Aramburo

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

Aramburo

Mensaje por LAVANDAL »

Vou molestar algo máis, aínda que non sei se esta consulta lle acae ben a esta páxina.

Alguén sabe algo, ou coñece algún estudo sobre os apelidos bascos na zona de Cervo e Sargadelos, provenientes, segundo creo, dos traballadores que viñeron hai máis de douscentos anos poñer en marcha o alto forno de Sargadelos. Consérvanse algúns: Echebarría, Chabarría, Urrutia... Tamén é posible que se conserve algún inglés como Forester, galeguizado en Forés.

É posible que os ARAMBURU galegos proveñan de aí?. Aínda se conserva ese apelido na zona sen que se recorden as súas orixes, aínda que creo que está estendido por toda a provincia. Existiu un cura ilustrado, párroco de Budián, no Valadouro, pero é anterior á chegada de Ibáñez a Sargadelos.
O meu bisavó chamábase Fidel García-Labandal Aramburu, aínda que el escribíao Aramburo, e a súa familia materna era do lugar de Trasbar, no concello de Cervo; pero xa non recordaban antepasados bascos.

Un saúdo, e a ver se sabedes algo. Grazas
Última edición por LAVANDAL el 17 Ago 2007, 14:42, editado 2 veces en total.
Invitado

Re: Aramburo

Mensaje por Invitado »

LAVANDAL escribió:Vou molestar algo máis, aínda que non sei se esta consulta lle acae ben a esta páxina.

Alguén sabe algo ou coñece algún estudio sobre os apelidos bascos na zona de Cervo e Sargadelos, provenientes segundo creo, dos traballadores que viñeron hai máis de douscentos anos a poñer en marcha o alto forno de Sargadelos. Consérvanse algúns, Echebarría, Chabarría, Urrutia... Tamén é posible que se conserve algún inglés como Forester, galeguizado en Forés.

É posible que os ARAMBURU galegos proveñan de aí?. Aínda se conserva ese apelido na zona sen que se recorden as súas orixes, aínda que creo que está estendido por toda a provincia. Existiu un cura ilustrado, párroco de Budián, no Valadouro, pero é anterior á chegada de Ibáñez a Sargadelos.
O meu bisavó chamábase Fidel García-Labandal Aramburu, aínda que el escribíao Aramburo, e a súa familia materna era do lugar de Trasbar, no concello de Cervo; pero xa non recordaban antepasados bascos.

Un saúdo, e a ver se sabedes algo. Grazas
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

CARTOGRAFÍA

Mensaje por LAVANDAL »

Distribución do apelido ARAMBURO por concellos, ordenados segundo a porcentaxe calculada sobre a cantidade total de apelidos rexistrada en cada concello (Datos da Cartografía dos apelidos de Galiza do Instituto da Lingua Galega: http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp ):

Cervo: 3 (0'0297%)
Lourenzá: 1 (0'0184)
Burela: 2 (0'012)

Ribadeo: 1 (0'0055)
Chantada: 1 (0'0052)
Redondela: 1 (0'0017)
A Coruña: 5 (0'001)
Ourense: 2 (0'0009)
Ferrol: 1 (0'0006)
Pontevedra: 1 (0'0006)
Vigo: 1 (0'0002)

TOTAL GALIZA: 19 (0'0007%)



Do apelido ECHEBARRÍA:

Cervo: 1 (0'0099%)
Marín: 1 (0'002)
A Coruña: 1 (0'0002)


TOTAL GALIZA: 3 (0'0001%)



Do apelido URRUTIA:

Santiso: 4 (0'089%)
Xove: 3 (0'0421)
Melide: 4 (0'024)

Cedeira: 3 (0'0201)
Cervo: 2 (0'0198)
Catoira: 1 (0'0143)
Culleredo: 5 (0'0105)
Oleiros: 6 (0'0105)
A Illa de Arousa: 1 (0'0103)
Santiago: 18 (0'0098)
Ferrol: 15 (0'0095)
Teo: 2 (0'0063)
Sarria: 1 (0'0038)
A Coruña: 16 (0'0033)
Ourense: 6 (0'0028)
Cambre: 1 (0'0025)
Vigo: 13 (0'0022)
Cangas do Morrazo: 1 (0'002)

TOTAL GALIZA: 102 (0'0037%)



Do apelido FORÉS:

Ribadeo: 5 (0'0273%)
Foz: 3 (0'0157)
Brión: 2 (0'0153)

Arbo: 1 (0'0122)
O Porriño: 3 (0'0091)
Noia: 2 (0'0069)
Pontevedra: 10 (0'0064)
Oleiros: 1 (0'0018)
Ourense: 1 (0'0005)
Vigo: 2 (0'0003)

TOTAL GALIZA: 30 (0'0011%)
(A Cartografía non ten en conta os acentos)


Do apelido ARAMBURU:

