meu galego. Con esto de vivir dende hai tanto na emigración, xa non é tan fluído como debera, pero penso que sempre paga a pena facer o esforzo.


Saúdos

Pablo
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Ola Paulo,
O teu apelido debe ser galego, sen lugar a dúbidas. Na freguesía de Santa María de Seixas, concello d´As Somozas, existe unha aldea con este nome. En resumidas conta, o teu apelido é moi probábel que sexa de natureza toponímica e tome o nome deste lugar...como acontece coa meirande parte dos apelidos galegos. O concello das Somozas pertence á comarca de Ferrol, onde se atopan moitas persoas co teu apelido.
Non teño constancia de liñaxes e "pedras armeiras" para familias con este apelido.
A súa distribución, segundo a guía de telefones da Galiza, e tendo en conta os seus abonados de primeiro apelido é a seguinte:
Provincia da Coruña: 68 abonados, a maior parte deles na comarca de Ferrolterra.
Provincia de Lugo: 47 abonados, nos concellos limítrofes coa provincia da Coruña e na Terra Chá
Provincia de Ourense: 0 abonados
Provincia de Pontevedra: 5 abonados
Unha saudiña
Milleiro
Avatar de Usuario
PABLOMORADO
Novo
Novo
Mensajes: 5
Registrado: 09 Ago 2007, 09:00
Contactar:

Mensaje por PABLOMORADO »

Moitas gracias pola información, Milleiro.

No pouco tempo que levo investigando xa soupen que o apelido se concentra bastante en Ferrolterra, pero non tiña nin idea da existencia dun lugar nas Somozas que se chama Morado. Eu si atopei hai anos (casualmente) unha linaxe "morado" con escudo de armas, pero non sei si pode pertenecer á miña rama familiar.
Por certo, ¿Sabes algo do apelido Monteagudo? Resulta que a miña bisabóa, Peregrina Monteagudo, era de Pontevedra, e tamén teño entendido que é a provincia donde mais abunda.

Saúdos

Pablo
Avatar de Usuario
PABLOMORADO
Novo
Novo
Mensajes: 5
Registrado: 09 Ago 2007, 09:00
Contactar:

Mensaje por PABLOMORADO »

Saúdos a todos!

Sigo remexendo todo o que podo para tratar de aclarar os meus orixes, na medida do posible. Agora véxome sorprendido polo descubrimento de que un dos meus tatarabós chamouse Pedro Monteagudo, e foi de Quireza, concello de Cerdedo, provincia de Pontevedra. Esto faime pensar que pode ter relación có famoso arquitecto barroco, Pedro de Monteagudo, que foi tamén natural do concello de Cerdedo, pero nunha época anterior.
Me pregunto si se coñecen datos da descendencia deste arquitecto. O mais que conseguín saber é que tivo 6 fillos e que 3 deles foron tamén arquitectos. Tamén me serviría saber algo mais do apelido Monteagudo na provincia de Pontevedra, aínda que non tivese relación directa con este artista.
Por certo, lín na rede que unha das 5 casas que forman parte do Museo Provincial de Pontevedra, datada en 1.760, chámase de "Castro Monteagudo". ¿Alguén sabe algo dese nome ou da familia que habitou nela?

Gracias outra vez!!
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

TOPONIMIA MONTEAGUDO NA GALIZA

ESTRADA, A (Pontevedra) Codeseda (San Xurxo) Monteagudo
FONSAGRADA, A (Lugo) Piñeira (Santa María) Monteagudo
INCIO, O (Lugo) San Pedro do Incio (San Pedro) Monteagudo
MAZARICOS (A Coruña) Colúns (San Salvador) Monteagudo
ORTIGUEIRA (A Coruña) Devesos (San Sebastián) Monteagudo
SAN CRISTOVO DE CEA (Ourense) Vales (San Pedro) Monteagudo
SANTISO (A Coruña) Pezobrés (Santo Estevo) Monteagudo
SOBRADO (A Coruña) Roade (Santo André) Monteagudo

A Freguesía de San Tomé de Mobteagudo, no concello de Arteixo


SOBRE OS MONTEAGUDO DE CERDEDO
Probabelmente tomen o apelido do lugar de Monteagudo, no concello da Estrada. Carlos Solla no seu libro "Cerdedo" cita aos músicos: Henrique Monteagudo, Manoel Monteagude Cadavide e a Xosé Monteagudo.
No catastro de ensenada, 1752, na freguesía de San Xoán de Cerdedo: Domingo de Monteagudo (fillos: Francisco e Gregorio), Jacob de Monteagudo, Juan de Monteagudo (fillo: Pedro), Juan Monteagudo (Manuela Lois, a súa muller, os fillos: Joseph e Domingo Antonio), Manuel de Monteagudo (fillo: Juan Antonio) e Silbestre de Monteagudo (fillos: Juan e Manuel).
Avatar de Usuario
mariafreire
Moderadora
Moderadora
Mensajes: 72
Registrado: 21 May 2006, 09:00

Apellido Morado

Mensaje por mariafreire »

Hola Pablo:
yo también tengo el apellido Morado en mi árbol (no se si ya lo habrás visto en el linaje Vales/Bales de Armental), pero es una rama en la que todavía no he profundizado. En cuanto localice algo más, lo comunicaré para comprobar datos.
Un saludo
MariaFreire
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Morado

Mensaje por lamigueiro »

No concello de Cerdido, veciño as Somozas tamén existiu o apelido Morado ainda que usado de forma composta: Fernández de Morado.

Juan Fernández de Morado, veciño de Cerdido casou antes de 1680 con Catalina Díaz, ambos tiveron a:

1.- Juan Antonio Fernández de Morado *13 sep 1680.
2.- María Antonia Díaz *12 xan 1683.
3.- Francisca Díaz *23 marz 1685.
4.- Isabel Díaz *18 maio 1687.
5.- Pedro Fernández de Morado *4 xan 1690.

Juan Fernández de Morado casou en segundas nupcias con Antonia Fernández, filla de Domingo Vidal e María Fernández veciños do lugar de Pazos en Cerdido.
Lamigueiro ©
Responder