Familia Riestra

Investigación de xenealoxías
Respostar
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensaxes: 1211
Rexistrado: 15 Set 2006, 09:00

Familia Riestra

Mensaxe por Pousada » 21 Abr 2016, 00:48

Con respecto á xenealoxía da familia Riestra que está publicada nesta web, cabería engadir algunhas parentelas que non figuraban no enlace orixinal:
http://www.xenealoxia.org/linaxes/galic ... rqueses-de

Por unha banda, coñécese quen foron os descendentes do matrimonio Riestra Peinador, grazas á esquela de D. Vicente Riestra Calderón, morto en Pontevedra o 4 de outubro de 1967 e publicada o 7 de outubro de dito ano no xornal ABC, onde se sinala como fillos: María del Carmen, Ramón, José María, Isidora, Santiago, Jorge, Beatriz (relixiosa do S. C.) e Milagros Riestra Peinador. Unha das súas noras é Carmen Cuartero Cuesta.

Sobre os fillos de Carmen Cuartero Cuesta, é dicir, os Riestra Cuartero, aporta máis información a esquela de Menchu Riestra Cuartero, publicada tamén no ABC o 26 de decembro de 2003 (finada o 24 de decembro do dito ano en Pontevedra), deixando viuvo a Ramón Zaranza Ozores (fillo de Moncha Ozores Arráiz). Sinala como irmáns políticos a María del Pilar Casas Losada (muller de Vicente, filla de Alfonso Casas Córdova e de María Luisa Losada López, datos que coñecemos pola nova do matrimonio dun irmán seu, publicada en ABC o 6 de outubro de 1987), Miguel Navarro, Mahesh e Eva Irízar.

Por outra banda, a familia de Jorge Riestra Peinador é coñecida pola súa esquela de aniversario (finado en A Coruña o 16 de maio de 2001) publicada por ABC o 16 de maio de 2002, onde se sinala como muller a Divina Suárez Doldán.

No referido a Dorita Riestra Peinador, morreu en Pontevedra o 31 de xullo de 2008 segundo publica ABC a súa esquela, o 2 de agosto de 2008.

Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensaxes: 1211
Rexistrado: 15 Set 2006, 09:00

Re: Familia Riestra

Mensaxe por Pousada » 21 Abr 2016, 00:52

No tocante ao actual Marqués de Riestra, José María Riestra Pita, o seguinte enlace engade a seguinte información:
http://geneall.net/es/name/1168187/jose ... e-riestra/
Do seu matrimonio con María Gabriela Marín Folgueras nacerían os seguintes fillos: Antón, Juan, María Gabriela e Francisco Borja Riestra Marín.

Respostar