Página 1 de 1

Álvarez Rivas en Ferrol

Publicado: 20 Ago 2015, 18:01
por Hebenw
Boas tardes a todos,

Desculpade o meu mal Galego, eu nacín en Castelló e son moitas as xeracións que me separan dos meus antepasados galegos.
Segundo a miña familia, o meu tataravó era do Ferrol e o seu nome era Luis Álvarez Rivas. Seguramente naceu sobre 1870, nunha familia militar ou relacionada co mar. Pertenceu ao corpo de carabineiros, ascendeu ata o rango de xeneral e foi trasladado a València. É posible que tivese algún irmán chamado Carlos o Antonio.
Pregúntome se algún membro sabe desta familia, ou se estes apelidos son comúns na zona.
Lamento non ter mais información

Moitas grazas por adiantado

Marcel

Re: Álvarez Rivas en Ferrol

Publicado: 30 Mar 2017, 00:13
por RoberGen
Tienes un mp.