Un estudo rescata a historia dunha industria tradicional de Chantada
A principios do presente século foron demolidas dúas das tres antigas fábricas de curtidos que se conservaban en Chantada, cuxa actividade -como as de case todas as industrias galegas do sector- cesara entre finais dos anos 50 e principios do 60. A historia desta vella actividade industrial foi reconstruída polo investigador chantadino Claudio Otero nun traballo titulado A industria do coiro na provincia de Lugo. O caso de Chantada, co que rematou un máster na Facultade de Ciencias Económicas de Santiago. Este estudo é o primeiro que analiza a historia da industria dos curtidos en toda a provincia.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... 0C5991.htm<<a tradición local dos curtidos vén xa da Idade Media, cando o mosteiro de San Salvador do Asma fabricaba os seus propios pergameos para escribir>>
* Entrevista realizada al autor: http://elprogreso.galiciae.com/nova/222 ... hantadinos
http://apliweb.uned.es/comunicacion/pre ... D=32140113




