Salgado (Cesantes-Redondela)

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Alonso
Mozo
Mozo
Mensajes: 12
Registrado: 01 May 2004, 09:00
Contactar:

Salgado (Cesantes-Redondela)

Mensaje por Alonso »

Dos Salgados de Cesantes tiña eu partidas que copiara mais as perdín...Mais lembro que un Salgado casara cunha filla do familiar da Inquisición Gabriel Lorenzo de Beiro e de Dª.Ana de Ortega Lanzós,filla de Juan de Ortega Lanzós e de Clara Martínez,de quen era irmán un que foi gobernador de Marín cuios datos e nome e o da súa muller gardo no meu arquivo. Logo asemella que houbo un enlazo cos Bouzón mais non lembro ben se casara un Bouzón cunha filla do Salgado e a filla de Gabriel e Dª.Ana ou un fillo daqueles e unha Bouzoa,coido que foi do 1º dos xeitos. Eu veño dos Ortega Lanzós por ser decaneto de Antonia de Ortega Lanzós e de Martín Prego de Montaos,pais de D.Nuño,baptizado en Vilavella o 30-1-1649.
Avatar de Usuario
Alonso
Mozo
Mozo
Mensajes: 12
Registrado: 01 May 2004, 09:00
Contactar:

A..ESQUECÍAME...

Mensaje por Alonso »

O familiar Gabriel Lorenzo de Beiro casara con Dª.Ana por 1674.....os fillos do Salgado e da filla deles foran bautizados en finais dese século e principios do seguinte.O teu antepasado apelidado Salgado que fora rexidor de Redondela non sei se sería un dos fillos deles.
Avatar de Usuario
Alonso
Mozo
Mozo
Mensajes: 12
Registrado: 01 May 2004, 09:00
Contactar:

E en canto aos Reilinger..

Mensaje por Alonso »

Podes atopar algunha cousa nos libros de Casados de Forzáns,bispado de Tui(1755-1710)
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Sobre os Salgado de Cesantes

Mensaje por Milleiro »

Ola Breo,

Graciñas pola resposta. Teño duas liñas abertas cos Salgado de Cesantes (Redondela):

1. Francisco Salgado, n. finais do XVII, casado con Maria Míguez. Tiveron un fillo chamado Juan Francisco, que son devanceiros do notário Juan Climaco Seoane Salgado.

2. Dona Margarida Salgado, n. comezos do XVIII, casada con Pedro Bouzón.

Supoño que esta última é a que te refires ti. Ainda non consultei os libros de Cesantes, máis supoño que a parte dos libros de Forzáns atoparei algunha cousa máis nos libros de Cesantes, nonsi?

Non coñeces de nenguén que teña estudado a xenealoxia dos Salgado de Cesantes ou se existe algunha publicación encol disto?

Unha aperta

Xavier
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

OS SALGADOS DE CESANTES-REDONDELA

Até de agora o documento máis antigo que teño sobre persoas co apelido Salgado na freguesia de Cesantes remontase a 1674, onde se menciona a Xoán Salgado coa sua muller Inés de Avalle.

Ollando o libro "Cambados y el valle de salnés. La Heráldica de sus pazos y casas solariegas" na páxina 304 e no referente ao Pazo da Moroza (Paradela-Meis) faise referencia a un Xoán Salgado Piñeiro, casado cunha Inés de Avalle e Acuña (filla de Gonzalo de Avalle e Acuña e de Maria Henríquez). Conta que istos Salgado tiveron a sua orixe na Casa de Borraxeiros (San Cristobo de Borraxeiros-Agolada) no que en 1584 funda Maiorazgo Antonio Salgado Gundín, sendo o seu primeiro sucesor Xoán Salgado Gundín (fillo natural de Susana Salgado e Basco Gómez Piñeiro). Xoán casou con Violante Baamonde, tendo por fillo ao devandito Xoan Salgado Piñeiro.

Xoan Salgado Piñeiro e Inés de Avalle tiveron como fillo a:
- Gonzalo Salgado e Acuña, que casou con Leonor de Armada:
1.1. Tomás Xosé Salgado e Armada
1.2. Xoán Antonio Salgado e Armada
1.3. Nicolau Antonio Salgado e Armada
1.4. Isabel María Salgado e Armada
1.5, .6 e .7 Catalina, Leonor Ventura e Tareixa

2. Xaquin Salgado Henriquez, fillo de Xoan Antonio Salgado e Armada, que casou con Manuela Xosefa Henriquez. Casou con Bieita Isabel Henríquez.

3. Xoán Manuel Salgado Henríquez, coengo en Tui e II Conde de Borraxeiros.

4. Xoán Francisco Salgado, fillo natural de Xoán Manuel, Capitán de Granadeiros do Reximento Provincial de Ourense.

5. Mª Dores Salgado, que casou con Santiago Pimentel.

As pedras armeiras que figuran no Pazo da Moroza é: En sinople, unha torre almenada de prata, coa lenda: SALGA POR DO SALIERE, bordura cunha cadea pechada cun candado en punta, do mesmo metal.

Gostaría saber si Xoan Salgado e Inés de Avalle tiveron algún fillo mais, a parte deste Gonzalo Salgado Acuña, que os relacione cos Salgado de Cesantes.
Avatar de Usuario
JoseDocampo
Editor
Editor
Mensajes: 437
Registrado: 16 Nov 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaje por JoseDocampo »

Hola:

Estimado Xabier os teus Salgados de Cesantes son xente humilde

procedente das capas máis pobres da parroquia como a ti che gusta asi

que non busques ligazóns coa fidalguia xa que estas a perder o tempo

Un saudo
Responder