Topónimos en VALD-, ¿referencia a reino/bosque/goberno?

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Topónimos en VALD-, ¿referencia a reino/bosque/goberno?

Mensaje por Aine »

Valdesenda
Valdesoiro
Valdarias
Valderrique
Valdexería
Valdorraca

Estes topónimos son nomes de lugares pequenos (aldeas) e soense interpretar como Val de Senda, Val de Arias, Val de Orraca,…pero se temos en conta o que di o diccionario sobre o significado de “Val” :

--val: Depresión do terreo extensa e alongada pola que flúe xeralmente un río ou regato que recolle as augas das zonas altas. A fértil vexetación do val.

Sería un tanto “raro” chamarlle Val a un pequeño recuncho (dentro así mesmo dun Val).

¿Podería ser entonces que "Vald-" proveña da partícula xermánica “wald”=reino, bosque, gobierno?

A interpretación podería ser enton…
Valdorraca=a propiedade de Orraca
Valdarias=a propiedade de Arias


:?: :?:
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Listando os VALD-

Mensaje por Aine »

Coruña
Valdexeria – Muros
Valdeviñatos – Pontedeume
Valdolide – Touro
Valdoña, Muiños de – Boimorto
Valdoviño – Valdoviño

Pontevedra
Valdamor – Meaño
Valdedeus – Meis
Valdemiñotos – O Rosal
Valdemos – Poio
Valdumeira – Pontevedra

Ourense
Valdanta – O Bolo
Valdarias – Montederramo
Valdegodos – Vilamartín de Valedoras
Valdemiotos – Parada de Sill
Valdeorras, A Rúa de – A Rúa
Valdeorras, O Castro de – O Barco de Valdedorras
Valdeorras, O Barco de – O Barco de Valdeorras
Valdeorras, Carballeda de - Carballeda de Valdeorras
Valderrique – Montederramo
Valdesenda – Boborás
Valdesoiro – O Irixo
Valdoasno – Nogueira de Ramuín
Valdolide – Ourense
Valdonedo – San Xoan do Río
Valduide – O Irixo

Lugo
Valdeirexe – Baleira
Valdería, O Castro de – Baleira
Valdería – Baleira
Valdemirós - Viveiro
Valderramos – Portomarín
Valdesuso – O Viñedo
Valdesuso – Vilalba
Valdolide – Pobra de Brollón
Valdorraca – O Saviñao
Valdourense – Monforte de Lemos
Valdourido – O Vicedo


Con dúbidas....
Valdixe – Moeche (Coruña)
Valdraspa –O Rosal (Pontevedra)
Valdín – A Veiga (Ourense)
Valduz – O Incio (Lugo)
Vila Valdés – Ordes (Coruña)
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Respeito da posibilidade de que os topónimos comezados por Val como os que citas non procedan de Vallis, (val), eu creo que non é problema a sua significación: Val como acepción topográfica pode ser planicie, terra chá entre montes, e tamén propiedade rústica situada nese espazo (cito a Xulia Marqués: Toponimia de Trabada, p. 285, edición "clandestina", quero dicir que etá editado poa Xunta Consellería de Educación -2004- e a saber onde teñen escondidos os exemplares impresos que non se distribuen., o que teño emprestáronmo)
Non coñezo a situación topográfica dos os topónimos que citas:
Coruña
Valdexeria – Muros
Valdeviñatos – Pontedeume
Valdolide – Touro
Valdoña, Muiños de – Boimorto
Valdoviño – Valdoviño

Pontevedra
Valdamor – Meaño
Valdedeus – Meis
Valdemiñotos – O Rosal
Valdemos – Poio
Valdumeira – Pontevedra

Ourense
Valdanta – O Bolo
Valdarias – Montederramo
Valdegodos – Vilamartín de Valedoras
Valdemiotos – Parada de Sill
Valdeorras, A Rúa de – A Rúa
Valdeorras, O Castro de – O Barco de Valdedorras
Valdeorras, O Barco de – O Barco de Valdeorras
Valdeorras, Carballeda de - Carballeda de Valdeorras
Valderrique – Montederramo
Valdesenda – Boborás
Valdesoiro – O Irixo
Valdoasno – Nogueira de Ramuín
Valdolide – Ourense
Valdonedo – San Xoan do Río
Valduide – O Irixo

Lugo
Valdeirexe – Baleira
Valdería, O Castro de – Baleira
Valdería – Baleira
Valdemirós - Viveiro
Valderramos – Portomarín
Valdesuso – O Viñedo
Valdesuso – Vilalba
Valdolide – Pobra de Brollón
Valdorraca – O Saviñao
Valdourense – Monforte de Lemos
Valdourido – O Vicedo


Con dúbidas....
Valdixe – Moeche (Coruña)
Valdraspa –O Rosal (Pontevedra)
Valdín – A Veiga (Ourense)
Valduz – O Incio (Lugo)
Vila Valdés – Ordes (Coruña)
.
Pero penso que poderán entrar nas acepcións que a autora citada pon. Pero ademais, eu penso que a voz Wald actual co senso de bosque non entrou nas falas xermánicas dos pobos que invadiron a península, ou en todo caso non deixou a sua impronta nas falas romances, que pola contra acolleron tantas variantes da palabra busk: bois, bosque, bosch, etc. De feito bosque é unha voz de procedencia xermánica que no alemán actual ten como no inglés un parente Busch (al.) Bush (ingl) cunha significación mais restrinxida a mato.
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por Aine »

Maviac, a interpretación que eu faría sería, como xa comentei:

---“wald”=reino, bosque, gobierno
A interpretación podería ser enton…
Valdorraca=a propiedade de Orraca
Valdarias=a propiedade de Arias

Si, poderíamos interpretar que se refieren ó Val de… ou A Propiedade de… (que ven sendo case o mesmo). Pero hai unha cousa que non cadra (como xa antes comentei)…un val é unha extensión grande, na mayoría destes casos, falaríamos de aldeas (unha extensión moi pequena como para chamarlle Val).

Supoño non fará falla recordar que a microtoponimia galega é moi abundante, a terra que está preto dunha aldea (non máis dun km) xa se chama doutro xeito.


E dándolle voltas, xa teño máis dúidas…”separemos” os topónimos que acompañan a un nome de persoa ou apelido:
Coruña
Vald-exeria – Muros
Vald-olide – Touro

Ourense
Vald-arias – Montederramo
Vald-errique – Montederramo
Vald-esenda – Boborás
Vald-esoiro – O Irixo
Vald-olide – Ourense
Vald-onedo – San Xoan do Río

Lugo
Vald-ería, O Castro de – Baleira
Vald-ería – Baleira
Valde-mirós - Viveiro
Valde-rramos – Portomarín
Valde-suso – O Viñedo
Valde-suso – Vilalba
Vald-olide – Pobra de Brollón
Vald-orraca – O Saviñao
Vald-ourido – O Vicedo


Poida que o asunto sexa facer "criba".
Responder