Juana Bernarda Romero de Leis e España

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Juana Bernarda Romero de Leis e España

Mensaje por Tito11 »

Esta dona era a muller de don Pedro Gerónimo Gago e Mendoza, veciños de Pontevedra. Foron pais de José Bernardo Gago Romero de Leis, que recibeu o marquesado de Leis polos servicios prestados ó infante Don Carlos en Napoles.
Pois ben, descoñezo a ascendencia de sua nai, dona Juana Bernarda, da que soamente tiven coñecemento de ter tido un irmán cura, primoxenito da familia e herdeiro do morgado. Chamabase Don Pedro Romero de Leis e España e era cura en Dezo, en Fisterra. Este deixalle en herdanza ó seu sobriño, o I marqués de Leis, o morgado.
¿Quen sabe algo de estes Romero de Leis e España?
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Mensaje por Pousada »

Tendo en conta as datas, os apelidos, a insistencia do nome Pedro, e a relación case intrínseca coa Igrexa, penso que debe esta dona estar emparentada co coengo de Santiago D. Antonio Romero de Leis. Aparece a súa ascendencia recollida nos "Linajes Galicianos", de Pérez Costanti. Bautizado en Santa María de Coiro, en Mazaricos, o 28 de febreiro de 1665, sendo fillo de Pedro Romero de Leis (capitán de cabaleiría) e de María de Caldas; bisneto de Pedro Romero de Leis e de Catalina de Lago; e tataraneto de Lope Rodríguez de Leis e de Alberta Bermúdez.
Outro parente de Antonio Romero de Leis foi Eugenio Romero de Leis (bautizado en 1744 en Santiago), fillo do doutor Isidro Romero de Leis e de Ana de la Torre y Monasterio, neto de Pedro Romero de Leis (irmán do antedito Antonio Romero de Leis) e de Elvira de Busto.
Que estes Romero de Leis teñen que ver con Juana Bernarda Romero de Leis queda constatado polo feito de que nestes expedentes se cite a Pedro Romero e á súa dona María de Caldas como "naturales de la Casa de Loureiro, y descendientes de la del Barro, que hoy lleva D. Joseph Gago y Romero, Marqués de Leis".
Saúdos
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Mensaje por Pousada »

Por certo que unhas árbores xenealóxicas contidas no libro "Estudio histórico sobre algunas familias españolas" (Vol. I), de Alfonso de Figueroa y Melgar, dá por pais de dona Juana Bernarda Romero de Leis y España a Esteban Romero de Leis e a María Francisca España (tamén chamada María Francisca Suárez de Figueroa)
Este mismo libro asegura que el árbol genealógico de los Leis comienza en la persona de Juan José de Leis (o Juán José de Varco), casado con Mencía de Andrade, señalando que fueron los padres de Lopo Suárez (o Rodríguez de Leis), casado con la antedicha Alberta Bermúdez de Castro
Última edición por Pousada el 04 Ene 2010, 08:53, editado 2 veces en total.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Mensaje por Pousada »

No Arquivo do Reino de Galicia constan os seguintes documentos, en referencia á familia Romero de Leis:

FELIX CLEMENTE ROMERO CON JUAN ANTONIO DE BRIS Y CONSORTES, SOBRE REIVINDICACIÓN DE BIENES DE VÍNCULO QUE FUNDARON LOS LICENCIADOS GÓMEZ DE COSTA Y LEIS Y PEDRO ROMERO DA COSTA Y LEIS, CURAS QUE HAN SIDO DE LA FELIGRESÍA DE SAN PEDRO DE HERBOGO. (1730)

JUAN ANTONIO VAZQUEZ DE LEIS CON DOMINGO MONTEAGUDO Y OTROS. REIVINDICACION DE BIENES DE VINCULO FUNDADO POR GOMEZ DA COSTA Y PEDRO ROMERO EN S. PEDRO DE ERBOJO. (1766)

JUAN ANTONIO VÁZQUEZ DE LEIS, VECINO DE SANTIAGO DE BERDEOGAS, CON BERNARDO SALGADO, SOBRE REIVINDICACIÓN DE BIENES DEL VÍNCULO QUE FUNDRON GÓMEZ DA COSTA Y PEDRO ROMERO. (S. XVIII)

JOSÉ RODRIGO DE ALDAO Y ROMERO CON ÁNGELA ROMERO DE LEIS, VIUDA, SOBRE PAGO DE MARAVEDÍS (1773)

JOSÉ ROMERO FIGUEROA CON VICENTE SUÁREZ ROMERO Y MARÍA ROMERO, SOBRE PAGO DE RENTA PERTENECIENTE A ALGUNOS BIENES DE LOS VÍNCULOS FUNDADOS POR EL CAPITÁN JACINTO ANTONIO ROMERO DE LEIS Y MARÍA DE LUACES FIGUEROA. (1791)

MONASTERIO DE SAN MARTÍN DE SANTIAGO CON ALONSO GÓMEZ Y MARTÍN ROMERO DE LEIS, SOBRE REIVINDICACIÓN DE LA MITAD DE LOS LUGARES DE SÍSAMO, BARCIA Y SAN ESTEBAN DE GOYANES.

