OUTRACOUSA MÁIS

Noticias de historia familiar
Responder
Anonymous

OUTRACOUSA MÁIS

Mensaje por Anonymous »

E a os que teñan pensado escribir de Sudamérica ou doutro lugar preguntando por un avó ou bisavó e o seu apelido Unha suplica..¡Mellor non o fagades!Anon ser que ese avó estea ligado á familia dun pazo ou un título impotante...1ºPorque non vos vai servir pra nada e lles ides quitar sitio a outros comentarios máis importantes(a non ser que dedes cun primo ou algun familiar que teña quedado na Galiza e haberá así coma unha posibilidade entre 5.000 trillóns)...2ºPorque non poderemos axudarvos,non porque non queiramos,se non porque non podemos,porque os dados que dades non abondan....Se dades información ata a 10ª xeración ou máis alá tal veze haia algunha posibilidade,pero ata a segunda,terceira ou cuarta,non é suficiente....Suxerencia<IMG SRC="images/forum/icons/icon_razz.gif">ublicade xenealoxías.Traballos de investigación.Se son inéditos mellor.Firmado:Breo
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

OUTRACOUSA MÁIS

Mensaje por veremudus »

Ola anónim@:
Voume da-lo gosto de responder ó teu discurso cínico-chauvinista e filo-racista.
Semellas reo de escándalo e amosas pouco sentido común (¡¡¡sentidiño!!!, que dise en Galicia), ó escribir o que ti opinas sobre a xente que escribe dende Sudamérica. ¿Qué máis ten de onde se escriba?. Non é preciso ser orixinari@ de terras americanas para inquirir sobre devanceiros. Outra cousa é o motivo polo qué cada quén o fai. Aí vai a conciencia e os motivos de cada un. Pero coido que, en absoluto, débese coarta-la liberdade de expresión e acotar un espacio ó xeito privativo da nobreza do Antigo Réxime (supoño que entenderás o que significa esta frase, cómo e a quén che estou comparando ...), coma ti semellas querer facer segundo os teus comentarios.
E xa que tanto parolas sobre INVESTIGACIÓN, XENEALOXÍAS, BIBLIOGRAFÍA, etc., a ver se te identificas (xa que a túa cobardía amósase ben ás claras no teu anonimato) e aportas DATOS en vez de comentarios baratos que feden polo seus contidos.
Un sáudo, mais non unha aperta, que non a mereces ...
 
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

OUTRACOUSA MÁIS

Mensaje por Milleiro »

Ola Veremudus,

100% contigo

Un saúdo

Xavier
Avatar de Usuario
irmandinos
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 117
Registrado: 13 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Moeche
Contactar:

OUTRACOUSA MÁIS

Mensaje por irmandinos »

Hola Veremudus:
Tal vez Breo (Porque non e tal anonimo, xa que pon o nome) non se esplicaria moi ben y quizaves non quixera decir o que dixo. Eu pola miña banda, cando se plantexa unha busqueda así sen nengún dato non lle fago nengún caso. E si o fago así e porque teño algunha experiencia en eso. Pero o que si e certo e que non fai falla que sexa de sudamerica, igual información se recaba de outros sitios e nas mesmas condicións.
En este foro, hay unha petición de axuda (non me lembro o apelido) de unha persoa que empezou a preguntar sin ningun dato, gracias os mensaxes de Cruzul e Milleiro (Sobre toponimia e páxinas blancas), cambiou o mensaxe e o que preguntaba xa era por unha familia de ese pobo, dando por feito que xa encontrara a seus antepasados.
Os concellos chegan peticións por centos, fan unha carta tipo, fotocopiana e mandanlla os trescentos e pico concellos de Galicia, porque en Argentina, Uruguay, Cuba, etc. os españois son galegos, pero en moitos casos non e certo, e o galego que buscan e de Valladolid, León, etc.
E outro problema que penso que mencionou Breo e que poden buscar persoas a partir da 10ª xeneración, e para nosoutros iso creo que xa e un bo teito, ainda que en algúns casos se poida seguir, pero son poucos ¿Ou non?.
Un saudo.
Fernando
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

OUTRACOUSA MÁIS

Mensaje por kruzul »

Ola a todos:
Tal vez Veremudos, non coñeza a Breo (, penso que os máis sí.

Breo:
Como na maior parte das tus intervencións sigues a usar unha linguaxe non respetuosa e moitas veces ofensiva para con os demáis participantes. Unhas veces asiñas e outras non, máis o teu estilo é patente, eu de tódolos xeitos comprobo a túa IP e corroboro.

<!-- BBCode ulist Start --><UL><LI>Como pensaba que a pesar da túa actitude realmente che interesaban os temas que aquí libremente se tratan, con maior ou menor acerto pero con boas intencións, fixen todo o que estivo na miña man para que poideras participar, pero topei cunha barreira imposible ate agora: Breo non ten correo eléctronico ou non o quere facilitar, e non se lle pode enviar ningunha contrasinal, nin mensaxe privada, apesares de telo dado de alta como membro, pois lle resultaba demasiado complexo todo o proceso.

<LI>Como administrador téñome excedido ampliamente contigo en "coidados e miramentos" de cara a que poideses integrarte coma calquer outro membro coas ferramentas de que se dispón aquí. Coma resposta, o último que recibín de ti, xa vai uns meses, foi unha mensaxe privada donde directamente me insultabas. ¿Teño eu ou os máis participantes algunha descoñecida obligación para contigo?<LI>Tes colabourado con varios traballos teus, moi ben, de ahí xuzgo que debería existir un interés. Si non axudas, ninguén ten obligación, pero non te sintas mal porque os máis non axuden coma ti queres. </UL><!-- BBCode ulist End -->

Tómome toda esta molestia, porque entendo que hai persoas que non están postas en antecedentes.

A ti Breo, só pedirche de novo que sexas respetuoso cos demais participantes, senón as túas mensaxes serán directamente censuradas ou eliminadas.


Saúdos:
Ricardo Lago
Anonymous

OUTRACOUSA MÁIS

Mensaje por Anonymous »

Meu estimado "Irmandinos":

Polo que deduzo do comentario de "Cruzul", coido que non cabe a posibilidade de discutir con quén non sabe ou non quere comportarse como persoa, que é o primeiro. Se non estamos <a href="mailto:tod@s" target="_new">tod@s</a> en disposición de debatir dentro duns límites de corrección (a pesar de que <a href="mailto:tod@s" target="_new">tod@s</a> teñamos erros nalgún intre), pois seméllame que estamos aviados ...
Polo tanto, o de xustificar a "Breo" ou "anónimo" ou como sexa, coido que "cae en fóra de xogo". ¿Ou non ...?.
Ben sei, por suposto, da túa experiencia, etc., etc.; e volvo a repetir o de alá cada quén coa súa motivación nas pesquisas e, tamén pola mesma regra, alá cada cal coa súa motivación en respostar ou non ... Pero, sempre, dende unha posición de RESPETO para con <a href="mailto:tod@s" target="_new">tod@s</a>. E isto foi o que estamos a ver non cumpre o devandito "Breo" ou "anónimo" ou quen sexa.

Unha aperta, amigo Fernando. A ver se nos vemos pronto. E, senón, Feliz Nadal a ti e a <a href="mailto:tod@s" target="_new">tod@s</a> os que lean isto.

Fdº.- Veremudus.
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

OUTRACOUSA MÁIS

Mensaje por veremudus »

- Clarexo que o da anterior mensaxe escribino eu, só que por fallo do ordenador non deu entrada ó meu "alias".
- Fdº.- Veremudus.
 
Responder