De Oívas a Oivás

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

De Oívas a Oivás

Mensaje por serba »

Xoán Costa
En días pasados publiquei en Sermos Galiza un artigo titulado Toponimia Celestial. Nel facía referencia á estraña adaptación realizada ao nome dun santuario situado en Vila de Cruces e reflexionaba sobre cal sería a orixe do que a pé de estrada aparece escrito como santuario de Hoy-Vas. Tal denominación podía ser debida a un topónimo ou a unha advocación mariana. Ou ás dúas. En todo o caso era evidente que non servía a explicación dada polo párroco.
Iniciei, primeiro, a procura de información en diferentes estudos e tratados sobre toponimia. Foi en Edelmiro Bascuas, Estudios de hidronimia paleoeuropea Gallega, un monográfico da Revista Verba, onde topei a primeira, e case única, referencia a unha posíbel explicación para unha correcta denominación do santuario. Di Edelmiro Bascuas que en Galiza e Portugal hai moitos lugares chamados Olivar, Oliveira, e que ao se perder foneticamente o /l/ intervocálico a forma antiga foi “oíva, que se mantivo como nome de lugar, documentado, en “Moa d’ Oívas” (lagar de aceite) ou como Mòolivas ao norte de Portugal.
Tiñamos pois a etimoloxía dun posíbel santuario de Oívas e de aí sabemos que non resulta difícil chegar á denominación de capela de Oivás, de onde arranca a castelanizada, e mal interpretada, denominación actual.
http://abaloiradosdias.com/archives/2776
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Xoán Costa: Memoria do aceite

Mensaje por serba »

Os documentos de finais da Idade Media falan de que na Galiza había cultivo de oliveiras e produción de aceite e que foron os Reis Católicos quen mandaron cortar parte delas. Xoán Costa fai memoria do aceite galego e afonda nas razóns políticas para a súa desaparición.
Mais o certo é que na toponimia galega abundan, de Manzaneda a Corcubión e de Vigo a Trabada, as referencias á presenza de oliveiras no territorio. Numerosos son os lugares chamados Olivar, Oliveira, Camiño do Olivar, O Corgo das Oliveiras, O Agro da Olveira, e outros como Oívas que, por perder foneticamente o /l/ intervocálico apunta para a presenza desta árbore na Galiza desde as mesmas orixes do idioma. Forma antiga (Oívas) que se mantivo como nome de lugar, documentado, en “Moa d’ Oívas” nome que apunta directamente para a extracción, mediante muíños, do óleo procedente das belotas. [...]

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/me ... 35593.html
Enlace: http://www.foros.xenealoxia.org/viewtop ... f=4&t=9019
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder