Los efectos de las guerras Carlistas en Galicia

Feitos do noso pasado común
Responder
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Los efectos de las guerras Carlistas en Galicia

Mensaje por kruzul »

Mark escribeu:

Estimados Amigos,

Hay una memoria familiar oscura que mi tatarabuelo José Vazquez llegó a los Estados Unidos de Galicia en una nave de ballenero que su padre dio a él para huir el país. De hecho, se recuerda que había dos hijos--mi tatarabuelo José y un hermano--y a cada uno se dio una nave. Esto pasó durante la tercera década del decimonono siglo. Mi abuelo dijo una vez que su abuelo--mi tatarabuelo--huyó España debido a una guerra, pero él no supo más detalles. He investigado un poco, y he descubierto que la única guerra en España durante la tercera década del siglo 19 era la guerra entre los Carlistas y el resto de España que apoyó la sucesión de la hija de Fernando VII. La única cosa que puedo imaginar es que los dos hermanos Vazquez tenían que huir Galicia porque sus opiniones políticas no estaban en acuerdo con aquéllas de las personas alrededor de ellos. He aprendido que la mayoría de las personas en Galicia no favoreció el Carlismo en general. Sólo la hidalguia rural, la aristocracia de segundo orden, y el clero. Si el padre de mi tatarabuelo tuviera naves, probablemente era una persona de alguna propiedad y medios (¿hidalguia rural?) y por consiguiente podría haber apoyado a los Carlistas. Mi preocupación principal es la genealogía. Me gustaría saber cómo y por qué mi antepasado salió España, y de qué pueblo y parroquia de Galicia era. Aprender algo sobre la historia es una manera de hacer esto. ¿Sabe cualquiera algo sobre los efectos del Carlismo en sus partidarios en Galicia? ¿Conoce cualquiera un libro por J.R. Barreiro Fernandez, "El Carlismo en Galicia?" ¡Muchas gracias por leer esto y por favor perdona mi español imperfecto!

Atentamente,

--Mark

Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 128
Registrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

los efectos de las guerras Carlistas en Galicia

Mensaje por lumebóo »

Ola Mark:
Acerca do século XIX na Galiza coido que hai bibliografía abondo; entre ela o libro que ti mencionas de Xosé Ramón Barreiro Fernández El carlismo gallego, da editorial Pico Sacro, 1976 e con ISBN 84-85170-10-5.
De calquera forma, se o teu interese está en clarexar as circunstancias da emigración do teu bisabó, ou moito me equivoco, ou dubido de que vaias atopar respostas nos libros.
Había ser moito máis prático que proporcionases datos máis concretos (apelidos, lugar aproximado de orixe...) e ver de se alguén aquí puidera averiguar algo.
Sorte.
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

los efectos de las guerras Carlistas en Galicia

Mensaje por lamigueiro »

Mark iste e un artigo relacionado ca pesca da balea en Galiza, nel aparecen o principais portos onde practicábase. Sorte

......Xa desde o séc.XIII pescábanse baleas nas costas galegas. O traballo facíase lanzando dende unha pequena embarcación un arpón. O Burgo, Caión, Malpica, Camelle, Cee e Fisterra son portos ós que, dous ou tres séculos atrás, chegaban os corpos dos cetáceos para seren aproveitados.
Parece que a violencia do mar da Costa da Morte conviña ós xigantescos peixes. O Licenciado Molina na súa Descripción del Reyno de Galicia, escrita sobre o ano 1550, faise eco, referíndose ó porto de Caión, da virulencia do porto bergantiñán e da súa abundancia en baleas, e relata que os enormes mamíferos acercábanse a estas costas debido á bravura do mar e a que <son portos altos que é comunmente onde acoden as baleas>. Comenta tamén o ilustre andaluz na súa Descripción a rentabilidade aceiteira desta industria e pronúnciase sobre o tempo preferente das capturas, que tiñan lugar principalmente nos meses de xaneiro e febreiro, <que é cando nestes portos están esperándoas>.
Nos meses fríos do ano fixa igualmente o cardeal Jerónimo del Hoyo a tempada baleeira de Bergantiños. <Esta vila -refírese tamén a Caión- é un porto de mar en que se pescan cada ano baleas desde Todos Santos ata Carnestolendas, que é o tempo da pesca delas>. Nesta poboación conservábase, segundo Carré Aldao, ósos xigantes destes animais, que servían de pousadoiros e asentos nos que acougaban os vellos mariñeiros.

En Malpica estivo igualmente o observador Jerónimo del Hoyo, quen nos primeiros anos de 1600 di : <Esta vila é o porto de mar onde se pescan máis baleas de todo-los demáis de Galicia. Péscanse cada ano sete ou oito baleas, dúas máis ou menos, arrendan os viscainos, que son os que as pescan ; ó arzebispo páganlle cada ano sete mil maravedís e estes son renta fixa>. Cos sete mil maravedís que cumpría pagarlle ó arcebispado, é de destaca-la presencia de pescadores bascos.

Volvendo á vila de Malpica, sen dúbida o centro baleeiro máis importante da zona, é de destaca-la aparición de grandes ósos de balea con ocasión do derrumbamento dalgunha casa antiga. Tamén, e segundo a Sociedade Galega de Historia Natural, ósos alargados do devandito cetáceo sirven ou serviron ata hai pouco como traves de tellado dun muíño das proximidades. Outro detalle que vencella a Malpica coa caza de baleas está na illa Malante das Sisargas, cuia parte máis alta, chamada O Pico do Atalaieiro, fálanos da presencia no lugar dun ou varios atalaieiros, que eran os vixiantes encargados do seguimento dos grandes cetáceos.

A REGUEIFA, Revista Cultural de Bergantiños
Ano 1.988, número 4

Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
MarcosByC
Novo
Novo
Mensajes: 6
Registrado: 01 May 2002, 09:00
Ubicación: Avellaneda, Pcia. Buenos Aires.
Contactar:

los efectos de las guerras Carlistas en Galicia

Mensaje por MarcosByC »

Páginas sobre Carlismo,

http://personal4.iddeo.es/ctc/
http://pagina-web.de/carlismo/
http://www.angelfire.com/pq/carlismo/Indicec.htm

En la primera hay dos foros, donde tal vez algún forista pueda aportar datos a Mark.
Marcos Luis Blanco y Centurión
Avatar de Usuario
seixo
Novo
Novo
Mensajes: 7
Registrado: 09 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Ourense
Contactar:

los efectos de las guerras Carlistas en Galicia

Mensaje por seixo »

Mark:teño o libro "El Carlismo Gallego" de J.R.Barreiro Fernandez,por si quixeras consultar algun aspecto en concreto.
Si tés datos do teu devanceiro,intentaría axudarte <IMG SRC="images/forum/icons/icon_cool.gif">
 
chovio
Novo
Novo
Mensajes: 6
Registrado: 18 Ene 2017, 11:25

Re: los efectos de las guerras Carlistas en Galicia

Mensaje por chovio »

seixo escribió: 23 May 2002, 17:54 Mark:teño o libro "El Carlismo Gallego" de J.R.Barreiro Fernandez,por si quixeras consultar algun aspecto en concreto.
Si tés datos do teu devanceiro,intentaría axudarte <IMG SRC="images/forum/icons/icon_cool.gif">
Boas seixo,

tamén diríxome a calquera que poida ter o libro.

Estou na procura dunha sublevación que houbo na provincia de A Coruña, en concreto na zona de Bergantiños durante a primeira Guerra Carlista.

A información saqueina do Eco del Comercio 17/02/1839 N. 1753, páxina 2.

Trata dun consello de guerra en Santiago (17/01/1839), no que están implicados un trastaravó meu (Baltasar Salgado y Díaz, comandante de nacionales de La Baña - en Negreira, no confundir con León) e mailo seu irmán (Miguel, cura párroco de Entrecruces). Posiblemente outro irmán máis (Domingo), que non podo confirmar sen documentos.

O primeiro foi condenado a 1 ano no Castelo do Castro en Vigo, o segundo a fusilar, mais ao final foi indultado.

Saúdos.
Responder