Página 1 de 1

Manuel Fabeiro Gómez (1916-1992)

Publicado: 06 Jul 2013, 17:11
por serba
O mesmo día no que estas liñas se fan públicas no Concello de Noia preséntase Intres, poemario inédito do muradán de nacenza e noiés adoptivo Manuel Fabeiro Gómez (1916-1992). Crítica de Armando Requeixo

Este volume durmía o sono dos xustos dende hai máis de setenta anos e que tivo que agardar pola man rescatadora do colega crítico e profesor Xavier Castro Rodríguez para saír do limbo do esquecemento no que se atopaba.

Non foi Fabeiro Gómez en vida poeta que se prodigase. En realidade, tan só chegou a dar ao prelo un único libro, Follas dun arbre senlleiro, editado en 1951 nesa inesquecible colección pirata que en Pontevedra bautizaron co nome de Benito Soto.
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/15011.html

Homenaxe a Manuel Fabeiro Gómez -Semana da Historia de Noia-

Publicado: 07 Abr 2015, 12:18
por serba
Noia: programa da VII semana da Historia de Noia. Homenaxe a Manuel Fabeiro Gómez
http://axendaaelg.blogaliza.org/files/2015/04/CARTEL_FABEIRO.jpg http://axendaaelg.blogaliza.org/2015/04 ... eiro-gomez