O A Fondo recupera a memoria de Ramón de Valenzuela

Historia de personaxes
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O A Fondo recupera a memoria de Ramón de Valenzuela

Mensaje por serba »

B.P.
Valenzuela foi o primeiro autor galego en escribir sobre a experiencia da represión, e a súa loita, nacionalista e de esquerda, levouno ao cárcere e o exilio. Dedicámoslle o número 87 do caderno A Fondo.http://www.sermosgaliza.gal/media/sermosgaliza/images/2014/11/12/2014111219195848069.png
O A Fondo desta semana recupera a memoria de Ramón de Valenzuela, escritor, galeguista e un dos grandes esquecidos do país. Este 2014, no que se lle decidiu dedicar o Día das Letras a Filgueira Valverde, medrado ao calor do réxime franquista, fanse tamén cen anos do nacemento deste intelectual que loitou en dúas guerras, viviu o exilio e militou nas filas do Partido Galeguista, primeiro, e logo do comunismo. O recoñecemento á figura de Valenzuela, alén o seu concello natal, Silleda, é materia aínda pendente, tal e como recoñece Matias Rodríguez da Torre, coordenador deste A Fondo.
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/co ... 32246.html
- Enlace:
viewtopic.php?f=6&t=10851#p33386
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

De Valenzuela, lectura obrigada

Mensaje por serba »

Salomé Soutelo | Silleda
A Casa de Cultura de Silleda acolle un debate sobre o seu papel literario e político
O acto de onte en homenaxe a Ramón de Valenzuela non é o primeiro tributo, nin será o último, ó literato e político que naceu na Bandeira fai 100 anos. A publicación dun suplemento cultural xuntou en Silleda a expertos da súa obra literaria e do seu labor como defensor do idioma e da identidade galega.
http://www.farodevigo.es/portada-deza-t ... 32454.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ramón de Valenzuela

Mensaje por serba »

La asociación de vecinos de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, ha puesto en marcha un acto de homenaje al polifacético Ramón de Valenzuela, un recordatorio de su figura que coincide con el centenario de su nacimiento. La cita está prevista para mañana a las 19,00 horas en el centro sociocultural de Vilaxoán y está previsto que intervengan personajes de la categoría de Daniel Pino, Xosé Luis Axeitos, Luis Cochón y el escritor Xosé Luis Méndez Ferrín. Todos ellos fueron grandes amigos de Ramón de Valenzuela.
Natural de Silleda aunque relacionado con Vilagarcía y Vilaxoán por parentesco, Valenzuela fue uno de los participantes en el mitin por el Estatuto de Autonomía celebrado en el antiguo cine en 1936, junto al rianxeiro Daniel Alfonso Rodríguez Castelao.
http://www.farodevigo.es/portada-arousa ... 39326.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Xunta de Galicia: homenaxe a Ramón de Valenzuela

Mensaje por serba »

Silleda (Pontevedra), 18 de decembro de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria rendeulle homenaxe este serán, no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, en Silleda (Pontevedra), ao escritor, activista cultural e galeguista Ramón de Valenzuela no centenario do seu nacemento.
Activista en Galicia e no exilio
Ramón de Valenzuela Otero (Silleda, 1914 – Sanxenxo, 1980), escritor e activista político e cultural, tivo unha vida case novelesca marcada pola guerra e polo exilio.
Durante a segunda república colaborou co Seminario de Estudos Galegos, militou nas Mocidades Galeguistas e foi conselleiro do Partido Galeguista na comarca do Deza. Como militante deste partido, participou activamente na campaña a prol dun estatuto de autonomía para Galicia. Durante a guerra, e tras probar o cárcere, logrou pasar á zona republicana e, ao finalizar a contenda, estivo recluído no campo de concentración de Argèles, en Francia, país onde permaneceu tras a súa posta en liberdade para loitar contra o fascismo. Ocupada Francia polos alemáns, Valenzuela foi detido e deportado a España, onde foi encarcerado ata o ano 1944. En 1949, xa casado e con fillos, marchou a Bos Aires e, dende a capital Arxentina, entregouse a un incesante labor político-cultural a carón doutros exiliados, como Castelao –de quen foi o derradeiro secretario- ou Luís Seoane. Regresou a España en 1966 e, coa chegada da democracia, presentouse ás eleccións xerais de 1979 polo PCG.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... -nacemento
Poblada soledad es hoy el mundo.
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 677
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: O A Fondo recupera a memoria de Ramón de Valenzuela

Mensaje por Breo-jan »

Outro descendente de Gil de Valenzuela,de Baena,en Córdoba,fillo de outro Gil de Valenzuela e Isabel de Valera,que veu á Galiza co conde de Altamira e casou 1ª vez con Dona María Álvarez de Sivil,señora de Piñeiro e o pazo de Carricobas e filla de Nuno Álvarez de Sivil e Catalina de Mena.Do fillo deles,herdeiro de Piñeiro,que usou o nome e apelidos do seu avó materno veu D.Ramón de Valenzuela.Do 2º matrimonio de Gil de Valenzuela con María de Gema viñeron entre outros os Fociños de Valenzuela,dos que tamén saíron os Valenzuela de Mourentán e outras parroquias do Condado e a Paradanta,dos que tamén viña Manuel Soutullo Valenzuela,pai de Reveriano Soutullo.Do 1º matrimonio a través dunha filla,tamén viñeron entre outros os marqueses de Santa Cruz de Ribadulla e unha señora consorte de Petán,e a traves desta,os señores de Petán sucesivos,e os Calvo-Sotelo,por poñer algúns exemplos.
Avatar de Usuario
Edmundo
Mozo
Mozo
Mensajes: 34
Registrado: 11 Jun 2004, 09:00
Contactar:

Re: O A Fondo recupera a memoria de Ramón de Valenzuela

Mensaje por Edmundo »

Puede ser que Gil de Valenzuela tuviera una hija llamada que se llamaba Maria Luisa que caso con Diego de Villamizar y Noboa capitan de nobles en Santiago alrededor de 1600.
Alguna idea?
Gracias!
 
Manduas
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 31 Ene 2017, 21:30

Re: O A Fondo recupera a memoria de Ramón de Valenzuela

Mensaje por Manduas »

Bo día,
son descendente dos Valenzuela da parroquia de San Tirso de Manduas e mais dos Fociños de Valenzuela, da parroquia de San Pedro de Añobre. Conseguín reconstruir a miña xenealoxía por unha parte ata José Valenzuela Villamarín Álvarez de Sevil, señor da casa e torre de Alón e do Coto de Piñeiro, casado con Isabel María Bermúdez, pais que foron de José Valenzuela Villamarín e Bermúdez, a través de quen os Valenzuela entraron en posesión da Casa da Viña, de Manduas, ao casar este coa herdeira do pazo, María Taboada e Calvo de Ulloa.
Pero ata a data actual non conseguín identificar as orixes de José Valenzuela Villamarín Álvarez de Sevil nin da súa muller.
Por outra ponla familiar, descendo dos Fociños de Valenzuela, á súa vez entroncados cos anteriores. Concretamente, ese entronque ten lugar cando o capitán Marcos López Fociños (ou Fuciños), de San Pedro de Añobre (fillo de Pedro Fuciños e Magdalena Gundín) casa con Catalina de Valenzuela; fillo destes é o capitán Pedro Fociños de Valenzuela, quen casa con outra muller desta familia, Juana de Valenzuela, filla de Gil de Valenzuela e de Catalina Ponte de Andrade e Figueroa.
Tampouco neste caso conseguín ir máis atrás na liña de ancestros.
Polo tanto, agradecería calquela información dispoñible sobre estas familias, e por suposto sobre Gil de Valenzuela, a súa ascendencia e descendencia.
Moitas grazas por anticipado.
Responder