Anxo Ferreiro Currás (Vilalba, Lugo. 1935)

Historia de personaxes
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Anxo Ferreiro Currás (Vilalba, Lugo. 1935)

Mensaje por serba »

"Un investigador galego analiza a represión franquista sobre o clero vasco: 17 cregos paseados, 200 presos e un millar exiliados"
A Casa Museo Casares Quiroga na Coruña acolle esta quinta feira a presentación do libro de Anxo Ferreiro sobre a represión franquista contra a igrexa vasca.
Anxo Ferreiro Currás naceu en agosto de 1935 en Vilalba (Lugo). Realizou estudos eclesiásticos no Seminario de Mondoñedo. Foi ordenado sacerdote en 1960. Tralos sucesos de marzo de 1972 en Ferrol, sufriu prisión como consecuencia do seu compromiso coa loita polas liberdades, polos dereitos humanos e polos dereitos dos traballadores. Ao ano seguinte foi sometido a un xuízo ante o Tribunal de Orden Público (TOP). Formou parte do Consello editor da Redacción da revista Encrucillada, e participou na fundación da publicación Boa Nova, así como da Asociación Irimia.
http://www.sermosgaliza.com/articulo/me ... 24437.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder