Celebrarase os días 31 de agosto e 1 de setembro nos exteriores do Sexto Edificio e poderán participar nela nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.
Coincidindo co final das vacacións escolares e para sumarse ao ambiente medieval que vive a cidade, o Museo de Pontevedra programa para o 31 de agosto e 1 de setembro, venres e sábado, unha xusta de xogos populares orientada a nenos e nenas de entre seis e doce anos, actividade preparada polo Gabinete Didáctico do Museo, coa colaboración do Gabinete de Difusión e Publicacións.