Mondariz-Balneario: 2 (0'1459%)
Ribadeo: 14 (0'0764)
Mondoñedo: 4 (0'0407)

Nigrán: 7 (0'0209)
Caldas de Reis: 3 (0'0158)
Culleredo: 6 (0'0126)
Pontevedra: 17 (0'0109)
Chantada: 2 (0'0104)
Cervo: 1 (0'0099)
Sanxenxo: 3 (0'0092)
A Coruña: 43 (0'0089)
Cambre: 3 (0'0074)
Arteixo: 3 (0'0061)
Vilagarcía de Arousa: 3 (0'0044)
Ribeira: 2 (0'0038)
Noia: 1 (0'0034)
Poio: 1 (0'0034)
Lugo: 6 (0'0033)
Ferrol: 4 (0'0025)
Santiago: 3 (0'0016)
Ourense: 3 (0'0014)
Vigo: 7 (0'0012)

TOTAL GALIZA: 138 (0'0051%)
Fourplay
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 12 May 2008, 21:10

Mensaje por Fourplay »

Hola
...
Última edición por Fourplay el 26 Ene 2022, 21:55, editado 2 veces en total.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

ARAMBURO NA MARIÑA

Mensaje por LAVANDAL »

Grazas pola túa aportación e aclaracións, Fourplay. Aínda que continúa a incógnita sobre de onde proveñen os Aramburo/Aramburu da Mariña. Evidentemente son de procedencia antiga, como xa dixen, xa que xa había Aramburus no séc. XVIII.
Fourplay
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 12 May 2008, 21:10

Mensaje por Fourplay »

...
Última edición por Fourplay el 26 Ene 2022, 21:55, editado 1 vez en total.
forester
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 24 Jul 2008, 11:28

Sobre o apelido Forester

Mensaje por forester »

Boas. Aínda que remotamente, eu teño algo que ver co apelido Forester. Vivo en Santiago de Compostela des que vin a esta cidade para facer a carreira a comezos dos 90, mais nacín en Espiñeirido (Cervo). O meu avó materno chamábase Xosé Costa Forester, coñecido tamén co sobrenome de "Cotarelo". Se non me equivoco, a súa nai era Vitorina Forester Abad, filla lexítima e recoñecida de Edwin Forester, pois levaba o seu apelido, mais produto dunha unión extra matrimonial. Como se pode ver nas historiografías sobre as Antigas Cerámicas de Sargadelos, o señor Forester, xunto con outros obreiros ingleses, chegara das fábricas de Staffordshire (condado do centro de Inglaterra) para revitalizar a produción dos fornos cervenses a mediados do XIX.

Ao parecer, Forester gustaba de manter relacións pouco recomendábeis para a época a nivel social: en San Cibrao seica tivera outra filla, á que máis tarde lle daría estudos para facela mestra. Desta rama non sei nada. Quen posúe máis información é o meu tío Xesús Costa Rodil, fillo do Cotarelo, mestre e historiador sobre a república e a guerra civil no Barbanza. Ademais da información que se pode tirar das publicacións de Ediciós do Castro sobre Sargadelos, houbo nalgún momento recente persoas que traballaron en investigacións sobre este personaxe. En concreto, unha destas persoas comunicoulle á miña familia que en Inglaterra tiñamos unha herdanza dunhas trescentas e pico libras, o que deixara Forester ao morrer, pois marchara ao seu país enfermo para rematar os seus días. Segundo a miña avoa Ramona Rodil, Forester, de relixión protestante, non podía casar con ninguén aquí, mais como se pode ver, si tivo a intención de porfillar os froitos dos seus amoríos.

Do que recordo, nas comunicacións escritas que chegaban á miña casa cando eu era un pícaro, ao Cotarelo nunca lle puxeron "Forés". Mais a estrañeza que de seguro provocaba esta forma, daba lugar a variantes pouco estábeis. Por exemplo, os bancos teimaban en usar "Foresta" e outras que non lembro. Coido que no DI si aparecía a forma orixinal anglosaxoa.

Esta é toda a información da que dispoño neste momento sobre o citado apelido. Descoñezo agora outras ramificacións posíbeis, xa que na miña familia se perdeu a saga ao ser un apelido procedente de nai e non de pai. A última persoa que coñecín con el foi Xosé Costa Forester. Un saúdo. E desculpa que non saiba nada de Aramburu, isto só era unha achega ao comentario sobre Forés.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

MÁIS FORESTER

Mensaje por LAVANDAL »

Efectivamente, o de "Forés" foi unha confusión. Queda claro que o Forester xa se perdeu. Só queda a memoria e os nichos no pequeno cemiterio de Cervo.

A outra filla de Edwin Forester (se é que non tivo máis) era Dona Anita, María Josefa Ana Forester y Pita, que tiña escola privada de nenas en San Cibrao a finais do século XIX.

Pódense atopar documentos acerca desta escola e doutras do concello de Cervo no Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS): https://arquivo.usc.es:4443/ahus2/actio ... id=1033350

Supoño que habería máis estranxeiros que deixaron fillos polas terras de Sargadelos, pero seguramente Edwin foi o único que deixou o apelido.
forester
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 24 Jul 2008, 11:28

Vista a mensaxe sobre Forester

Mensaje por forester »

Boas. Agradezo esta información. Descoñecía a identidade da filla mestra de Forester e recoñezo que até agora non buscara nunca en arquivos. Como dis, no cemiterio de Cervo están quizais os derradeiros Forester. Os nichos de Xosé Costa Forester e familia, por exemplo, fican no corredor superior que está á dereita da entrada principal, xusto lindando co monte.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Mensaje por serba »

Hola:

Anterior a la Fábrica de Sargadelos ya se establecieran un número considerable de vascos, vizcaínos la mayor parte, en la antigua provincia de Mondoñedo, ahora de Lugo, y he encontrado tempranamente, desde las tres primeras décadas del 1500 en adelante, herreros establecidos en los cursos de los ríos Torto, Ouro, Eo, Masma, etc.
En muchas ocasiones aparecen propietarios hidalgos como fundadores, quizás en mayor número que los eclesiásticos. Hacían la inversión y otro personal se encargaba del funcionamiento.
Hacia la zona media del Eo hubo épocas de haber hasta 40 herreros funcionando en Vilaboa, simultáneamente, según algún antiguo inventario. En Vilaboa -A Pontenova- fueron grandes propietarios los Miranda familiares ambos de la casa de Vilaboa y la de Goios -Vilameá, A Pontenova- que extendían sus propiedades también en Conforto, hasta la zona de Ribeira de Piquín, era dicho linaje dueño también del antiguo Coto de Pena de Cabras, por lo que es de suponer cierta importancia herrera hacia la zona de San Xoán dos Vaos -antiguamente escrito con b-, con algún martinete en el Río Rodil, afluente del anterior.
Destacan también en otras ferrerías de la zona de Viveiro los Fernández de Cora, Maseda, etc.
Aunque no alcancemos ahora a imaginar lo que significaba ese oficio hay que tener en cuenta que era uno de los mejores remunerados, según los estudios realizados por el autor que cito al final. Estos vascos vinieron a expandir sus conocimientos y a establecerse en una zona poco explotada en la que encontraron trabajo, quedándose en muchas ocasiones a vivir, y están casi siempre relacionados con antiguas ferrerías, mazos y fraguas; llevando muchas veces el arriendo, siendo administradores, etc. Alguno de los apellidos que leerás después se mantuvo en el oficio durante tres generaciones seguidas, documentado uno de los casos.
Otros de apellidos vascos se quedaron en la zona: los Legazpi -Legaspi-, Lombardero, Durán. Belastegui ya documentado en 1537. Un siglo después Lizalde, vizcaíno. También el apellido Vidarte. En el 1700 Segastiberre... Alguno más de los que no he anotado fechas: Balderre, Celaya, Balderraín, Olavarría...
De aquella lejana etapa sigue conservándose los actuales 'Encuentros de ferreiros de A Pontenova'.

Sobre la antigua Ferrería de Pesqueiras, en Santa Cruz do Valadouro, la de Bravos, Silán, Viloalle, Lourenzá, etc. y ampliamente sobre el breve resumente que he comentado hay información detalladísima en el libro de D. Pegerto Saavedra: "La provincia de Mondoñedo, 1480-1830", reseña imprescindible para lo que buscas.

Releyendo algún apunte de ese libro, cita D. Pegerto a un Aramburu, en el año 1788. Se trata de D. JOSÉ ARAMBURU, que fue párroco de Bacoi [Sta. M.ª / Alfoz]. -p. 367-. Con el dato puedes buscar de dónde era procedente en el archivo de Mondoñedo.

PD: Aunque te pueda asustar el libro al principio, haz un esfuerzo, verás que es una joya. El estudio pormenorizado es por zonas, con lo cual encontrarás lo que te interesa.


Saludos
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

GRAZAS

Mensaje por LAVANDAL »

Grazas serba:

Coñezo ese libro, verdadeira biblia da antiga provincia de Mondoñedo, exhaustivo e interesantísimo, como tódolos de D. Pegerto.

José Aramburu é o cura ao que fago referencia na mensaxe inicial, a quen, erroneamente, converto en párroco de Budián. Aparece noutros libros que agora non quero mencionar de memoria.

Algún día terei que ir ao arquivo de Mondoñedo...


Grazas de novo e un saúdo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Mensaje por serba »

Hola:

Tienes la opción de llamar por teléfono al archivo diocesano, hay un personal estupendo siempre dispuesto a ayudar y orientarnos, supongo que habrá algún índice cronológico de párrocos. Si averiguaras su procedencia no olvides consultar la base de datos que hay en un enlace que había añadido ya hace tiempo en un mensaje del foro: 'Familiares en Euskadi'.

Saludos
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder