Mondoñedo acolle un congreso sobre Manuel Leiras Pulpeiro

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Mondoñedo acolle un congreso sobre Manuel Leiras Pulpeiro

Mensaje por serba »

Co gallo do centenario da morte do escritor Manuel Leiras Pulpeiro, o concello de Mondoñedo -berce do poeta- e a Deputación de Lugo, co apoio de varias asociacións locais, organizan os días 9,10 e 11 de novembro unhas xornadas arredor de Leiras Pulpeiro.

Ao longo destes tres días especialistas na obra de Leiras Pulpeiro achegaranse ata Mondoñedo para participar dun completo programa de actos onde se debullará a obra e a personalidade do poeta. Deste xeito, persoeiros como Xesús Alonso Montero, Anxo Tarrío, Antonio Reigosa, Armando Requeixo, Camiño Noia ou Xusto Beramendi entre moitos outros serán partícipes dunha xornadas onde os asistentes poderán asistir a conferencias, mesas redondas ou á presentación dos libros Vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro (Galaxia) e Poesías completas. Manuel Leiras Pulpeiro (AGLP). No transcurso destas xornadas farase entrega do I Concurso de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro e o último día das xornadas descubrirase unha placa conmemorativa na casa natal.

Para recibir máis información sobre as xornadas ou para apuntarse as mesmas poden dirixirse ao correo electrónico concellodemondonedo@yahoo.es

Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo 1854-1912) foi un escritor galego do Rexurdimento. De forte carácter, tivo problemas coa sé arcebispal de Mondoñedo por mor do seu anticlericalismo. Ese mesmo carácter levouno a rexeitar a súa incorporación á Real Academia Galega, a pesares de ser un continuado colaborador. Autor dun só libro Cantares Gallegos (1911), Leiras Pulpeiro canta a Mondoñedo e á Galicia, utilizando unha prosa de materia costumista e social, patriótica e sátira anticlerical, onde eleva á categoría de mito a figura do Mariscal Pardo de Cela. Dedicóuselle en 1983 o Día das Letras Galegas.

http://www.fervenzasliterarias.com/inde ... peiro.html



* (20/10/2012): "Mondoñedo programa unas jornadas por el centenario de la muerte de Leiras Pulpeiro"

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/am ... 852691.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Mondoñedo acolle un congreso sobre Manuel Leiras Pulpeiro

Mensaje por serba »

"Un foro con historiadores y literatos retrata a Leiras Pulpeiro en Mondoñedo"
La actividad, que organiza el Concello con colaboración de la Diputación, arrancará el viernes a las 11.30 horas con una ofrenda floral en el cementerio viejo. A las 12.00 se presentarán en el consistorio los libros ‘Vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro’, de Armando Requeixo, y ‘Poesías completas’, de Bernardo Penabade, y acto seguido se entregarán los premios del primer certamen de poesía Leiras Pulpeiro.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/208148.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Mondoñedo acolle un congreso sobre Manuel Leiras Pulpeiro

Mensaje por serba »

"Representantes da Deputación destacan o compromiso ideolóxico e o humanismo de Leiras Pulpeiro"
Durante os tres días que duran estas xornadas, estudosos e analistas como Xesús Alonso Montero, Xusto Beramendi González, Francisco Fernández Rei, Xe Freyre, Xosé Manuel González Reboredo, Antón Meilán García, María Camiño Noia Campos, Antón Reigosa, Ramón Reimunde, Dolores Sánchez Palomino ou Anxo Tarrío, entre outros, lembrarán a vida e obra do insigne escritor e presentaranse novas edicións da súa obra, que levaba preto de vinte anos fóra do mercado, o que dá idea da oportunidade da súa reedición.
http://www.cronica3.com/2012/11/a-deput ... acion-tic/
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Un republicano en Mondoñedo

Mensaje por serba »

Inicio do roteiro na Praza de San Xoán, en Mondoñedo. [Fotografía de Antonio López]

http://elprogreso.galiciae.com/arquivo/377734<<O segundo día das xornadas sobre Manuel Leiras Pulpeiro que se celebraron esta fin de semana na Casa da Xuventude de Mondoñedo centrouse en analizar a figura do médico e escritor mindoniense vinculada á súa cidade e ás súas ideoloxías políticas republicanas.

A conferencia inaugural correu a cargo do profesor de Historia Contemporánea, Xosé Ramón Veiga, que plasmou as dificultades que atravesaron os republicanos galegos, entre eles Leiras Pulpeiro, entre os anos 1875 e 1881, debido á alternancia no poder de conservadores e liberais.>>

http://elprogreso.galiciae.com/nova/209719.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Manuel Leiras Pulpeiro

Mensaje por serba »

Estupendo artículo histórico de Xosé María FERNÁNDEZ VILALBA.

"Homenaxe a Leiras Pulpeiro polos fillos de Mondoñedo en Bos Aires"
O 24 de Novembro de 1913 a xunta directiva do “Centro Galego” de Bos Aires, acepta “auspiciar el homenaje” organizado polos fillos de Mondoñedo na Arxentina

O 17 de Agosto de 1913, Fernando Lorenzo Rico, solicita permiso ó “Centro Galego” de Bos Aires, para celebrar o día 24 no local Social da Sociedade unha reunión. O día 18 o secretario concédelles o permiso.

O día 24 no local do Centro Galego, reúnense os señores Fernando Lorenzo, Pedro Insua, Valentín González, Agusto Insua, Francisco Flórez, Manuel Lagar, José Antonio Pena, Enrique Román, Victor Domenech, Francisco Otero, Juan García, Benjamín Pérez, Leonardo Amieiro, José Bugarín, José Leiras, Ramón Quesada, Ramón Pardiño, José Barcia, Vicente Guerreiro, Placido Rei e Severino González.
[...]
http://www.terraetempo.com/artigo.php?a ... &seccion=5
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

TVG: Entrevista sobre Manuel Leiras Pulpeiro

Mensaje por serba »

"Entrevista ao profesor e crítico literario Armando Requeixo, autor dunha biografía sobre Manuel Leiras Pulpeiro"

http://axendaaelg.blogaliza.org/2012/12 ... -pulpeiro/
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Manuel Leiras Pulpeiro

Mensaje por serba »

Requeixo: ''Leiras Pulpeiro fue un extraterreste del siglo XIX''
La revista oral O Pazo das Musas -presentada ayer en el Museo Provincial de Lugo- hace un homenaje en su número 31 a dos figuras singulares de las letras gallegas, Manuel Leiras Pulpeiro y Celso Emilio Ferreiro, ya que en este 2012 se cumplieron cien años de la muerte de uno y del nacimiento del otro. El profesor, crítico e investigador Armando Requeixo se encargó de hacer una «panorámica» por la vida y obra de ambos, destacando en primer lugar -como barriendo para casa- a Pulpeiro, «un hombre que fue un extraterrestre en el siglo XIX», afirmó.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/220 ... -siglo-xix


[- Enlace -sobre la citada revista-: viewtopic.php?f=6&t=7656 ]
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Vídeo -Vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro-

Mensaje por serba »

En TVG.
Vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro, de Armando Requeixo e Xurxo Martínez González
http://axendaaelg.blogaliza.org/2013/01 ... -gonzalez/
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

No II Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

Mensaje por serba »

O pasado sábado día 26 tivo lugar en Mondoñedo a xuntanza do xurado que había de proclamar os gañadores do II Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, convocado polo Concello de Mondoñedo e patrocinado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo. [...]

Destarte, acordou por unanimidade outorgar o 1º Premio a dona Carmen Pereiras Pérez (Cartelle, 1959), quen se fixo co galardón polo conxunto poético titulado De esmagar descalza, que presentou baixo o lema ‘A metralla dos reloxos’. O 2º Premio foi parar a mans de don Paulino Peña Álvarez (Vilardevós, 1960), quen o conseguiu con Nas dársenas do estío, achegado co lema ‘Os vagalumes perforan a noite’. Finalmente, o 3º Premio recalou en don Jacobo Llamas Martínez (Lugo, 1980), que asinou o texto Elexías perdidas co lema ‘Fame nas vértebras’.
http://armandorequeixo.blogaliza.org/20 ... -pulpeiro/
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Vinte poetas recitarán o 1 de maio en “Mondoñedo é poesía”

Mensaje por serba »

http://www.sermosgaliza.com/media/sermosgaliza/images/2012/12/26/201212261731033394.jpgVinte poetas recitarán o 1 de maio en “Mondoñedo é poesía”
O Grupo Literario Leiras Pulpeiro (GLLP) e a Asociación As San Lucas, responsable da organización das Feiras e Festas das Quendas 2014, preparan para o vindeiro 1 de maio un recital poético-musical denominado “Mondoñedo é poesía”.
Alicia Fernández, Carlos Negro, David Otero, Dores Tembrás, Henrique Rabuñal, Iolanda Aldrei, Isidro Novo, José Juan Ferrrero, Mª Xosé Lamas, Marica Campo, Mario Regueira, Baldomero Iglesias “Mero”, Olalla Cociña, Paco Rivas, Toño Núñez, Xabier Cordal, Xacobo Casal, Xaime Oroza e Xoán Xosé Abella recitarán no encontro “Mondoñedo é poesía” que contará tamén coa música de Miro Casabella e César Morán, que interpretará poemas de Manuel Leiras Pulpeiro.
http://www.sermosgaliza.com/articulo/cu ... 26236.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Vinte poetas recitarán o 1 de maio en “Mondoñedo é poesía”

Mensaje por serba »

Vinte poetas recitarán o 1 de maio en “Mondoñedo é poesía”
Antonio Reigosa explica a xornada “Mondoñedo é poesía”
Radiofusión: http://173.255.131.23/audio/300414REIGOSA.mp3
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Libro sobre Manuel Leiras Pulpeiro

Mensaje por serba »

O libro “Manuel Leiras Pulpeiro (1854 – 1912) O poeta e o cidadán ao cabo dun século” será presentado o sábado 8 de novembro a partir das 12.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Mondoñedo.
Este libro, que nace a raiz das xornadas celebradas en Mondoñedo sobre Leiras no 2012 conmemorando os 100 anos do seu pasamento, conta coa colaboración de Xe Freyre e Abel Vigo -como coordinadores-; pero tamén con Andrés García Doural, Xosé Manuel González Reboredo, Antón Meilán García, Isabel Morán Cabanas, Camiño Noia Campos, Antón Reigosa Carreiras, Ramón Reimunde Noreña, Armando Requeixo, Alicia Tella Villamarín e Xosé Ramón Veiga.
http://www.cronica3.com/2014/10/manuel- ... -mondonedo
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Leiras Pulpeiro, sempre na memoria

Mensaje por serba »

Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Mondoñedo acolle un congreso sobre Manuel Leiras Pulpeiro

Mensaje por serba »

Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Casas literarias: Manuel Leiras Pulpeiro

Mensaje por serba »

Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder