O Concello de Ortigueira vén de recibir a cesión de orixinais de todos os artigos publicados en vida por Federico Maciñeira e Pardo de Lama (Mañón, 1870 - Ortigueira, 1943). O goberno local destaca a importancia da doazón realizada polo neto do autor, que será custodiada polo arquivo histórico municipal. O legado vén enriquecer os fondos do centro e axudará aos interesados a coñecer un pouco máis da historia local e da obra do intelectual, coñecido sobre todo pola súa faceta de arqueólogo.
A cesión contén orixinais íntegros de publicacións locais e fragmentos de números de xornais e revistas do resto do país nos que aparecen os textos de Maciñeira, todos publicados entre os anos 1889 e 1943. O autor da doazón, que inclúe toda a produción bibliográfica de Maciñeira e Pardo de Lama, foi o seu neto, Federico Maciñeira Teijeiro.
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 36143.html
* Enlaces: viewtopic.php?f=35&t=8572
http://www.foros.xenealoxia.org/viewtop ... 194#p38183