MONASTERIO DE SAN MARTÍN DE SANTIAGO CON PEDRO ROMERO BERMÚDEZ, DOMINGA ROMERO DE LEIS Y OTROS, SOBRE REIVINDICACIÓN DEL LUGAR DE NEGREIRA EN SAN VICENTE DE RIAL.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Moi ben Pousada, acabasme de dar uns moi bos datos, e sobre todo os que estaba buscando habia tempo no libro "Estudio histórico sobre algunas familias españolas" (Vol. I), de Alfonso de Figueroa y Melgar, sobre esta familia; libro que non puiden atopar.
Así que Juana Bernarda sería filla de Esteban Romero de Leis e de María Francisca Suárez de Figueroa, por outro nome Mª Frª de España.

O caso é o seguinte: No s. XVI preitearon varios dominios e persoas polos lugares de Casal e Pedregal da parroquia de San Xoán de Ortoño, no actual concello de Ames. Un era o capitán don Pedro da Rosa e España que era o herdeiro de un vinculo fundado por Juan de España. No s. XVIII o mesmo lugar de Casal, e algúns agros de Pedregal levabanos os moradores por foro do "marqués de Leis".
Eu supoñia que o marqués os tiña por herdanza de algunha ascendente súa que conectase con estes España, que tiñan descendentes na zona adicados a fe pública.
A pregunta é agora ¿quens son os pais e avos de María Francisca Suárez de Figueroa, ou de España? ¿Aparecen estos datos no libro de Alfonso de Figueroa y Melgar, conectandoos con Juan de España?
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Mensaje por Pousada »

Pois o libro sí que contén os datos sobre os ascendentes de Francisca Suárez de Figueroa (ou España), pero como a versión á que teño acceso é limitada, aínda non puiden averiguar cal é a relación...
Pero nalgúns cadros xenealóxicos sí fala da existencia dun primeiro Juan de España, o vello, casado con María Ares, fundadores do maiorádego. Cumpridor seu foi o seu curmán, Pedro de Arosa, casado con Urraca Rodríguez de Campo y España.
Fillo dos primeiros, aparece Juan de España y Arosa (o mozo), falecido sen sucesión... E outro cativo, chamado Pedro de Arosa y España, que non a súa filiación.
Noutro libro aparecen Pedro de Arosa y España, Luisa Osorio, Ana Armíndez Figueroa e mailo capitán Juan de España y Figueroa, como patróns dunha capela... A maiores, nos "Blasones y Linajes de Galicia" encabeza la línea de los Marqueses de Santa Cruz de Rivadulla (al referirse al apellido Armada) en Alonso Yáñez de España, en cuyos herederos se pueden vislumbrar algunos paralelismos con los apellidos aquí encontrados.
El apellido España, en la obra de Crespo Pozo aparece enlazado por primera vez con el Figueroa en la figura de Juan de España y Figueroa, hijo de Pedro de Arosa y España.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Mensaje por Pousada »

Finalmente atopei o seguinte ao respecto da ascendencia de Juana Bernarda Romero de Leis, nos "Blasones y Linajes de Galicia", de Crespo Pozo..., ao falar do apelido Leis fai a seguinte xenealoxía:

1.- Jacinto Antonio Romero de Leis. Casado con Catalina de Lema, sendo pais de:
2.- Esteban Romero de Leis y España. Casado con María Francisca de España y Figueroa (filla de Tomás España y Ruanova e de Antonia de Vergara España y Suárez Figueroa)
3.- Juana Romero de Leis y España
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Sobre os España encontrei hai tempo un preito no arquivo do Reino de Galicia, sobre aqueles bens de Casal e Pedragal, en Ortoño.
En 1597 o capitán Pedro da Rosa e España litiga por eles por ter herdado o vínculo que fixera Juan de España. Chegara a el de este xeito:

1 Juan de España funda o vínculo e pasallo a seu fillo:

2 Juan de España, casado con María Ares. Non tivo descendencia por tanto pasou o vínculo a seu primo:

3 Pedro da Rosa e España o mozo, fillo de Pedro da Rosa o vello, e Urraca Rodríguez de Ocampo e España. Este tivo por fillo a

4 Pedro da Rosa e España, capitán; do que non se coñece con quen casou, pero puido facelo con algunha filla de Antonio de Ruanova e Francisca Rodríguez da Cana, que se mencionan no preito

Deixando agora este preito, podese intuir que estes últimos poidan ser os pais de:

5 Antonio de Ruanova e España, veciño de San Salvador de Bastavales, casado con Magdalena Ortiz, filla de Gregorio González da Condomiña e de Catalina Xuarez Ortiz, veciños de Ortoño. (datos extraidos do libro de fundacións da parroquia de Ortoño- Testamento de Gregorio González 1633). Puidendo ser estes os pais de:

6 Tomas España e Ruanova, casado con Antonia de Vergara España e Suárez Figueroa.
De Tomas hai datos nas visitas pastorais en Santa María dos Anxeles.
E polo que conta Crespo Pozo teria por filla a:

7 Maria Francisca de España e Figueroa, casada co señor do pazo do Barro Esteban Romero de Leis e España

Por suposto que todos este datos hainos que contrastar, pero existen outros descendentes de esta familia que non os dou ubicado respecto ós seus ascendentes, entre eles estan :
Pedro de España, casado con Juana Freire de Castro
Cecilia de España, casada con Antonio Lorenzo Mejuto
Agustin de España e Ruanova, casado con María Vidal
Licenciado D. Antonio de España, coengo en Iria Flabia; todos eles da segunda metade do s. XVII..
Responder