Otero Pedrayo no regreso do ciclo “Galicia, Ceo das Letras”

Noticias de historia familiar
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18983
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Otero Pedrayo no regreso do ciclo “Galicia, Ceo das Letras”

Mensaxe por serba » 24 Set 2012, 15:29

"Cultura e Educación réndelle tributo a Otero Pedrayo no regreso do ciclo “Galicia, Ceo das Letras” á Cidade da Cultura"


Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2012.- Galicia, Ceo das letras, o ciclo co que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende renderlle unha homenaxe a grandes autores clásicos da literatura, regresa á programación da Cidade da Cultura cunha homenaxe ao gran patriarca das letras galegas: Otero Pedrayo. Un relatorio a cargo de Ramón Villares e unha peza teatral darán corpo a este novo “sábado de autor”. Esta cita tamén contará coa presenza do escritor, editor e presidente da Fundación Otero Pedrayo, Víctor Freixanes; ademais dunha sesión paralela para os máis pequenos.

Figura central do galeguismo cultural e político, posuidor dunha cultura enciclopédica e fondo coñecedor da sociedade rural galega da época, Otero Pedrayo será protagonista na Cidade da Cultura a través das palabras dun dos maiores coñecedores da súa vida e obra: Ramón Villares. Ensaísta e Catedrático de Historia Contemporánea, Villares foi reitor da USC e presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea, exercendo na actualidade o cargo de presidente do Consello da Cultura Galega.

Casa Hamlet en escena
Otero Pedrayo. Notario de todas as cousas contará tamén coa posta en escena dunha pequena peza teatral a cargo da compañía Casa Hamlet, que regresa o ciclo Galicia, Ceo das Letras coa obra Fidalgo. Trátase dunha peza duns corenta minutos baseada en diferentes textos de Otero Pedrayo, interpretada por Manuel Lourenzo e Rubén Espejo, co apoio musical de Brandán Lourenzo.

Actividades para pequenos lectores
Galicia, Ceo das Letras conta este ano cunha sesión paralela na que os máis pequenos se introducen no mundo de cada un dos autores dunha forma lúdica e entretida. Da man de Marta Ríos e María Lado, rapaces de 6 a 11 anos resolverán pequenos misterios sobre a vida e obra de Otero Pedrayo a través de xogos, actividades colectivas e pequenas lecturas, contando sempre coa axuda dun elenco de personaxes que os guiarán na súa investigación como se fose a procura dun tesouro. A actividade desenvólvese nun percorrido que transcorre pola Biblioteca da Cidade da Cultura, onde os nenos van atopando diversas actividades lúdicas que os achegarán ao escritor e á súa obra, ao tempo que pintarán a Otero Pedrayo, escoitarán música, disfrazaranse e moitas actividades máis.

Prazo de inscrición
Todo aquel que queira participar nesta nova sesión de Galicia, Ceo das Letras, tanto na versión de adulto como na de infantil, poderá inscribirse en http://www.cidadedacultura.org totalmente de balde a partir de mañá luns.

Programación ata final de ano
Coa sesión dedicada a Otero Pedrayo, o ciclo Galicia, Ceo das Letras pon en marcha a programación tras o descanso estival. O 17 de novembro, a Cidade da Cultura renderalle homenaxe a Federico García Lorca nun “sábado de autor” que contará coa presenza dun dos grandes coñecedores da súa obra: o poeta, ensaísta, literario e catedrático de Literatura Española na Universidade de Granada, Luis García Montero. Os músicos Ugia Pedreira e Marcos Teira, integrantes do grupo Marful, serán os encargados de pechar a xornada coa súa interpretación de ‘Seis poemas inéditos de Lorca’.

Galicia, Ceo das Letras 2012 baixará o pano o 15 de decembro cunha sesión dedicada a un dos máximos referentes da literatura galega: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O relatorio sobre a súa figura correrá a cargo de Miguel Anxo Seixas Seoane, vicepresidente segundo da Fundación Castelao, ao que seguirá un espectáculo de monicreques e sombras realizado por Títeres Cachirulo baixo o título ‘Cousas da vida’. A derradeira sesión concluirá coa intervención de Xurxo Souto, escritor, xornalista e músico bravú, que recitará o célebre discurso de Castelao Alba de Gloria.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... ia-ceo-das
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18983
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

“Galicia, Ceo das Letras”

Mensaxe por serba » 17 Nov 2012, 16:59

"Cultura e Educación réndelle homenaxe a García Lorca na sesión de ‘Galicia, Ceo das Letras’ celebrada hoxe na Cidade da Cultura"
Castelao pecha o ciclo

Galicia, Ceo das Letras concuirá esta edición de 2012 cun último “sábado de autor” dedicado ao referente indiscutible da literatura galega: Afonso Daniel Rodríguez Castealo. A sesión terá lugar o 15 de decembro ás 12:00 horas e será posible inscribirse de balde a través da web http://www.cidadedacultura.org a partir deste luns, 19 de novembro.

