Familia Cajide Abonjo

Procuras de familiares
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Familia Cajide Abonjo

Mensaje por Milleiro »

DO LIBRO DE VISITAS DE XENEALOXIA.ORG

Hola,

Levo muito tempo buscando as origens dos meus apelidos. 1º Cajide 2º Abonjo. Penso eu, que con o tempo sofreran transformacions, pois CAJIDE debe ser CAXIDE. Somos da comarca da DEZA. Espero que me poidan axudar. Graciñas
CH

Rosario, Porto (Portugal)
E-MAIL: charyabonjo@hotmail.com
nanoven

Abonjo e Cajide

Mensaje por nanoven »

Os apelidos Abonjo e Cajide consérvanse como tal (castelanizados) na Comarca de Deza. Abonjo é orixinario de Vila de Cruces e Cajide de Agolada.
Chary

Re: Abonjo e Cajide

Mensaje por Chary »

nanoven escribió:Os apelidos Abonjo e Cajide consérvanse como tal (castelanizados) na Comarca de Deza. Abonjo é orixinario de Vila de Cruces e Cajide de Agolada.
Gostaria de saber quem é nanoven, pois os meus apelidos son eses
Avatar de Usuario
Buxan
Mozo
Mozo
Mensajes: 44
Registrado: 26 Jul 2004, 09:00
Ubicación: Lalín

Orixe dezá de Caxide e Abonxo

Mensaje por Buxan »

Na comarca de Deza (provincia de Pontevedra) abundan estes dous apelidos, que, desde logo, teñen por orixe un topónimo.
Os Caxide parecen proceder do lugar homónimo en San Xoán de Larazo (concello de Vila de Cruces), onde xa figuran no século XVI, espallándose polas freguesías próximas: Cumeiro, Sabrexo, Besexos, ... Foron donos de varias casas fidalgas, destacando a torre de Sabrexo, tamén en Vila de Cruces, con importantes persoeiros na súa xenealoxía.
O apelido Abonxo provén do lugar homónimo na parroquia lalinense de Santo André de Val do Carrio. Un dos primeiros que se cita na documentación é un Gonzalo de Abonxo, el Viejo, do que naceron varios fillos, entre eles outro Gonzalo de Abonxo que vivía polo 1579.
Responder