Pazo de Vilardefrancos (Carballo)

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Pazo de Vilardefrancos (Carballo)

Mensaje por Milleiro »

Nos lindes da parroquia de Artes está o pazo de Vilardefrancos, sen dúbida ningunha, un dos máis grandes de Bergantiños. Hoxe aínda mantén a súa estructura orixinal nun perfecto estado de conservación. Do mesmo xa fai mención Juan Ignacio Pardiñas, alá polo ano 1680, a través do seu expediente de ingreso na Orde de Santiago e no que describe con exactitude as súas características arquitectónicas: "torre de catro pisos, provista de ameas, troneiras e ventás, máis un gran corpo de edificio que se engadiu á torre, e unha portada decorada con catro columnas doutros ornamentos, e o escudo". Este mesmo é o que hoxe se conserva e no que aparecen gravados os nomes de catro casas: os Pardiñas, os Vilardefrancos, os Figueroa e os Moscoso. Esta casa estivo entroncada a través de sucesivos matrimonios e unións cos primeiros nobres do Reino como os Ulloa, os Moscoso, os Castro e Guzmán e os Enríquez. Para entender a importancia que tivo, hai que dicir que o primeiro dono da mesma, Antonio Rioboo Seixas Pardiñas Vilardefrancos era descendente de García de Pardiñas, que serviu ás ordes dos Reis Católicos e como capitán do exército loitou xunto ó primeiro conde de Altamira, Rodrigo de Moscoso, casando cunha das súas tillas, Berenguela Sánchez de Moscoso. O pazo foi residencia per-manente, ata o seu falecemento en 1996, do marqués de la Atalaya.

Situado en San Xurxo de Artes, no concello de Carballo (A Coruña). Cunha antia torre que sobresae do resto da edificación, foi construida no Séc. XVI por Don García de Pardiñas, que funda o maiorazgo de Villardefrancos en cabeza do seu fillo en 1.527. En 1.860 xa se cita esta casa como pertencente a Don Juan Ignacio de Pardiñas, con descripción da mesma prácticamente no estado actual. A principios deste seculo pasa a mans do Marqués de la Atalaya, cuxos descendentes conservaron a propiedade até a data.


Nota: Artigo tirado da web: http://clientes.vianetworks.es/ayuntami ... monio.html
http://aljarafe.net/ole/pazos/index.html
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Ola a todos:
- Co permiso de MILLEIRO, coido que se poden perfilar algo máis algúns dos datos sobre o PAZO DE VILARDEFRANCOS (tamén VILLARDEFRANCOS) que tira aquí.
1º.- O Marqués de La Atalaya COMPROU o referido pazo ós Condes de Ramiráns. Esta compra efectuouse, efectivamente, no século XX.
2º.- O Marqués de La Atalaya, con anterioridade a esa compra, non tiña ningunha relación familiar nin xenealóxica con esa casa.
3º.- O PAZO DE VILARDEFRANCOS era do directo DOMINIO e POSESIÓN dos PARDIÑAS-VILARDEFRANCOS, que no século XVIII emparentan cos BERMÚDEZ DE MANDIÁ (ubicados e con morgado sobre os coutos de Xuvia, Caranza e Santa Icía de Trasancos -na comarca de Ferrol-) por matrimonio de Dª. María Antonia Pardiñas-Villardefrancos e Becerra con D. Pedro Bernardo Bermúdez de Mandiá. Por falta de herdeiros por vía de varón dos PARDIÑAS-VILLARDEFRANCOS sucedeu nos seus vínculos e morgados un fillo do matrimonio anteriormente citado, que foi D. XOSÉ MARÍA BERMÚDEZ DE MANDIÁ E PARDIÑAS-VILLARDEFRANCOS, quen naceu en Ferrol no a. 1728 e morreu en Santiago de Compostela en 1808.
4º.- Nos sucesores de D. Xosé María Bermúdez é onde se mantén o vínculo dos PARDIÑAS-VILLARDEFRANCOS e o PAZO DE VILARDEFRANCOS aquí citado, ata a súa venda ó Marqués de La Atalaya. Tamén cúmpreme dicir que, na época de D. Xosé María, a moi antiga TORRE DE PARDIÑAS fora "roubada" nas súas pedras por "vasallos" que incomodaron moito a este señor porque eran "muy revoltosos".
5º.- Algúns dos apelidos e liñaxes citadas con relación ó PAZO DE VILARDEFRANCOS (como Enríquez ou Guzmán, parecen fóra de toda lóxica ou xenealoxía desta casa).
6º.- Para saber algo máis sobre este pazo e liñaxe son de importancia capital, polo de agora, dúas obras que cito de seguido:
* La Casa de Castro y sus descendientes (J. M. Bermúdez y Varela, Conde de Castelo. Madrid, 1920).
** Torres do Allo (X. M. Sánchez García. Fundación Barrié de La Maza. A Coruña, 2001).
- Pois nada, continuarei noutra ocasión. Un saúdo.
Responder