A sesión correrá a cargo de Alfonso Paz Andrade, vicepresidente da Fundación Castelao, que será o encargado de presentar a Miguel Anxo Seixas Seoane, licenciado en Historia da Arte Contemporánea pola USC e vicepresidente segundo da Fundación Castelo, quen será o encargado do relatorio. Tras el, Títeres Cachirulo porá en escena Cousas da Vida, espectáculo de transparencias e sombras inspirado nas personaxes das viñetas de Castelao.

Para concluír esta edición de Galicia, Ceo das Letras, o escritor, xornalista e músico bravú Xurxo Souto achegarase á Cidade da Cultura para recitar o célebre discurso de Castelao Alba de Gloria.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... das-letras
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18983
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

125 aniversario do nacemento de don Ramón Otero Pedrayo

Mensaxe por serba » 04 Mar 2013, 11:05

A Fundación Otero Pedrayo celebra mañá o 125 aniversario do nacemento de don Ramón Otero Pedrayo. Na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba, reuniranse un total de 125 estudantes procedentes do Centro de Ensinanza Infantil e Primaria (CEIP) Mestre Vide de Ourense; do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro e do Instituto de Ensinanza Secundaria Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa.
http://www.laregion.es/noticia/245035/e ... /trasalba/
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18983
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

El epistolario inédito de Otero Pedrayo

Mensaxe por serba » 05 Mai 2013, 19:06

Recuperadas treinta cartas que el intelectual ourensano remitió a Abelardo Moralejo
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/oc ... P37991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18983
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Trasalba acoge una 'Andaina Literaria' sobre Otero Pedrayo

Mensaxe por serba » 03 Out 2013, 15:12

La Fundación Otero Pedrayo organiza una "Andaina Literaria" por la zona de Trasalba que se realizará el sábado, día 5. El hilo conductor de la actividad serán textos extraídos de la obra del último patriarca de las letras gallegas que les permitirán a los asistentes comprobar la importancia de la aldea familiar del escritor en su obra literaria. Durante el recorrido, de aproximadamente hora y media, se leerán fragmentos de las principales novelas y ensayos de Ramón Otero Pedrayo. La actividad, gratuita para todos los participantes, estará coordinada por Patricia Arias Chachero, autora del libro Trasalba, terra literaria, Susana Reboreda Morillo, miembro de la Fundación Otero Pedrayo, y Susana González Rodríguez, guía de la Casa Museo. [...]
http://www.farodevigo.es/portada-ourens ... 88887.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18983
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

"Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976)"

Mensaxe por serba » 06 Dec 2014, 18:48

Ourense
La Editorial Galaxia ha publicado la obra Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976). El libro ha sido editado por la fundación que mantiene viva la memoria del intelectual ourensano y será presentado el próximo martes, día 9, en el Liceo (20.00 horas). [...]
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ou ... 6C4996.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18983
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Lembranza da derradeira lección de Otero Pedrayo en Santiago

Mensaxe por serba » 28 Feb 2015, 18:06

O Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela acollerá o próximo martes día 3 de marzo ás 12h o acto de lembranza A derradeira lección de Otero Pedrayo, na memoria do seu discurso de despedida como catedrático da USC, en marzo de 1958. Discurso solemne que o mestre converteu na primeira lección que se deu en galego na universidade despois da Guerra Civil.

http://galicia24horas.es/2015/02/lembra ... n-santiago
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18983
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Carlos Baliñas, premio Trasalba 2017

Mensaxe por serba » 27 Abr 2017, 17:55

La Fundación Otero Pedrayo acordó conceder el premio Trasalba 2017 al filósofo y maestro Carlos Baliñas, que nació en Quiereza (Cercedo) en 1930. El ganador, autor de artículos sobre el escritor ourensano, ya fue reconocido en el pasado con la Medalla Castelao en el 2000.

http://www.laregion.es/articulo/ourense ... 04077.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18983
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

'Otero Pedrayo, xeógrafo. Autor da primeira guía de Galicia'

Mensaxe por serba » 02 Out 2017, 10:12

Xoves, 05 de outubro de 2017
. 19.00 - Conferencia 'Otero Pedrayo, xeógrafo. Autor da primeira guía de Galicia' a cargo do profesor da USC Augusto Pérez Alberti

Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia. Santiago)

http://xornal.usc.es/xornal/cal_axendas ... calView=-1
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar