"O cemiterio dos Ingleses prepárase para unha mística noite en homenaxe ao Serpent"
[Ubaldo Cerqueiro]
Xa coñecemos a historia daquel 10 de novembro de fai 122 anos. [ http://antigo.quepasanacosta.com/content/view/3501/26 ] Noite tráxica na que tivo lugar o tráxico naufraxio do “Serpent”, barco acoirazado da mariña británica. Nel pereceron 172 tripulantes e tan só 3 sobreviviron. Unha noite na que a solidariedade dos habitantes de Camariñas fixo que se improvisase un cemiterio para as numerosas vítimas que nos días seguintes foron arroxadas a terra polo fero Atlántico, preto da praia de Trece. Desde entón este lugar é coñecido como “O cemiterio dos Ingleses”. http://antigo.quepasanacosta.com/recunc ... s-ingleses
Así se dá cada ano a Homenaxe ao naufraxio do Serpent, en memoria do afundimento dese barco acoirazado da mariña británica que un 10 de novembro de 1890 ás 22:30h afundía na Punta do Boi. Un episodio no que pereceron 172 tripulantes e tan só 3 sobreviviron, sendo as vítimas que enterradas no lugar.
Ubaldo Cerqueiro Localizan o outro Cemiterio dos Ingleses nos montes de Camelle
Ademais do mítico Cemiterio dos Ingleses, onde respousas os finados do Serpent, Camelle acolle outro espazo singular nos seus montes. Coñecíase que o naufraxio do vapor inglés City of Agra, tamén acontecido aquel tráxico 1897, acontecía tras chocar coa Pedra Negra, en Arou. Pero ata estes días non se sabía nada sobre o lugar do enterramento.
Hoxe, o investigador camariñán Rafael Lema, un dos nosos meirandes estudiosos da historia dos naufraxios da Costa da Morte, vén de facer público o achádego do Cemiterio do City of Agra. Cementerio de los naufragos del City of Agra nos montes de Camelle - Foto- Rafael Lemahttp://www.quepasanacosta.com/?p=32897
Ubaldo Cerqueiro A embaixada Británica felicita aos organizadores do acto de homenaxe ao Serpent
Hoxe, 10 de novembro, cúmprense 124 anos do naufraxio do Serpent en augas de Camariñas. Un evento que recorda a Costa da Morte dende o 2008, cunhas sentidas homenaxes, no mesmo Cemiterio dos Ingleses, ás 22:30h, hora do fatídico accidente. Hoxe, unha comitiva da Real Liga Naval Española na Costa da Morte comandada por Rafael Lema e José Manuel Pato González, co coro municipal de mulleres de Camariñas, tamén celebrará o evento, e baixo a noite escura, rendirá uns minutos aos 172 tripulantes británicos do HMS Serpent que pereceron trágicamente durante o naufragio na costa galega en 1890. http://www.quepasanacosta.com/?p=37532
O martes 10 de novembro, ás 21:30h, teremos unha Noite de Naufraxios no propio cemiterio.
Arrincará a sesión cos habituais discursos de Rafael Lema (Delegado na Costa da Morte da RLNE), Juan Campos (escritor de Náufragos de antaño e membro da RLNE), Xosé María Lema (Historiador do Seminario de Estudos Comarcais), José Manuel Pato (Delegado en Galicia da Real Liga Nalva Española), Paul Lemkes (Agregado de Defensa da Embaixada Británica), unha das novidades deste ano, e Manuel Valeriano Alonso de León (Alcalde do Concello de Camariñas). http://quepasanacosta.gal/o-cemiterio-d ... do-serpent