Estiven xogando co programa Inkscape para ver que tal podría manexarme cun programa vectorial de debuxo para poder acometer deseños heráldicos. Estou vendo, xa veremos
Pero como canda nos puxemos por primeira vez diante dun buscador ¿cantos de nós non puxemos o noso nome? Pois eu do mesmo xeito comezo cun deseño heráldico de Xenealoxía.org.
De prata, unha pranta de vivenda castrexa de azur
escudo_xenealoxia.png (31.84 KiB) Visto 11596 veces
O outro día falando con Dinuciña, vimos que o ter a mesma icona os foros que Xenealoxía.org, cando se tiñan varias pestanas abertas non se identicaba. Entón ás presas, xuntando o deseño de xenealoxía e a icona máis popular dos foros xurdeu o que podemos ver na cabeceira.
Hoxe cun pouco máis de tempo propoño este deseño coma imaxe oficial destes foros
De prata, unha pranta de vivenda castrexa de azur cargada de dúas mensaxes de sable
foros_escudo.png (28.55 KiB) Visto 11563 veces
Se alguén sabe ou pensa que se pode brasonar de mellor xeito, por favor
O mellor con muita diferencia é utilizar o Flash, de certo que na actualidade é o que adoito usar, de feito o serodio traballo para Lucensia fixeno con iste programa, primeiro dixeñei os mobels heráldicos para dispois facer un fichero na biblioteca, de feito algún teño hasta animado e con programación para activar as lendas. en breve tratarei de subir os deseños heráldicos da cidade de Lugo a iste foro cos blasóns debuxados e esmaltados de seus metáis é esmaltes.
Eu non teño flash, pero tamén son gráficos vectoriais, e nese senso penso que son o mellor para este tipo de traballos. Sigo o blog de Xavi García que me gusta como acomete os seus deseños. Se volvo a xogar e me poño con algo tamén quero amosar aquí para obter opinions
Exemplo heraldica de Lugo, capela de Nosa Señora do Carmo, (anterga de Nosa Señora do Camiño) presentacion casa de Soutomerille por herdanza da casa dos Oxea.
Eu non traballo con vectores, fixeno antano, agora traballo con recheos interlineais, coido que adoitan ter mellor proxección é facilitan un deseño mais artístico e de mais grande calidade, nembargantes como xa dixen tratarei de plasmar neste foro toda a heraldica urban de Lugo para que xulguedes.
me puedes dar mas informacion acerca del priorato benedictino de San Juan de Aios ? Estaba ubicado en el lugar de Aios, parroquia de Noalla ? Alguna relacion con la pequen~a ermita que aun existe en el lugar de Aios ?
Eu coñezo o Adobe Flash (non en profundidade) e para dibuxar emprega vectores ¿non?
Aínda sendo Adobe Flash unha magnífica ferramenta, eu elixín Inkscape por ser máis específico (só dibuxo) e software libre.
Os teus deseños miran ben, un pouco pequenos para apreciar, eso sí
A Mantiscave. Sí, ten relacion co-a pequena hermida existente, o que acontece é que na actualidade a sua fábrica esta muy desdibuxada, a-o engadirselle un recrecido no corpo da nave. O priorato de San Xoan, como se ve po-lo blasón perteñeceu a San Martiño Pinario de Santiago, tamen participe no porto de San Xinés de Padriñán.